Galicia Hoxe
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
 
Google
Portada  |   Portada en PDF  |   Hemeroteca  |   RSS  RSS Martes 09.02.2010  |  Actualizado 05.00
Opinión 
atrás Añadir a Yahoo la noticia Ramiro
Añadir a Del.icio.us la noticia Ramiro
Añadir a Menéame la noticia Ramiro
Chuza esta noticia imprimir recomendar Aumentar texto Reducir texto

XOSÉ A. PEROZO

CARA OU CRUZ

Ramiro

Non me gustan nada estas motivacións, pero hoxe nin o corpo nin a mente me permiten escribir doutra cousa. A noticia do pasamento do Ramiro Fonte chégame en Estremadura pola chamada do meu fillo e cústame asimilalo e mesmo entendelo. Hai menos dunha semana estivera por terras de Pontedeume nunha pequena viaxe de familia, á beira do río, na fragas e na Cantina do río Covelo falando do poeta, evocando os seus mundos, tan ben descritos nos seus libros, contemplando o universo que foi quen de converter en literatura, de facelo inmortal desde o pensamento e o sentimento, coa capacidade que só os poetas teñen para interpretar a vida, e non podía sospeitar que estivera doente e moito menos que hoxe a súa andaina chegara ó remate en Barcelona. Só se me ocorre pensar que isto é unha putada, unha desas coiteladas que dá o mal fario do destino.

Agora diremos que a literatura galega perde unha gran voz do noso tempo e será verdade. Diremos que deixa un oco en moitos dos espazos nos que ocupou lugar: no ensino, no pensamento, na poesía, na prosa... e tamén será verdade. E case todo será medible, e teremos acougo para renderlle homenaxe, multiplicar e recomendar as edicións dos seus libros, porén, o que non poderemos medir é o sentimento de orfandade que deixa no pequeno recuncho da amizade franca.

comentarios

Escribe tu comentario

Alias

Clave

Para escribir tus comentarios en las noticias, necesitas ser usuario registrado. Si no lo eres regístrate ahora

Título

Comentario

www.elcorregallego.es no se hace responsable de las opiniones de los lectores
y eliminará los comentarios considerados ofensivos o que vulneren la legalidad.

 
atrás Añadir a Yahoo la noticia Ramiro
Añadir a Del.icio.us la noticia Ramiro
Añadir a Menéame la noticia Ramiro
Chuza esta noticia imprimir recomendar Aumentar texto Reducir texto
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade