Galicia Hoxe
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
 
Google
Portada  |   Portada en PDF  |   Hemeroteca  |   RSS  RSS Martes 09.02.2010  |  Actualizado 16.22
Opinión 
atrás Añadir a Yahoo la noticia Portugués no ensino
Añadir a Del.icio.us la noticia Portugués no ensino
Añadir a Menéame la noticia Portugués no ensino
Chuza esta noticia imprimir recomendar Aumentar texto Reducir texto

AFONSO VÁZQUEZ MONXARDÍN

camiño do vao

Portugués no ensino

Polas miñas estadías arqueolóxicas en terras de Amarante, docentes no Brasil, de lecer de Portimao a Chaves, e pola achega á súa literatura, sonlles falante básico de portugués. Pero sobre todo, claro, por partir do galego; lingua tan próxima que algúns lle negan a esencia da irmandade para afirmar que son, simplemente, a mesma. Mais á cerna da miña cuestión de arestora, non importa, sempre que se concorde na bondade de coñecermos as diferenzas que existen entre os dous estándares.

E creo que estender o estudo do portugués como segunda lingua estranxeira no ensino non é a vía ideal, porque a ampliación do repertorio procurado con esa vella medida vai na liña de manter o francés e abrir portas ao alemán dentro dos idiomas coñecidos pola nosa xente formada. E non podemos deixar a unha parte importante da nosa poboación, dos nosos estudantes, totalmente alleos á realidade lingüística do sur. As laretadas de que é inútil ese estudo porque xa falamos o mesmo, non fixeron, fan nin farán avanzar o achegamento cultural entre Galicia e Portugal.

O camiño debe ser hoxe, creo, a revisión dos planos de estudo de galego para darlle entrada dentro desta materia, ao estudo das diferenzas ortográficas, fonolóxicas, léxicas e sintácticas entre galego e portugués, durante un tempo específico, se cadra un par de meses. E como xa temos moito camiño andado, cunha miguiña de dedicación e intelixencia, axiña descubrirían os nosos alumnos ese mundo a moitos nos é familiar. ¿En que cursos? Se cadra lingua en 4º da Ensinanza Secundria Obrigatoria e en 1º de Bacharelato, literatura. Pero cumpría velo.

E non creo que tecnicamente fose demasiado difícil, pois a inmensa maioría dos profesores de galego son licenciados en galegoportugués, e os que non o somos amamos tamén o sur. Ademais poderiamos arrapañar moitas axudas europeas para esta ampliación transfroteiriza do repertorio lingüístico dos galegos (ampliar significa sempre sumar e oponse a restar).

E deberiamos mesmo intercambiar profesores por tempadas durante o curso escolar: así os nosos alumnos escoitarían a mestres do sur falando de Camõens e Pessoa e nós proxectariamos en Portugal a palabra de Rosalía, Castelao, Rivas e a presenza dunha Galicia revivida, orgullosa, e con historia cultural de seu. E penso, sería ben acollido polo noso tecido social, que revalorizaría a materia de galego ao incrementarlle a través desta novidade, un valor máis de utilidade práctica. Hai que intentalo. É unha porta moi grande que se pode abrir con pouco esforzo.

comentarios [ 6 ]

Portugués como optativa xa

I-luso
07.02.2007 19.57
Dubido de que a xeneralidade da poboación galega actual consiga unha competencia lingüística mínima en lingua portuguesa estudando unhas nocións gramáticais, ortográficas ou histórico-culturais dentro da materia de lingua galega na ESO. Esaxero, pero o certo é que iso tamén se podía facer na materia de lingua española cos mesmos resultados.
Por moito que esteamos convencidos de que galego e portugués sexan a mesma lingua non nos converte en falantes de portugués. Ata os licenciados en galegoportugués saben que para facerse entender en Lisboa necesitan un esforzo, mínimo comparado coa aprendizaxe doutra lingua, pero esforzo ao fin e ao cabo.
A optativa de lingua portuguesa no noso sistema educativo sería unha boa medida que non empece ningún outro labor dentro das aulas de galego a prol do coñecemento da realidade lingüística do sur.

Plataforma para a Recepçom das Televisões e Rádios Portuguesas na Galiza

suso
07.02.2007 13.15
Existe uma "Plataforma para a Recepçom das Televisões e Rádios Portuguesas na Galiza". Este é o seu sítio: http://www.agal-gz.org/portugaliza/tvsptnagaliza/

Unha boa iniciativa

Ana Vázquez
07.02.2007 09.39
Totalmente dacordo, é unha boa iniciativa.
É ben certo que para aprender un idioma estranxeiro temos que coñecer ben ó noso.
Logo, coido, xa que ámbolos dous galego e portugués son nosos e que nos separa só un 20% do vocabulario máis as diferenzas ortográficas, fonolóxicas, léxicas e sintácticas , paga á pena e non é difícil de superar con pouco esforzo.

Totalmente dacordo

Gabriel López
07.02.2007 09.38
Sempre pensei o mesmo... que en clase de galego , durante un certo tempo (concentrado ou distribuído en varios anos) se desen nocións de portugués partindo dende o galego. O único que dei eu foi que en portugués din "pelo" por "polo" e iso non abonda. E máis, saíndo do tema, paréceme indignante que en clases de galego se sigan a facer traducións de castelán a galego coma exercicio, os nenos aprenden galego coma se fose inglés e non a súa lingua nativa, que antes que nada, se aprende falando que é outra cousa que non se lles obriga na clase en moitos casos.

.

Um
06.02.2007 17.37
Será que os responsáveis de Educaçom tem miolos e senso comum suficiente para abrir essa grande porta ao nosso dispor?

Experiencia propia

Tino prego
06.02.2007 11.11
De adolescente aprendin portugues por iniciativa propia vendo os canais de tv portugueses q chegaban á miña casa polas rias baixas.
Podo asegurar q o portugués foi, xunto co galego, a ponte imprecindíbel para a miña dicción superior en inglés e francés.
Desde aqui quero voltar a reivindicar q este canais se podan ver en toda Galiza.

Escribe tu comentario

Alias

Clave

Para escribir tus comentarios en las noticias, necesitas ser usuario registrado. Si no lo eres regístrate ahora

Título

Comentario

www.elcorregallego.es no se hace responsable de las opiniones de los lectores
y eliminará los comentarios considerados ofensivos o que vulneren la legalidad.

 
atrás Añadir a Yahoo la noticia Portugués no ensino
Añadir a Del.icio.us la noticia Portugués no ensino
Añadir a Menéame la noticia Portugués no ensino
Chuza esta noticia imprimir recomendar Aumentar texto Reducir texto
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade