| ||||||||||||||
Recomenda "coidar a decoración das casas" e "evitar o abuso da iluminación para aforrar enerxía". Así mesmo, propón "receitas ecolóxicas e relatos tradicionais" para "coidar os recursos alimentaros e recuperar certos aspectos da gastronomía e a cultura nacional". Así o explicou onte en Santiago de Compostela a presidenta do CXG, María Dolores Rodríguez Amoroso, no transcurso da presentación da publicación, da que indicou que "ofrece información para vivir un Nadal integramente en galego" e con tradicións "que se están a perder ou son descoñecidas para a poboación xuvenil". Neste punto, destacou a importancia de recuperar receitas típicas galegas ou as panxoliñas de Nadal que os nosos avós e avoas recitaban de nenos. Así mesmo, a guía proporciona suxestións para agasallar literatura, música ou novas tecnoloxías en galego. Doutra banda, polo que respecta ao factor verde da publicación, "facilítanse consellos para que a celebración destas festas sexa máis ecolóxica e respectuosa co medio, cos animais e coas plantas, para que a pegada ecolóxica sexa menor". Estas propostas refírense á decoración das casas, á iluminación e acondicionamento, ácompra dos alimentos, ós agasallos e, finalmente, ós refugallos. Nesta liña, "ofrécense receitas verdes e ideas sobre agasallos alternativos, ecolóxicos e solidarios", apuntou. Únense así as dúas claves da proposta: a conciencia ecolóxica e o carácter de país. A colaboración de GH, un xornal "galego e verde" Durante o acto de onte, celebrado no Club Internacional de Prensa (CIP) de Santiago, Rodríguez Amoroso quixo destacar especialmente a "sensibilidade" do Galicia Hoxe, un xornal "galego e verde" á hora de apoiar a iniciativa. Precisamente, os lectores do GH recibirán unha copia gratuíta da guía mañá, domingo, coa compra do xornal. Así mesmo, quixo agradecer o traballo dos quen se encargaron da súa elaboración: o Servizo de Normalización Lingüística e a Área de Medio Ambiente do CXG e o apoio de entidades colaboradoras como a Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Dirección Xeral de Desenvolvemento Sostible da consellería de Medio Ambiente. Doutra banda, Rodríguez Amoroso destacou o valor dos deseños da guía, todos eles asinados polo ilustrador Juan Jesús Sánchez. AS CLAVESDispoñible na web desde o luns Ademais do repartimento de exemplares en papel, o Consello da Xuventude persegue o obxectivo da súa difusión a través da rede. Desta forma, a partir deste mesmo luns os contidos da guía estarán dispoñibles na páxina web do Consello www.cxg.org, xunto coa opción de descarga de postais animadas desta campaña. Contos autóctonos O Consello agradeceu a desinteresada contribución nos contos de nadal por parte de Anxos Sumai, Francisco Castro, Santiago Jaureguízar, Tamara Canosa, Victoria Rozados, Fina Casalderrey e Miguel Vila. Así mesmo, a iniciativa do CXG conta coa colaboración da libraría Couceiro de Santiago de Compostela. Os cantares: "O Braisiño" Coma Jesusiño/que está no portal/inda non vin outro que /lle fose igual. E durmindo estaba/cando veu meu pai,/e colleume a orella/levántate Brais. A Belén correndo/todo o mundo vai/díxome anda pronto/mira a ver que hai (...) AS FRASESM. Dolores R. Amoroso "A guía ofrece información para vivir un Nadal integramente en galego e con tradicións que se están perdendo ou son descoñecidas para a nosa xuventude" "Facilítanse consellos para que a celebración destas festas sexa máis ecolóxica e respectuosa co medio, cos animais e coas plantas, para que a pegada ecolóxica sexa menor" comentariosEscribe tu comentariowww.elcorregallego.es no se hace responsable de las opiniones de los lectores |
||||||||||||||
|
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade © 2010 www.galicia-hoxe.com
Tódolos dereitos reservados. Prohibida a reproducción total ou parcial do contido sen a expresa autorización do propietario. |
||||||||||||||