ANTÓN LOSADA
Disque Disque
Gobernando en verde
Disque Zapatero xa ve claros e rotundos os famosos brotes verdes, e avisa de que van empezar a madurar a fume de carozo. Non di cando e di que tampouco o sabe, pero algo é algo, afeitos como xa estamos ás malas previsións. A economía ten moito de confianza e mellor será para todos que non se equivoque desta volta. Coa famosa lei da economía sostible a punto, di o presidente que desta saímos e que o facemos todos xuntos, sen deixar a ninguén atrás. E iso hai que recoñecerllo. Pero é igualmente certo que os que xa eran ricos antes da crise van saír un pouco máis ricos e os que andaban apurados teñen pinta de ir saír un pouco máis apurados. E iso tamén será mérito seu. antonlosada.blogspot.com