| ||||||||||||||
As características do seu avance publícanse esta semana na revista científica Nature, en concreto na edición que leva a data de onte. Os creadores desta tecnoloxía, chamada microscopía amplificada de codificación de tempo serial (Steam, segundo as súas siglas en inglés), esperan que a cámara teña aplicación nos ámbitos biolóxico e médico. O disparador do dispositivo, desenvolvido polo equipo de Keisuke Goda, ten unha velocidade de 44 picosegundos e unha velocidade de fotogramas de 163 nanosegundos, polo que supera con facilidade as cámaras convencionais baseadas nos dispositivos de carga interconectada (CCD). A diferenza clave é que non se utiliza CCD. No canto diso, as imaxes bidimensionais amplifícanse e detéctanse cun detector de luz dun único píxel e despois captúranse cun osciloscopio. Debido a que a cámara amplifica as imaxes ópticas, supéranse os inconvenientes fundamentais entre a sensibilidade da imaxe e a taxa de fotograma que limita a tecnoloxía CCD. Ademais, a diferenza doutros métodos de imaxes de alta velocidade, o novo sistema non require arrefriado ou unha iluminación de alta intensidade. Para demostrar o potencial e a viabilidade desta creación, os autores recolleron satisfactoriamente imaxes en tempo real dun torrente de microfluídos, así como tomas dunha intervención médica realizada con láser. Aínda que a actual resolución máxima das imaxes obtidas pola cámara é duns 2.500 píxeles, Goda pensa que se poderá mellorar no futuro conforme avancen as investigacións. A cámara deseñada polos investigadores da Universidade de California nos Ánxeles podería ser empregada para facer estudos de combustión, corte con láser e calquera outro sistema que cambie con rapidez e de xeito impredicible, e na opinión de Goda podería ser de utilidade para calquera científico que necesite para os seus traballos un aparello semellante. Keisuke Goda salientou ademais o feito de que o sistema agora presentado utiliza unha tecnoloxía electrónica simple, que xa os elementos que o compoñen se comercializan en parte, polo que a adaptación para a nova finalidade sería sen dúbida máis fácil que se houbese que partir de cero. Con todo, a chegada do invento ó mercado seguramente non será por iso moito máis rápida, xa que adaptar tecnoloxías a un proceso industrial acostuma ser un proceso longo e custoso. Na web de internet www.nature.com/news poden verse imaxes relativas á tecnoloxía desenvolvida así como información complementaria sobre a noticia e mesmo un vídeo sobre o funcionamento. A información tamén foi recollida na edición en papel da publicación e mais noutros medios especializados en tecnoloxía coma a revista Wired ou na web de ciencia da cadea británica BBC A web de Keisuke Goda, quen dirixiu os investigadores responsables do achado: http://www.ee.ucla.edu/~goda comentariosEscribe tu comentariowww.elcorregallego.es no se hace responsable de las opiniones de los lectores |
||||||||||||||
|
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade © 2010 www.galicia-hoxe.com
Tódolos dereitos reservados. Prohibida a reproducción total ou parcial do contido sen a expresa autorización do propietario. |
||||||||||||||