Galicia Hoxe
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
 
Google
Portada  |   Portada en PDF  |   Hemeroteca  |   RSS  RSS Martes 09.02.2010  |  Actualizado 16.22
Opinión 
atrás Añadir a Yahoo la noticia De pixamas 
e libros
Añadir a Del.icio.us la noticia De pixamas 
e libros
Añadir a Menéame la noticia De pixamas 
e libros
Chuza esta noticia imprimir recomendar Aumentar texto Reducir texto

ROSA ANEIROS

De pixamas e libros

Shmuel vestía un pixama de raias e tiña a cabeza afeitada. Os pixamas son roupa cómoda e divertida que nos prepara para o sono pero non así para Shmuel. El non semellaba un neno feliz. Ou iso lle pareceu a Bruno, o protagonista do libro O neno do pixama de raias de John Boyne.

Ese libro azul estaba alí deitadiño no andel da biblioteca municipal de Gondomar disposto a que calquera pícaro con pixama quixese collelo e mergullar na súa historia. Porque a noite do sábado 21 de xuño, o mesmo día que comeza o verán, a biblioteca de Gondomar non quixo ficar en silencio.

Dúas ducias de nenos e nenas con pixama ávidos de palabras e contos enchérona de murmurios e gargalladas. Tratábase da primeira noite na biblioteca, unha iniciativa pioneira en Galicia organizada polo colectivo Espazo Lectura para nenos de entre 6 e 11 anos. Coa caída da noitiña chegaron os cepillos de dentes, os contacontos, o teatro, o recital de poesía e música, as cubertas dos libros enriba das colchonetas e as lanternas nos sacos para devorar historias.

Toda unha marea de vagalumes a alumear os estantes dos libros mudos. Logo, co mencer, espreguizaron os xogos de pistas, os tesouros de moedas de chocolate e os biscoitos do almorzo.

No medio, por suposto, pouco sono e moitos soños. Porque así son os libros, unha experiencia íntima que pode ser compartida, como todas as ilusións. Non é un deber da escola senón un divertimento.

A Shmuel, aquel neno do pixama de raias de Boyne, roubáranlle o futuro e as palabras pero el, convertido en libro, puido contar a súa historia a outro neno con pixama. E ese lector ou lectora puido comprender así por fin por que non todos os pixamas serven para soñar.

comentarios

Escribe tu comentario

Alias

Clave

Para escribir tus comentarios en las noticias, necesitas ser usuario registrado. Si no lo eres regístrate ahora

Título

Comentario

www.elcorregallego.es no se hace responsable de las opiniones de los lectores
y eliminará los comentarios considerados ofensivos o que vulneren la legalidad.

 
atrás Añadir a Yahoo la noticia De pixamas 
e libros
Añadir a Del.icio.us la noticia De pixamas 
e libros
Añadir a Menéame la noticia De pixamas 
e libros
Chuza esta noticia imprimir recomendar Aumentar texto Reducir texto
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade