ANTÓN LOSADA
Disque Disque
Da gurtelada á sitelada
Disque o Tribunal Supremo declarou legal, e mesmo preferible ao que había antes, o sistema de escoita que usa a Policía cando llo ordena un xuíz. A Xustiza desmóntalle outra conspiración ao PP. Despois da gurtelada, a sitelada. Nin os chanchullos de Correa con medio partido eran un invento de Garzón nin as escoitas que tanta vergonza dan son ilegais ou unha maldade de Rubalcaba. Pero iso xa o sabían De Cospedal e compañía, porque eles o compraron e eles o estrearon. Di O Noso Mariano que quere un partido limpo e unido. Podía empezar por querer un partido que diga unha verdade, aínda que sexa só unha.