Galicia Hoxe
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
 
Google
Portada  |   Portada en PDF  |   Hemeroteca  |   RSS  RSS Martes 09.02.2010  |  Actualizado 13.08
Eleccións 
atrás Añadir a Yahoo la noticia Manuel Vázquez, novo branco do PPdeG, que pide a súa marcha xunto á de Quintana
Añadir a Del.icio.us la noticia Manuel Vázquez, novo branco do PPdeG, que pide a súa marcha xunto á de Quintana
Añadir a Menéame la noticia Manuel Vázquez, novo branco do PPdeG, que pide a súa marcha xunto á de Quintana
Chuza esta noticia imprimir recomendar Aumentar texto Reducir texto

Pagar en 45 días ás firmas que traballen para a Xunta

Manuel Vázquez, novo branco do PPdeG, que pide a súa marcha xunto á de Quintana

Feijóo esíxelle ó cabeza de lista socialista por Ourense “explicacións inmediatas” sobre a suposta “fraude á facenda local” por unhas obras na súa casa. “Doullas cando queira no xulgado”, dixo o conselleiro de Medio Ambiente, tras recordar a súa relación con Carrera

AXENCIAS SANTIAGO V. OLIVEIRA

Alberto Núñez Feijóo, esquerda, xunto a Conde Roa, proba un churro nun posto ambulante do mercado de Salgueiriños en Santiago
Alberto Núñez Feijóo, esquerda, xunto a Conde Roa, proba un churro nun posto ambulante do mercado de Salgueiriños en Santiago
A 24 horas de que peche oficialmente a carreira polas urnas, a campaña enlódase a cada minuto. Se o mércores foi a quenda de Anxo Quintana, cuxa xestión á fronte da Xunta foi cuestionada tras a publicación dunha fotografía no iate dun coñecido empresario, onte tocoulle ó cabeza de lista socialista por Ourense e actual conselleiro de Medio Ambiente, Manuel Vázquez, quen, segundo un xornal de tirada nacional, incorreu nunha presunta fraude á facenda local ó remodelar a súa vivenda cun permiso para retellar a casa. De acordo con esta información, Vázquez aboaría os 80 euros do permiso para retellar a pesar de facer obras de maior envergadura. Esta información foi aproveitada polo PPdeG, quen pediu a súa retirada das listas e a súa dimisión como conselleiro. O candidato popular á Xunta, Alberto Núñez Feijóo, reclamoulle unha explicación e pediulle a Emilio Pérez Touriño, que aclare se vai manter a Vázquez como cabeza de cartel ourensán tras a súa "presunta fraude á facenda local" e "flagrante incumprimento" da normativa urbanística.

O político ourensán non tardou en contestar ó ataque, comunicándolle a Feijóo que "lle dará as explicacións que queira no xulgado". Vázquez díxolle a Efe que "o único probado e constatado é que Feijóo é o candidato e presidente do partido da corrupción en Galicia" e considerou que é el "quen ten que darlles explicacións a todos os ourensáns sobre a súa relación e a de Baltar con Luis Carrera, relacionado con evasión de impostos e paraísos fiscais".

Feijóo volveu facer referencia á fotografía de Quintana cun dos maiores beneficiados polo concurso eólico, Jacinto Rey, asegurando que a imaxe "sementou dúbidas sobre a honorabilidade do vicepresidente", para reiterar que, de confirmárense as dúbidas, o nacionalista debería ser destituído. Unha postura que concorda coa do líder do PP, Mariano Rajoy: "Un dirixente político non pode facer iso", dixo. "Vimos un vicepresidente embarcado nun iate cun empresario ó que se lle deron importantes adxudicacións eólicas que motivaron moita disputa e moito escándalo", proseguiu para insistir en que "aínda" espera "unha explicación".

