Galicia Hoxe
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
 
Google
Portada  |   Portada en PDF  |   Hemeroteca  |   RSS  RSS Martes 09.02.2010  |  Actualizado 13.08
Hemeroteca 
atrás Añadir a Yahoo la noticia Alberte Momán: “No supermercado contactas coa realidade”
Añadir a Del.icio.us la noticia Alberte Momán: “No supermercado contactas coa realidade”
Añadir a Menéame la noticia Alberte Momán: “No supermercado contactas coa realidade”
Chuza esta noticia imprimir recomendar Aumentar texto Reducir texto

CALIDOSCOPIO DE CORES

Alberte Momán: “No supermercado contactas coa realidade”

18.11.2007 Narrador, poeta e enxeñeiro técnico agrícola. Acaba de publicar o 'Alento da musa'. Cre nunha literatura "sen fronteiras".

POR LUPE GÓMEZ

 FOTO: Fernando Blanco
FOTO: Fernando Blanco
Narrador, poeta e enxeñeiro técnico agrícola. Acaba de publicar o 'Alento da musa'. Cre nunha literatura "sen fronteiras".

Que cores che gustan?

O azul, aínda que visto moito de negro. Gústame o azul polo ceo, que onde nacín era o que máis destacaba. O ceo era azul onde eu vivía, que segue sendo a miña casa, un barrio ás aforas de Ferrol, O Espiño. E as maciñeiras. Tiñamos unha veciña obsesionada coas maciñeiras. Nun reduto anano plantou 20 árbores, e ela estaba moi contenta.

 

De que cor é Ferrol?

Moi gris. Extraordinariamente gris. Influenciado polo barrio da Magdalena, e porque as rúas están moi xuntas. O gris faise máis gris. Vese pouco o ceo. Tende á melancolía. Tamén por todo o que aconteceu en Ferrol, que é para estar en depresión permanente. Toda a reconversión naval, que nos marcou a todos. Ferrol chegou a un punto de decadencia total, máxima.

 

Por que es enxeñeiro técnico agrícola?

De pequeno miña nai encargábame o mantemento das plantas, das flores. Gustábame porque pasaba moito tempo coas plantas. Era un xeito de introspección, pensaba en moitas cousas. Cando decidín o meu futuro sabía que tiña que ver coas plantas. Decidinme pola Enxeñería. É moi interesante porque vincula o profesional co que temos neste país, que é o rural. Desprezar o rural é ir contra o país. O rural ten posibilidades inmensas.

 

Por que escribes poesía erótica?

Póis é unha forma de expresar moito máis. O erotismo debería estar normalizado, pois forma parte de nós, e non o está. Está mal entendido, confúndese coa pornografía. Intimamente temos asumido o compoñente erótico, pero outra cousa é facelo público. Como ocorre con outros tabús somos incapaces de normalizalos no exterior.

 

Por que en ‘O alento da musa’ escribes sobre un supermercado?

Cando o escribín, polo 2004, estaba vivindo en Vigo e estaba no paro. Unha das miñas ocupacións diarias era ir ao supermercado facer a compra. O supermercado converteuse como unha necesidade, para saír da casa e ter contacto coa realidade. Acabei imaxinando as vidas daquelas persoas que traballaban no supermercado. Centreime nunha caixeira.

 

Que é ‘A porta verde do sétimo andar’?

É un colectivo poético, que acaba de sacar un libro con poemas de 9 poetas. As persoas que integran este colectivo senten a poesía preto, e queren dar a coñecer un sentimento e compartilo con todos. Fanse recitais en cafeterías e pubs de Vigo. Convocamos a xente para recitar e para o que xurda. Son actos abertos, para quen queira ir.

 

Cales son os teus escritores preferidos?

A miña obsesión é Boris Vian. Dende sempre identifiqueime moito coa forma aberta que ten de expresar os sentimentos. Todo ten personalidade. As paredes das casas teñen personalidade, deprímense. Son libros sen fronteiras. É o que eu pretendo. Unha das cousas que se me critica é que os meus relatos carecen de estrutura. Tento eliminar barreiras.

 

Es bo cociñeiro?

Cociño, non sei se son bo cociñeiro. Vivir só durante algún tempo e ser un lacazán permitiume aprender a facer un prato con poucos ingredientes. A miña comida preferida, grazas a miña nai, é a pescada rebozada con salsa de tomate natural e chícharos. Aprendín dun alemán a facer salsa con queixo azul. Fago luras con salsa de queixo azul. Encántame o queixo.

 

Por que te fixeches gaiteiro?

Dicir que eu son gaiteiro sería un insulto para os gaiteiros. Como gaiteiro son pésimo, fago un ruído horrible. Gústanme determinados sons da gaita, e a figura do gaiteiro. Sempre se di que os gaiteiros son individualistas. Ó gaiteiro gústalle levar a iniciativa. Se vemos as fotos dos gaiteiros vemos que son persoas con pose erguida, distinguida. Parécenme persoas íntegras.

 

Como é o teu blog?

O meu blog é un desastre, porque non ten estrutura, organización, e pode haber xente que se asuste. É moi caótico. Fago discursos moi escuetos, cheos de matizacións por facer, e hai xente que entende cousas que non son. Pero o meu blog está aí, e gústame telo. Ás veces é un xeito de desafogar. É unha necesidade. É ter un espazo público que da pé a soltar as barbaridades que teño ganas de dicir e que as digo.

 

Acabas de gañar o Premio de Poesía Erótica Illas Sisargas.

No 2004 marchei a Inglaterra e alí traballei de camareiro. Nin me gustou a experiencia nin me gustou a xente anglosaxona, que é fría, cínica. Foi un cambio brusco. Marchei para Irlanda. Alí escribín un poemario: Baile Atha Cliath, que é o nome en gáelico de Dublín. Afrontando a nova experiencia en Dublín. Nese poemario eu son como unha nube que viaxa por Dublín, meténdome nas casas, nos corpos da xente…

 

De que cor é a Vida?

Amarela, porque cega bastante. É case como unha luz de neón permanente. Ofrécenos dende o exterior expectativas brillantes que nos deslumbran e nos impiden ver a realidade. Por iso os textos que eu escribo, e a miña vida, é menos brillante que a aparencia externa do mundo. Recollo o que dicía Reixa, "a vaca que ri por non chorar", e ás veces expoño as cousas dun xeito tristemente irónico como defensa contra o que non me gusta.

comentarios

Escribe tu comentario

Alias

Clave

Para escribir tus comentarios en las noticias, necesitas ser usuario registrado. Si no lo eres regístrate ahora

Título

Comentario

www.elcorregallego.es no se hace responsable de las opiniones de los lectores
y eliminará los comentarios considerados ofensivos o que vulneren la legalidad.

 
atrás Añadir a Yahoo la noticia Alberte Momán: “No supermercado contactas coa realidade”
Añadir a Del.icio.us la noticia Alberte Momán: “No supermercado contactas coa realidade”
Añadir a Menéame la noticia Alberte Momán: “No supermercado contactas coa realidade”
Chuza esta noticia imprimir recomendar Aumentar texto Reducir texto
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade