Galicia Hoxe
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
 
Google
Portada  |   Portada en PDF  |   Hemeroteca  |   RSS  RSS Martes 09.02.2010  |  Actualizado 05.00
Hemeroteca 
atrás Añadir a Yahoo la noticia Pontevedra antitaurina
Añadir a Del.icio.us la noticia Pontevedra antitaurina
Añadir a Menéame la noticia Pontevedra antitaurina
Chuza esta noticia imprimir recomendar Aumentar texto Reducir texto

Pontevedra antitaurina

15.08.2007 Un grupo de mozos pontevedreses que ve a Feira Taurina da cidade do Lérez, a máis antiga que hai en Galicia, como “unha lamentable exhaltación da violencia”, decidiron este ano organizarse e crear a Plataforma Pontevedra Antitaurina, para realizaren unha protesta contra as “touradas” e informar da crueldade desta tradición

. A.L.

Unha das intervencións plásticas contra as corridas de touros que se celebran durante o verán en Pontevedra FOTO: Pontevedra Antitaurina
Unha das intervencións plásticas contra as corridas de touros que se celebran durante o verán en Pontevedra
FOTO: Pontevedra Antitaurina
No manifesto fundacional que fixeron circular por internet, a Plataforma Pontevedra Antitaurina deixa ben claro que a súa intención é "loitar para que as touradas pasen a ser un recordo do pasado máis escuro" e que as consideran como "unha pseudo-tradición atávica e cruel que pretende o divertimento a partir da mutilación e o martirio dun animal".

A súa actividade deixouse notar en Pontevedra durante os días de celebración da Feira Taurina, que remata hoxe. A Plataforma Antitaurina realizou pintadas sobre os anuncios oficiais da feira, como se ve na foto, e colocou as súas propias pancartas e carteis de protesta en lugares habilitados polo concello para tal fin.

Do mesmo xeito, a plataforma preparou tamén un decálogo no que refutan, de xeito razoado pero contundente, os principais argumentos a prol da celebración taurina. "Deixa cartos, e tamén o tráfico de armas. É unha tradición, pero tamén o eran a escravitude ou os sacrificios humanos. Son un espectáculo, pero un que transmite e xustifica valores negativos, como o uso da violencia e o goce coa tortura".

 

Varias estrelas apoian un anuncio antitaurino en Francia

As protestas contra as corridas prodúcense tamén noutros lugares do mundo. Así, os actores Jean Claude Van Damme e Alenxandra Paul, a modelo Twiggy Lawson reclamaron que se difunda un anuncio antitaurino rodado polo cantante francés Renaud para a televisión pública.

comentarios

Escribe tu comentario

Alias

Clave

Para escribir tus comentarios en las noticias, necesitas ser usuario registrado. Si no lo eres regístrate ahora

Título

Comentario

www.elcorregallego.es no se hace responsable de las opiniones de los lectores
y eliminará los comentarios considerados ofensivos o que vulneren la legalidad.

 
atrás Añadir a Yahoo la noticia Pontevedra antitaurina
Añadir a Del.icio.us la noticia Pontevedra antitaurina
Añadir a Menéame la noticia Pontevedra antitaurina
Chuza esta noticia imprimir recomendar Aumentar texto Reducir texto
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade