POLÉMICA
O PP pide a dimisión de Manuel Luis Rodríguez e de Marisol Soneira por pagar un billete de avión a unha suposta axente electoral do PSOE
16.12h.
Esixe a comparecencia de Touriño no Pleno para explicar "este escándalo"
AGN. SANTIAGO
O secretario xeral do PPdeG, Alfonso Rueda, esixiu hoxe a dimisión inmediata do secretario xeral de Emigración, Manuel LuIs Rodríguez, e da parlamentaria socialista Marisol Soneira por pagar "con fondos públicos" un billete de avión a unha suposta axente electoral do PSdeG que viaxou a Arxentina durante a campaña das pasadas municipais.
"Se ó secretario xeral lle queda a mínima dignidade dimitirá, e senón terá que ser Touriño quen o cese", apostilou o dirixente popular, quen precisou que Soneira debe seguir os mesmos pasos "se ten un pouco de vergoña política". "Meteuse a man na caixa de todos os galegos para beneficiar un partido", xustificou Rueda.