Galicia Hoxe
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
 
Google
Portada  |   Portada en PDF  |   Hemeroteca  |   RSS  RSS Lunes 21.01.2008  |  Actualizado 20.53
Vivir Hoxe Galicia 
atrás Añadir a Yahoo la noticia Malpica tamén berra contra o plan acuícola Añadir a Del.icio.us la noticia Malpica tamén berra contra o plan acuícola Añadir a Menéame la noticia Malpica tamén berra contra o plan acuícola Chuza esta noticia imprimir recomendar Aumentar texto Reducir texto

PISCIFACTORÍAs

Malpica tamén berra contra o plan acuícola

A Costa da Morte maniféstase contra o proxecto que quere condenar Seiruga e acusa a Xunta de "hipotecar o litoral"

J. M. RAMOS . MALPICA

Os manifestantes percorreron as rúas de Malpica para pedir modificacións no Plan Acuícola FOTO: RAMÓN BUSTO
Os manifestantes percorreron as rúas de Malpica para pedir modificacións no Plan Acuícola
FOTO: RAMÓN BUSTO
Se isto non se amaña, ¡caña, caña...!" Esta foi unha das numerosas consignas coreadas onte en Malpica de Bergantiños, onde máis de medio milleiro de persoas manifestáronse en contra do plan acuícola deseñado pola Consellería de Pesca, e en especial, contra a inclusión neste da área de Seiruga.

Ademais de veciños de Malpica, uniformados con camisetas de cor laranxa, entre os manifestantes resaltaban tamén as de cor azul, que vestían os de Merexo (Muxía), e as verdes dos de Camelle (Camariñas) que, unha vez máis volveron unir as súas voces en contra da localización de piscifactorías nas súas respectivas localidades.

A eles sumáronse tamén representantes do colectivo ecoloxista Verdegaia e de todos os grupos políticos de Malpica, entre eles o alcalde, o socialista Ramón Varela que a semana pasada intentou en balde convencer a conselleira para que Seiruga se excluíse do Plan.

A marcha partiu da casa consistorial e dirixiuse ó porto, concluíndo unha hora despois. Durante esta oíronse peticións de dimisión a Touriño e Gallego, á que acusaban nas pancartas de deseñar "un plan hipotecario para a costa".

A presidenta e o portavoz da plataforma Seiruga Limpa, Irene Muíño e Alfonso Vidal, antes de disolver a concentración, acusaron a Xunta de deseñar un Plan Acuícola que "é un feixe de mentiras", xa que mentres a Administración autonómica afirma que se van crear 2.800 postos de traballo en Galicia, "as empresas din que só serán 1.200". No caso de Seiruga, engadiron, "ó noso alcalde dixéronlle que serían 50, e se facemos o cálculo polo plan serían 127". Cren así mesmo que se está "especulando" cos terreos, pois, segundo Vidal, en Mougás pagáronse terreos a 30 euros o metro cadrado, "mentres que aquí só valen seis, en Merexo nada, e en Camelle unha miseria". Entre as razóns que veñen esgrimindo os veciños para oporse á construción dunha granxa acuícola en Seiruga está o impacto visual e ambiental nunha zona con gran potencial turístico.

O DATO

Concentracións ante Pesca

A plataforma Seiruga Limpa ten previsto continuar coas súas mobilizacións. Anuncian concentracións ante a Consellería de Pesca mentres a súa titular, Carmen Gallego, se negue a recibilos.

comentarios

Escribe tu comentario

Alias

Clave

Para escribir tus comentarios en las noticias, necesitas ser usuario registrado. Si no lo eres regístrate ahora

Título

Comentario

www.elcorregallego.es no se hace responsable de las opiniones de los lectores
y eliminará los comentarios considerados ofensivos o que vulneren la legalidad.

 
atrás Añadir a Yahoo la noticia Malpica tamén berra contra o plan acuícola Añadir a Del.icio.us la noticia Malpica tamén berra contra o plan acuícola Añadir a Menéame la noticia Malpica tamén berra contra o plan acuícola Chuza esta noticia imprimir recomendar Aumentar texto Reducir texto
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade