Galicia Hoxe
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
 
Google
Portada  |   Portada en PDF  |   Hemeroteca  |   RSS  RSS Martes 05.12.2006  |  Actualizado 00.00
Maré 
atrás Añadir a Yahoo la noticia Mulleres na lusofonía, terceira entrega en CD de Cantos na maré

Añadir a Del.icio.us la noticia Mulleres na lusofonía, terceira entrega en CD de Cantos na maré

Añadir a Menéame la noticia Mulleres na lusofonía, terceira entrega en CD de Cantos na maré

Chuza esta noticia imprimir recomendar Aumentar texto Reducir texto

Sons lusos en feminino

Mulleres na lusofonía, terceira entrega en CD de Cantos na maré

Preséntase a terceira edición do proxecto Cantos na Maré en Pontevedra coa participación de Dulce Pontes, Uxía, Ugia Pedreira, Luanda Cozetti, Eneida Marta e Amelia Muge

MARÉ . SANTIAGO

A terceira edición do espectáculo Cantos na Maré presentouse onte en Pontevedra baixo o título Mulleres na lusofonía, unha iniciativa que contará coa presenza o 16 de decembro coas artistas Dulce Pontes (Portugal), Uxía (Galiza), Ugia Pedreira (Galiza), Luanda Cozetti (Brasil), Eneida Marta (Guiné Bissau) e Amelia Muge(Portugal/Mozambique)

O proxecto de Cantos na Maré, é un espectáculo musical que se vén presentando en Pontevedra por terceiro ano consecutivo. O seu principal obxectivo é potenciar e divulgar o intercambio entre a música que se fai en Galiza e nos países de lingua portuguesa.

A actuación, que terá lugar no Pazo da Cultura o sábado 16 de decembro, está centrada na creación feminina no ámbito lusófono e contará como convidadas as creadoras Dulce Pontes, Uxía, Ugia Pedreira, Luanda Cozetti, Eneida Marta, e Amelia Muge. Os cantos destas mulleres están lonxe do patriarcal discurso musical e logran reivindicar o recoñecemento do peso da tradición cultural feminina nestes territorios. E antes de comezar o espectáculo haberá, no vestíbulo do auditorio, unha batucada a cargo do grupo de percusión Filhos de Brown.

Ó mesmo tempo desenvolverase na cidade do Lérez do 11 ó15 de decembro, a Semana da Lusofonía, en varios espazos da cidade, cuxos contidos son exposicións, conferencias literarias, gastronomía, obradoiros, proxeccións de vídeo e actuacións musicais.

No transcurso do acto de inauguración desta iniciativa cultural presentarase o proxecto documental Cabo Verde Sabí (A muller e a terra, o home e o mar), de Manuel Maseda, acompañado dunha pequena actuación do grupo caboverdiano afincado en Galiza, Batuko Tabanca.

Este encontro contará con dúas exposicións fotográficas Rostros na maré e Cabo Verde, paraíso atlántico; a conferencia literaria Há cromosomas na escrita? a cargo da escritora portuguesa Hélia Correia, dous obradoiros, -un de capoeira e outro de forró-, ademais dun concerto do dúo brasileiro Lilian França e Sérgio Tannus.

DATOS

Por compartir valores comúns

Desde un principio o Concello de Pontevedra apostou por Cantos na Maré, por considerar que artistas galegos e outros provintes de países de fala portuguesa comparten valores comúns e experimentan sen complexos coa súa lingua nai e co idioma parello. Xa actuaron neste espectáculo cantantes como Uxía, João Afonso, Maria João, Mario Laginha, entre outros.

comentarios

Escribe tu comentario

Alias

Clave

Para escribir tus comentarios en las noticias, necesitas ser usuario registrado. Si no lo eres regístrate ahora

Título

Comentario

www.elcorregallego.es no se hace responsable de las opiniones de los lectores
y eliminará los comentarios considerados ofensivos o que vulneren la legalidad.

 
atrás Añadir a Yahoo la noticia Mulleres na lusofonía, terceira entrega en CD de Cantos na maré

Añadir a Del.icio.us la noticia Mulleres na lusofonía, terceira entrega en CD de Cantos na maré

Añadir a Menéame la noticia Mulleres na lusofonía, terceira entrega en CD de Cantos na maré

Chuza esta noticia imprimir recomendar Aumentar texto Reducir texto
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade