Galicia Hoxe
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
 
Google
Portada  |   Portada en PDF  |   Hemeroteca  |   RSS  RSS Martes 09.02.2010  |  Actualizado 13.08
Última Hora 
atrás Añadir a Yahoo la noticia 'Ceivar' informará do xuízo dos dous independentistas presos pola bomba nun caixeiro en Santiago en 2005 Añadir a Del.icio.us la noticia 'Ceivar' informará do xuízo dos dous independentistas presos pola bomba nun caixeiro en Santiago en 2005 Añadir a Menéame la noticia 'Ceivar' informará do xuízo dos dous independentistas presos pola bomba nun caixeiro en Santiago en 2005 Chuza esta noticia imprimir recomendar Aumentar texto Reducir texto

CAMPAÑA

'Ceivar' informará do xuízo dos dous independentistas presos pola bomba nun caixeiro en Santiago en 2005

16.15h. Uxío Caamaño e Xiana Rodríguez levan en prisión tres anos e serán xulgados o 3 e 4 de novembro na Audiencia Nacional

EUROPA PRESS. SANTIAGO

O Organismo Popular Anti Repressivo Ceivar anunciou hoxe que comezará unha campaña informativa por toda Galicia para denunciar a situación dos independentistas galegos Uxío Caamaño Santiso e Xiana Rodríguez Gómez, que serán xulgados os próximos 3 e 4 de novembro na Audiencia Nacional.

Os dous independentistas galegos foron detidos o 23 de xullo de 2005 tras colocar supostamente un artefacto explosivo na sede central de Caixa Galicia de Santiago de Compostela, que provocou numerosos danos, tras o cal o xuíz decretou o seu ingreso incondicional en prisión. 

O responsable nacional de Ceivar, Joám Peres, explicou hoxe que a Xiana Rodríguez lle imputan dous delitos polos que piden 19 anos de prisión para ela, mentres que para o vigués Uxío Caamaño solicitan 21 anos de cárcere.

En concreto, están acusados dun delito de terrorismo en relación con estragos ou incendio, tenza de explosivos pola colocación do artefacto e roubo e uso de vehículo a motor. Ademais, a Uxío Caamaño tamén se lle acusa de falsificación de documento oficial, xa que no momento da detención tiña no seu poder un documento de identidade alterado.

Peres comentou que editaron uns 3.000 carteis e 60.000 follas informativas que distribuirán en centros de traballo, colexios, feiras e outros lugares para "dar a coñecer que hai dúas persoas que se enfrontan a condenas de 19 e 21 anos de cárcere", que serán xulgadas na Sala do Penal da Audiencia Nacional, presidida polo xuíz Javier Gómez Bermúdez. 

Ceivar denunciou, así mesmo, que "o tipo de garantías que ofrece o Tribunal son moi mínimas" porque se trata, ó seu xuízo, "dun Tribunal político especial", que xustificou na "adxectivación danos terroristas" para referirse ó "incidente" do caixeiro.

Neste sentido, Ceivar destacou que os anos de cárcere solicitados son "desorbitados" por destruír un caixeiro cando, segundo apuntou Peres, "por delitos contra a saúde pública, homicidio e pederastia se piden penas moi inferiores".

Joám Peres recordou que os dous independentistas galegos levan máis de "tres anos en prisión sen xuízo, a centos de quilómetros" de Galicia, xa que Xiana Rodríguez se atopa en Ávila e Uxío Caamaño no Porto de Santa María (Cádiz). "A dispersión é unha medida política e aplícase a presos políticos", recalcou.

Ceivar tamén criticou hoxe a "desatención sanitaria" destes presos, así como o "roubo de pertenzas" e "agresións por parte de funcionarios".

Con todo, ademais da campaña informativa que desenvolverá antes do xuízo, Ceivar informou de que dous autobuses partirán dende Galicia -un dende a ruta A Coruña-Santiago-Lugo e outro de Vigo-Ourense- para "arroupar a Uxío e Xiana" en Madrid.

comentarios

Escribe tu comentario

Alias

Clave

Para escribir tus comentarios en las noticias, necesitas ser usuario registrado. Si no lo eres regístrate ahora

Título

Comentario

www.elcorregallego.es no se hace responsable de las opiniones de los lectores
y eliminará los comentarios considerados ofensivos o que vulneren la legalidad.

 
atrás Añadir a Yahoo la noticia 'Ceivar' informará do xuízo dos dous independentistas presos pola bomba nun caixeiro en Santiago en 2005 Añadir a Del.icio.us la noticia 'Ceivar' informará do xuízo dos dous independentistas presos pola bomba nun caixeiro en Santiago en 2005 Añadir a Menéame la noticia 'Ceivar' informará do xuízo dos dous independentistas presos pola bomba nun caixeiro en Santiago en 2005 Chuza esta noticia imprimir recomendar Aumentar texto Reducir texto
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade