Galicia Hoxe
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
 
Google
Portada  |   Portada en PDF  |   Hemeroteca  |   RSS  RSS Martes 09.02.2010  |  Actualizado 13.08
Hemeroteca 
atrás Añadir a Yahoo la noticia Mandianes avoga porque Halloween recupere o Samaín

Añadir a Del.icio.us la noticia Mandianes avoga porque Halloween recupere o Samaín

Añadir a Menéame la noticia Mandianes avoga porque Halloween recupere o Samaín

Chuza esta noticia imprimir recomendar Aumentar texto Reducir texto

Mandianes avoga porque Halloween recupere o Samaín

30.10.2006 O que hoxe denominamos co nome en inglés non é unha mera adopción de costumes alleos, senón unha adaptación consumista do rito celta do Samahaim, baleirado do seu contido simbólico. Mandianes reclama recuperar a tradición galega do día de Defuntos, onde tamén había cabazas

REDACCIÓN E AXENCIAS

Tradición ou novidade importada? Fronte ós que consideran Halloween unha mera adopción de costumes alleos, algúns estudosos deféndena porque ven nesta festa unha adaptación do rito ancestral celta do Samahaim, iso si, aderezado dunha forte dose de consumismo.

É a opinión do antropólogo e escritor Manuel Mandianes, da Institución Milá i Fontanals do CSIC, para quen Halloween non é máis que a actualización do Samahaim, unha das catro festas celtas por antonomasia. As outras tres serían o Imbolc a primeiros de febreiro, Beltene, a primeiros de maio, e Lugnasad, a primeiros de agosto.

Os celtas celebraban a primeiros de novembro o ritual da morte do rei, que simbolizaba a morte de toda a colectividade, para o que realizaban celebracións que terminaban nunha "borracheira pantagruélica" de cervexa, en palabras de Mandianes.

O festexo, que se axustaba ó calendario lunar celta distinto do romano (solar), tiña lugar na época das últimas sementas. A tradición europea do día de Todos os Santos resulta da cristianización desta festa por parte de Gregorio IV no século IX, e San Odilo, abade do mosteiro de Cluny, que engadiu un século máis tarde a celebración do 2 de novembro, como a do día dos Fieis Defuntos.

Con todo, a tradición celta seguiu viva, tamén en España, nalgúns costumes que chegaron ata nós como o magosto na Galiza, a castañada en Cataluña ou a mauraca nas Alpuxarras, asegura Mandianes. "En orixe, estas celebracións facíanse fóra dos espazos urbanos", onde "os vivos enmascarados visitaban aos mortos".

Para Mandianes, Halloween é "o entroido ó revés, por moito que o tingamos e o queiramos esquecer". En Entroido, unha celebración de indubidable orixe funeraria, son os enmascarados"os que visitan os vivos e no Samahaim os vivos intérnanse no mundo dos mortos.

Malia estar de acordo coa recuperación da festa na súa esencia, Mandianes discrepa de que se denomine Halloween (do inglés antigo All hallow’s eve, ou Véspera Santa) e defende a volta ao nome orixinal de Samahaim.

Con todo, advirte de que "queiramos ou non queiramos estamos propiciando a invasión cultural de Estados Unidos", porque, aínda que a celebración como tal non sexa unha invasión, "si o é o xeito en que se festexa ou se llelo transmite ós nenos nas escolas".

Ao seu xuízo, converteuse nunha ocasión de consumo "que non se diferencia nada da festa do marisco ou da empanada", é dicir, "cascas baleiras" porque "o seu contido simbólico" e antigo esqueceuse. E que pinta en todo isto a cabaza? Mandianes está convencido de que se trata dunha máscara, unha caveira, aínda que na actualidade non se faga mención a iso e se adoi-
te desestimar a tradicional procedencia.

No actual "atrezzo" de Halloween, este froito fai referencia á lenda dun Jack a quen lle prohibiron a entrada ó Ceo e tamén ó Inferno e paseábase cunha lanterna feita cun repolo ou un nabo oco cun carbón ardente dentro, que posteriormente foi cambiado por unha cabaza.

Con todo, Mandianes recorda que na Galiza se colocaban nos cruzamento de camiños cabazas con luces no seu interior que se reflectían como os ollos da caveira.

Con ocasión do Día de Defuntos, na Galiza tradicionalmente deixouse un oco na mesa ou racións de comida para os defuntos ata facer colares coas castañas novas. A festa de Santos ten na Galiza un senso moi particular, iso non ten dúbida. Os veciños de Cedeira celebran a noite de Santos desde hai anos grazas á recuperación do Samaín por parte da asociación cultural Chirlateira, propiciando que centos de persoas, nenos na súa meirande parte, saian á rúa con cabazas talladas en forma de caveira cunha vela acendida no seu interior.

No Concello da Illa de Arousa, os nenos érguense antes de que saia o sol e percorren as rúas e tendas o día 1 de novembro pedindo cunha algarada tradicional: "unha limosniña polos defuntiños que van alá".

Todas estas celebracións fan perdurar o rito do máis vello dos rituais: a mesma morte, que na Galiza ten unha fonda impronta.

comentario [ 1 ]

O costume é galego, o nome nom

Tomás
31.10.2006 14.43
Está bem que esta tradiçom meio perdida se recupere e se reintegre nos tempos novos, mas o nome de "Samaín" ou "Samahaim" está colhido de Irlanda; aqui é o Dia de Santos. Se nom gostamos do nome tradicional podemos colher o equivalente céltico galaico-lusitano (máis antigo que o irlandês), que é SÁMANOS (de onde ven o nome do actual lugar de Samos) e que significou "assembleia" (de vivos e mortos) ou juntança; e isto é o que é, umha reuniom de vivos e mortos, o dia no que os mortos estam convidados à nossa mesa.

Escribe tu comentario

Alias

Clave

Para escribir tus comentarios en las noticias, necesitas ser usuario registrado. Si no lo eres regístrate ahora

Título

Comentario

www.elcorregallego.es no se hace responsable de las opiniones de los lectores
y eliminará los comentarios considerados ofensivos o que vulneren la legalidad.

 
atrás Añadir a Yahoo la noticia Mandianes avoga porque Halloween recupere o Samaín

Añadir a Del.icio.us la noticia Mandianes avoga porque Halloween recupere o Samaín

Añadir a Menéame la noticia Mandianes avoga porque Halloween recupere o Samaín

Chuza esta noticia imprimir recomendar Aumentar texto Reducir texto
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade