Galicia Hoxe
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
 
Google
Portada  |   Portada en PDF  |   Hemeroteca  |   RSS  RSS Martes 09.02.2010  |  Actualizado 16.22
Hemeroteca 
atrás Añadir a Yahoo la noticia Empregados do 112 maniféstanse a prol de melloras laborais
Añadir a Del.icio.us la noticia Empregados do 112 maniféstanse a prol de melloras laborais
Añadir a Menéame la noticia Empregados do 112 maniféstanse a prol de melloras laborais
Chuza esta noticia imprimir recomendar Aumentar texto Reducir texto

protesta

Empregados do 112 maniféstanse a prol de melloras laborais

21.11.2008 A Xunta desvincúlase ó ser un conflito coa súa empresa, MK Plan 21, non seu

REDACCIÓN

Uns 25 traballadores do 112 manifestáronse onte ante o Parlamento de Galicia para reclamar melloras laborais e a subrogación do servizo de urxencias, que actualmente xestiona unha empresa subcontratada con 78 empregados en persoal. Concentrados ante as portas da Cámara sobre as 11.30 horas, a presidenta do comité de empresa, Isabel Moalres Rey, explicou que o problema "ten unha fácil solución" que evitaría posibles "despedimentos" derivados de que poida saír elixida unha nova empresa para xestionar o servizo ó convocarse anualmente a concesión. A pesar das reunións mantidas xa cos PSOE, PP e BNG, os manifestantes denuncian a "negativa" da Consellería de Presidencia, da que depende este servizo que se ocupa das urxencias aéreas e terrestres, a reunirse cos traballadores da firma MK Plan 21. Denuncian, ademais, que están suxeitos "ó convenio dás empresas de telemárketing", situación que consideran "inadecuada" ante os condicionantes propios dun emprego que lles obriga a estar "dispoñibles" as 24 horas ó día. Neste sentido, tamén piden que se lles paguen as gardas, que ata o momento "non son retribuidas".

En resposta a estas denuncias, a Xunta emitiu onte un comunicado no que destacan que é un conflito no marco do convenio colectivo que só atinxe aos traballadores e a empresa MK Plan 21, "en ningún caso coa Xunta", que, lembrou, fixo un "importante esforzo pola contratación".

comentarios

Escribe tu comentario

Alias

Clave

Para escribir tus comentarios en las noticias, necesitas ser usuario registrado. Si no lo eres regístrate ahora

Título

Comentario

www.elcorregallego.es no se hace responsable de las opiniones de los lectores
y eliminará los comentarios considerados ofensivos o que vulneren la legalidad.

 
atrás Añadir a Yahoo la noticia Empregados do 112 maniféstanse a prol de melloras laborais
Añadir a Del.icio.us la noticia Empregados do 112 maniféstanse a prol de melloras laborais
Añadir a Menéame la noticia Empregados do 112 maniféstanse a prol de melloras laborais
Chuza esta noticia imprimir recomendar Aumentar texto Reducir texto
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade