Galicia Hoxe
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
 
Google
Portada  |   Portada en PDF  |   Hemeroteca  |   RSS  RSS Martes 09.02.2010  |  Actualizado 13.08
Opinión 
atrás Añadir a Yahoo la noticia Ramiro Fonte
Añadir a Del.icio.us la noticia Ramiro Fonte
Añadir a Menéame la noticia Ramiro Fonte
Chuza esta noticia imprimir recomendar Aumentar texto Reducir texto

CADERNO ABERTO

Ramiro Fonte

MIGUEL ANXO FERNÁN VELLO

Acaban de recoñecer a Ramiro Fonte na cidade de Ferrol co Premio Porto Magno, instituído polo Real Coro Toxos e Froles para conmemorar o 150 aniversario da concesión do título de cidade a Ferrol. O Premio ten fermoso título, lembrando o Magnus Portus Artabrorum, que era en realidade todo o golfo ártabro coruñés, pois, para os romanos, a realidade portus, como é sabido, superaba a actual denominación reducida de "porto". Fermoso título de premio, diciamos -Porto Magno-, e perfecto, xusto e brillante o premiado, un dos grandes poetas da lírica galega, das líricas ibéricas, de todos os tempos. Ramiro Fonte, coma poucos, mantén viva no tempo a chama creativa da poesía e, como diría Gaston Bachelard a respecto de Baudelaire, na obra do noso poeta -traballada en todo momento con conciencia artística e sabedoría- podemos "ouvir" o chamamento íntimo da inmensidade, o "porto magno" dun ser que cifra no poético unha vía intensa de conmoción e de coñecemento. É Ramiro Fonte da estirpe dos poetas que, como diría Arcadio López-Casanova, "axuntan sentir e saber", e a súa obra poética, composta por unha ducia de títulos imprescindíbeis, tense convertido nunha referencia de altísimo valor, en forma e fondo, no conxunto das líricas ibéricas contemporáneas. O poeta eumés ten establecido na lírica galega unha esixencia que debería ser tida en conta como unha forma canónica de "poética xeral": a construción ou composición do poema con entidade propia, con forma e "respiración" (enerxía) en si mesmo, e o dominio rítmico, musical, da linguaxe. Ramiro Fonte é un poeta que domina a "realidade" do poema e consegue que a linguaxe vibre até se transformar nun fluído misterioso, invisíbel, que chega a rozar mesmo a nosa máis extrema percepción, os niveis máis sensíbeis da nosa conciencia: iso é a poesía. E Ramiro Fonte, sabio poeta, verte tamén ese "elixir" nesa gran triloxía narrativa, obra única, que son as novelas Os meus ollos, Os ollos da ponte e A ponte nos ollos. Os ollos da Vida, da Luz e do Verbo.

comentarios

Escribe tu comentario

Alias

Clave

Para escribir tus comentarios en las noticias, necesitas ser usuario registrado. Si no lo eres regístrate ahora

Título

Comentario

www.elcorregallego.es no se hace responsable de las opiniones de los lectores
y eliminará los comentarios considerados ofensivos o que vulneren la legalidad.

 
atrás Añadir a Yahoo la noticia Ramiro Fonte
Añadir a Del.icio.us la noticia Ramiro Fonte
Añadir a Menéame la noticia Ramiro Fonte
Chuza esta noticia imprimir recomendar Aumentar texto Reducir texto
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade