| ||||||||||||||
Nado no 1899 en Vilar, parroquia de Cacheiras, Benjamín Salgado foi o quinto fillo da mestra Marcelina Uribe e do médico Fernando Salgado. Viuse obrigado a emigrar a Cuba onde traballou na Habana e percorreu América, dende Estados Unidos até Bos Aires, traballando de xornalista. Regresou a Galicia e abriu en Arzúa, en sociedade coa súa familia, un coñecido almacén de tecidos e gañou o aprecio dos seus veciños. Tras a morte do seu pai, instalouse cun irmán, en Vila de Cruces, onde abriron un ultamarinos. Participou no tecido asociativo da II República e como consecuencia do triunfo da Fronte Popular, foi elixido alcalde. Porén, coa rebelión militar do 18 de xullo, trasládase a Pontevedra, xunto con cargos sindicais e políticos do Deza, para recibir ordes do Gobernador provincial. Teme pola súa vida e decide agocharse en Compostela e logo en Arzúa. No seu refuxio enferma da tuberculose que lle causará a morte no ano 1950, apenas catro anos despois de ser indultado do delito de "rebelión militar" que non cometera. Na xornada que a Oliveira lle dedica a este home natural de Cacheiras, presentarase un novo número da Voandeira da Oliveira. PARTICIPANTESRamón Arufe e Manuel Igrexas No acto do sábado, falarán Ramón Arufe, que estudou a figura de Benjamín Salgado Uribe, e Manuel Igrexas, profesor e historiador, que investigou a fondo a época republicana e a represión posterior ao ano 1936 na comarca do Deza. comentariosEscribe tu comentariowww.elcorregallego.es no se hace responsable de las opiniones de los lectores |
||||||||||||||
|
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade © 2010 www.galicia-hoxe.com
Tódolos dereitos reservados. Prohibida a reproducción total ou parcial do contido sen a expresa autorización do propietario. |
||||||||||||||