ANTÓN LOSADA
disque disque
Políticos
ao lonxe
Disque milleiros de agricultores foron a Madrid a recordarlle ao Goberno que eles tamén son de Deus e que, como os mileuristas ou as mulleres subempregadas e subpagadas, precisan un pouco das axudas billonarias que lles leva dadas a outros, con menos razón e aínda menos xustiza. Disque os socialistas presentaron en público o mitin do século XXI con pasarela de ministros e sorrisos e música en directo. Disque o PP deu unha roda de prensa en domingo para colocar nos telediarios o chiste de que o Sitel é o 11888 de Rubalcaba. Disque a corrupción está afastando a xente da política. Parece difícil que poida haber máis distancia, comprobando o lonxe que se foi a política da xente. antonlosada.blogspot.com