 

Pagar en 45 días ás firmas que traballen para a Xunta

No penúltimo día de campaña, Feijóo achegouse ó mercado de Salgueiriños en Santiago, onde se comprometeu a pagarlles "nun máximo de 45 días" ás empresas que presten servizos á Xunta co propósito de que non cobren "tarde e mal". O obxectivo: solucionar as principais consecuencias da crise económica como son a falta de liquidez e a elevada morosidade. Co obxectivo de reactivar o consumo, reiterou o seu compromiso de revisar a política fiscal, a través de tres medidas: a supresión do imposto de sucesións, a rebaixa do tramo autonómico do IRPF e do imposto de transmisión patrimonial e o de actos xurídicos ás familias numerosas e ós menores de 35 anos para facilitar o seu acceso vivenda.

Os populares ameazan as mariscadoras de Rianxo na praia para que cesen nas súas reivindicacións

As mariscadoras de a pé de Rianxo recibiron onte a visita de Rosa Quintana, número 10 nas listas do PP por Coruña e do concelleiro do PP en Vilagarcía, Juan Maneiro, que baixaron até os mesmos areais acompañados do patrón maior da confraría rianxeira, Baltasar Rodríguez. Coa escusa de comprobar in situ o conflito que 80 mariscadoras manteñen dende hai meses coa súa directiva e outras 20 traballadoras máis co mandatario do pósito coruñés ao negarse a vender o seu marisco co sistema de monte maior -que consiste no repartimento de beneficios a partes iguais e que ademais foi declarado ilegal por Pesca- os representantes populares ofreceron un espectáculo deplorable de caciquismo. Unha das traballadoras dirixiuse a eles increpándoos por facer política dun tema que leva meses a xerar moita tensión no Concello, ante o que Maneiro e Quintana responderon: "Señora, non se meta en follóns senón non lle levamos o marisco á lonxa". Dito e feito. A presidenta das mariscadoras, Vicenta González, negouse onte a transportar o marisco destas 80 traballadoras que se viron obrigadas a levar ao lombo as súas colleitas durante máis dun quilómetro até a lonxa de Rianxo.

Pero as coaccións non acaban aí. Onte mesmo, coñecían por boca dos propios compradores do seu marisco que o patrón maior, Baltasar Rodríguez -fiel á súa actitude autoritaria- os chamara para que poxaran á baixa a ameixa e berberecho que venden na lonxa as 80 mulleres que se negan a seguir co ilegal monte maior. Esta estratexia de coacción únese a actitudes como a da propia presidenta das mariscadoras, Vicenta González -que o propio delegado da Xunta en Ribeira, Enrique Martínez Pedrosa, cualificou como "abuso de poder"- que se opón a convocar unha asemblea para aprobar o único sistema de explotación legal a día de hoxe: a venda individual. Algo que dende o luns están obrigadas a facer as vinte mariscadoras da agrupación que até o de agora se aferraban ao monte maior, segundo din, acatando un documento enviado dende a Xunta que non fixeron público. De todas estas actuacións, as 80 mariscadoras que se están vendo presionadas deron parte a Inspección Pesqueira e tamén recibiron o apoio da Xunta, aínda que nada xustifica que o PP , apoiando un sistema de explotación ilegal, veña a Rianxo a ameazalas con abrirlles expedientes sancionadores. Continuará.

comentarios

Escribe tu comentario

Alias

Clave

Para escribir tus comentarios en las noticias, necesitas ser usuario registrado. Si no lo eres regístrate ahora

Título

Comentario

www.elcorregallego.es no se hace responsable de las opiniones de los lectores
y eliminará los comentarios considerados ofensivos o que vulneren la legalidad.

 
atrás Añadir a Yahoo la noticia Manuel Vázquez, novo branco do PPdeG, que pide a súa marcha xunto á de Quintana
Añadir a Del.icio.us la noticia Manuel Vázquez, novo branco do PPdeG, que pide a súa marcha xunto á de Quintana
Añadir a Menéame la noticia Manuel Vázquez, novo branco do PPdeG, que pide a súa marcha xunto á de Quintana
Chuza esta noticia imprimir recomendar Aumentar texto Reducir texto
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade