Galicia Hoxe
El Correo Gallego
Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Domingo 07.02.2010
Portada

DOS 120 TRABALLADORES PASARON AOS 707 ACTUAIS

TVG: 25 anos de "dignidade"

 (Arquivo de Galicia Hoxe) 07.02.2010 Na TVG naceu Fidel Fernán-Vello, Pepe Domingo Castaño, Manolo Rivas, Eva Veiga, Maite Cabezas, Mon Santiso, Manuel Pampín, Antón Reixa, Xosé Ramón Gayoso, Antón Galocha, Teresa Castelo...

ENTREVISTA A MANOLITO, LÍDER DE NIÑO Y PISTOLA

"Arthur & The Writers homenaxea os alter egos"

Niño y Pistola, rebautizados como Arthur & The Writers, en plan bucólico. Manolito é o segundo pola dereita (G.H.) 07.02.2010 Os do Val Miñor transfórmanse nunha banda de Iowa no seu terceiro disco e xogan a ser outros, como fixeron os Beatles no ‘Sargent Pepper’s’. Sen abandonar o seu pop solleiro, saen agora de xira agardando facerse cada día máis coñecidos, “pero o principal é pasalo ben, sen pretensións de ningún tipo”, acláranos Manolito-Peter J, Manuel nesta aventura

DOCUMENTAL

"Tiñan que terse exhumado todas as fosas hai tempo"

 Imaxe da rodaxe de Memorias rotas que recolle testemuñas sobre o Batallón Galicia (Xamalú Filmes) 07.02.2010 Manane Rodríguez acaba de estrear na Coruña ‘Memorias Rotas’, no que recupera a historia do Batallón Galicia e do comandante Moreno, fusilado polos fascistas no 1937. “Non hai que esquecer que estes homes defendían a legalidade, non pode ser que o discurso dos que a transgrediron siga dominando”, di a directora

‘POESÍA GALEGA COMPLETA’

Toda a obra poética de Cabanillas nun volume

07.02.2010 A editorial Xerais de Galicia, na súa colección Clásicos, saca do prelo a poesía completa do creador de Cambados, nunha edición realizada baixo a dirección Xosé María Dobarro e Xosé Ramón Pena; trátase dunha fermosa noticia editorial téndomos en conta que a finais do ano pasado 2009 se cumpriu medio século da morte do Poeta da Raza

NO MUSEO PROVINCIAL DE PONTEVEDRA, ATA O 21 DE FEBREIRO

A obra de Marín, pioneiro entre os reporteiros gráficos

Un motorista no circuÍto de Galapagar. 1917 (Luis Ramón Marín) 07.02.2010 Máis de cen imaxes forman parte da mostra que acolle a cidade do Lérez e que pertencen a un arquivo composto por case 18.000 negativos. Trátase dun resumo dos traballos realizados polo madrileño Luis Ramón Marín, un nome esencial nos inicios do fotoxornalismo en España, na primeira metade do século XX

DANIEL LUNA ALCÁNTARA, COORDINADOR DO FNLS EN CHIAPAS

"Temo que o Estado mexicano me faga desaparecer"

07.02.2010 O Frente Nacional de Lucha por el Socialismo (FNLS) denuncia a “fustrigación sistemática” cara aos seus integrantes en Chiapas, comprometidos “contra o saqueo mineiro”. Foron obxecto dunha campaña mediática que os vincula “falazmente” con grupos armados e delincuencia organizada e temen o encarceramento, a tortura e o asasinato como lles aconteceu xa a polo menos seis membros do movemento.

O TESOURO DE GRAN BRETAÑA

Bath, o balneario inglés

A fermosa ponte Pulteney, situada xunto á Victoria Art Gallery, foi deseñada no 1774 para cruzar o río Avon (Turismo de Bath) 07.02.2010 A cidade xeorxiana máis fascinante de Gran Bretaña suma cerca de cinco mil edificios rexistrados polo seu valor arquitectónico

PRENDAS PARA TEMPOS DE CRISE

Estilos 'vintage' para inspirar a moda actual

Estilo ‘vintage’ que volven estar de plena actualidade grazas á reactualización dos modistas máis recoñecidos (Axencias) 07.02.2010 Os deseñadores volven a mirada atrás, actualizando os mellores estilos. Volven as estruturas e siluetas austeras dos anos corenta, o romanticismo dos cincuenta, a xastrería futurista dos oitenta e a superposición de capas descoordinadas dos noventa

Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade