Galicia Hoxe
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
 
Google
Portada  |   Portada en PDF  |   Hemeroteca  |   RSS  RSS Martes 09.02.2010  |  Actualizado 16.22
Hemeroteca 
atrás Añadir a Yahoo la noticia O desxeo do Ártico bota á atmósfera toneladas de metano
Añadir a Del.icio.us la noticia O desxeo do Ártico bota á atmósfera toneladas de metano
Añadir a Menéame la noticia O desxeo do Ártico bota á atmósfera toneladas de metano
Chuza esta noticia imprimir recomendar Aumentar texto Reducir texto

O gas máis letal do planeta

O desxeo do Ártico bota á atmósfera toneladas de metano

24.09.2008 A fluencia é tal que sae en chemineas polo Mar Siberiano e ameaza con acelerar os efectos do cambio de clima

REDACCIÓN/EFE . SANTIAGO

Unha imaxe dunha das zonas do ártico que padece o efecto dos desxeos
Unha imaxe dunha das zonas do ártico que padece o efecto dos desxeos
Científicos que viaxan a bordo dun barco ruso afirman ter probas de que millóns de toneladas de metano, un gas vinte veces máis potente para o quecemento atmosférico que o dióxido de carbono, está escapando desde os fondos mariños do Ártico. Estes "depósitos masivos" soben en forma de grandes burbullas nun fenómeno que coincide coa suba das temperaturas árticas e a desaparición dos bloques de xeo, segundo unha información que divulgou onte o diario británico The Independent.

Os depósitos de metano son importantes porque se cren que foi responsable en épocas pasadas de rápidos aumentos de temperaturas, cambios climáticos bruscos e ata da extinción de moitas especies.

Descubríronse intensas concentracións en varias zonas que cobren miles de quilómetros cadrados da plataforma continental siberiana. Mesmo viron metano bulindo na superficie mariña polo efecto das "chemineas" que subían desde os fondos mariños. Ao seu xuízo, o fenómeno débese a que se fundiron as capas de permafrost (xeo permanentemente conxelado) que impedían escapar o metano dos depósitos submarinos formados antes da última glaciación.

A liberación masiva do gas podería acelerar o quecemento do planeta e dar lugar a un círculo vicioso polo cal cada vez fundiría máis permafost e se liberarían maiores cantidades de gas de efecto invernadoiro.

A cantidade de metano depositado baixo o Ártico calcúlase que supera ao do carbono que está nas reservas carboníferas mundiais.

Örjan Gustafsson, da Universidade de Estocolmo, un dos xefes do equipo de científicos que viaxa no barco Jacob Smirnitskyi, di descubrir por primeira vez un campo no que a liberación de metano era tan intensa que o gas non tiña tempo de disolverse na auga do mar senón que saía superficie en forma de burbullas.

A existencia desas "chemineas de metano" documentáronse cun sondador de eco e a instrumentos sísmicos no Mar Siberiano Oriental e no mar de Laptev, nunha superficie de varias decenas de miles de quilómetros cadrados, o que equivale a millóns de toneladas de metano.

O DATO

Subas de até catro graos

As conclusións dese estudo da plataforma siberiana, que se publicarán proximamente no boletín da Unión Geofísica Americana, están sendo supervisadas por Igor Semiletov, da Academia Rusa de Ciencias.

Desde o ano 1994, Semiletov encabezou preto de dez expedicións polo mar de Laptev, e durante os anos noventa non detectou niveis elevados de metano, algo que empezou a ocorrer, con todo, a partir do ano do 2003.

Segundo The Independent, Semiletov suxeriu varias posibles hipóteses que explicarían ese fenómeno, entre elas un maior volume da auga dos ríos siberianos, que chega ademais ó mar a temperaturas algo máis altas que no pasado debido á fusión da capa xeada da terra.

O Ártico rexistrou un incremento medio das temperaturas de 4 graos centígrados nas últimas décadas e unha forte diminución da área oceánica cuberta polos xeos durante o verán.

comentarios

Escribe tu comentario

Alias

Clave

Para escribir tus comentarios en las noticias, necesitas ser usuario registrado. Si no lo eres regístrate ahora

Título

Comentario

www.elcorregallego.es no se hace responsable de las opiniones de los lectores
y eliminará los comentarios considerados ofensivos o que vulneren la legalidad.

 
atrás Añadir a Yahoo la noticia O desxeo do Ártico bota á atmósfera toneladas de metano
Añadir a Del.icio.us la noticia O desxeo do Ártico bota á atmósfera toneladas de metano
Añadir a Menéame la noticia O desxeo do Ártico bota á atmósfera toneladas de metano
Chuza esta noticia imprimir recomendar Aumentar texto Reducir texto
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade