| ||||||||||||||
E fano "en plan Grande Irmán", cunha cámara que conecta a factoría de García co resto do mundo mentres os galegos crean. Estamos ante un típico caso de egolatría? "Non", sosteñen os artífices do power por 2.0. "Isto é algo inusual, se non inédito, na historia da música, pero a nós nos xurdiu como unha necesidade derivada da amantísima nova paternidade de Martiño (Martin Wu, cantante e letrista de The Homens) e a súa imposibilidade de estar con nós durante toda a gravación". Así foi que o baixista Roi Fernández abriu o traballo da banda á rede, que se pode seguir en www.ustream.tv/channel/the-homens, e en dous días xa había centos de "miróns". "Quixemos que Mariño estivese implicado en todo o proceso -continúa-, aínda que estea a seiscentos quilómetros, e que vixiase de paso que a Xocas (o batería) e a min non se nos fose a pinza con tanta comellona, tan bo viño e tan boa vida que nos ofrecen en Sant Feliu, mais o resultado é que á xente, aos internautas, lles está a gustar bastante seguir o proceso de gravación, malia que ás veces sexa unha pesadez de repeticións e repeticións". Aseguran que entre os catorce temas que comporán o álbum haberá máis dureza que outras veces, sobre todo desde o punto de vista das letras "porque no son queremos potenciar tamén a parte melódica do novo teclado" e que despois dun disco de desamores -Tres- "este será basicamente un disco de cagarnos en todo e vai saír bastante punki e con bastante mala hostia". Unha apetecíbel deriva que non é allea ao panorama social: "fundamentalmente estamos bastante fartos da situación política xa, non só neste país senón a escala mundial e tamén do inmobilismo e da estupidez do negocio da música". Tería algo que ver o cambio de Goberno na Xunta? "Pois seguramente a mudanza política en Galiza foi tamén un punto determinante porque nos xerou un gran malestar". A cuarta obra de The Homens gravarase de novo con licenza creative commons, será autoeditada (os anteriores saíron baixo o selo Falcatruada), e estará aloumiñada polas relacións públicas de Alberte Leis e o seu Morcego Management. O vinte e cinco de xullo pola mañá farán o camiño de regreso para subir esa noite ao escenario da praza principal de Neda. comentariosEscribe tu comentariowww.elcorregallego.es no se hace responsable de las opiniones de los lectores |
||||||||||||||
|
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade © 2010 www.galicia-hoxe.com
Tódolos dereitos reservados. Prohibida a reproducción total ou parcial do contido sen a expresa autorización do propietario. |
||||||||||||||