Galicia Hoxe
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
 
Google
Portada  |   Portada en PDF  |   Hemeroteca  |   RSS  RSS Martes 09.02.2010  |  Actualizado 13.08
Opinión 
atrás Añadir a Yahoo la noticia Prohibido pensar
Añadir a Del.icio.us la noticia Prohibido pensar
Añadir a Menéame la noticia Prohibido pensar
Chuza esta noticia imprimir recomendar Aumentar texto Reducir texto

ANTÓN LOSADA

DISQUE DISQUE

Prohibido pensar

 

Disque a Torres Queiruga e á súa obra estáselles a botar enriba a longa sombra da curia máis reaccionaria. Disque a súa respectable obra teolóxica vai ser censurada pola policía teolóxica da Igrexa, co bispo de Lugo e sobriño de Rouco á cabeza. Soa tan rancio todo que dá até vergonza falar disto, e que poidan pasar estas cousas aínda hoxe. Aos que lles resulta incómodo pensar, sempre acaban tratando de prohibirlles aos demais que practiquen o pensamento. É unha lei universal. Rouco persevera na que é a súa grande achega para os católicos: só hai que oír o que di e ver o que fai para ter claro o que nunca debe facer un bo católico. antonlosada.blogspot.com

comentario [ 1 ]

Antón, resultache incómodo pensar?

Erasmo
13.06.2009 20.53
Eu pensaba que librepensadores coma tí non ían picar nesta trifulca entre católicos.
Non sabía das túas preferencias pola Curia Vaticana!

Esta é unha "condena" que NON é tal condena...!

Se lle prohibiran publicar ou impartir docencia eu tamén apoiaría a Andrés contra o Santo Oficio.

Mais as cousas non son TAN SIMPLES.

A Andrés seica o queren condear aqueles que forman parte da súa propia igrexa (á cual el non renunciou ata o de agora que eu saiba) así que entre católicos é a liorta (i entre católicos practicantes e amantes da xerarquía e dos privilexios).

Polo tanto NON vexo que esta 'censura' sexa tal censura, nin comprendo o AMOR repentino por un TEÓLOGO nestes tempos (agás coma teólogo do réxime nacionalista galego) e nese caso compréndese pechar filas contra os teólogos ESPANHOLEIROS (aínda que sexan de Lugo).

Se Andés fose un teólogo GALEGO (que sentira e amara esta Terra e NON os privilexios que nela acadou vía Universitas) falaría nos seus escritos, coma moito, dunha VIVENCIA de carácter persoal sobor do sagrado e pouco máis.

Antón, igual eres moi novo e non tiveches oportunidade de ir a algún ENTERRO deses nos que o cadaleito do difuntiño ía ó ombreiro dos deudos... e corredoira adiante según se ía chegando ás últimas filas do acompañamento xa todos falaban da herdanza e senon de fútbol que é o mellor tema de conversa cando queda por diante un tedio de 3 misas e 12 curas para quedar ben coa parroquia e máis co señor cura....

Saudo dende eiquí a tódolos 'fervientes teólogos galegos' hoxe redivivos.

Eu mellor declárome ANIMISTA nos soutos do Courel... non vaia a ser o demo.

Escribe tu comentario

Alias

Clave

Para escribir tus comentarios en las noticias, necesitas ser usuario registrado. Si no lo eres regístrate ahora

Título

Comentario

www.elcorregallego.es no se hace responsable de las opiniones de los lectores
y eliminará los comentarios considerados ofensivos o que vulneren la legalidad.

 
atrás Añadir a Yahoo la noticia Prohibido pensar
Añadir a Del.icio.us la noticia Prohibido pensar
Añadir a Menéame la noticia Prohibido pensar
Chuza esta noticia imprimir recomendar Aumentar texto Reducir texto
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade