Galicia Hoxe
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
 
Google
Portada  |   Portada en PDF  |   Hemeroteca  |   RSS  RSS Martes 09.02.2010  |  Actualizado 05.00
Vivir Hoxe Galicia 
atrás Añadir a Yahoo la noticia En Galicia dórmese 50 minutos menos ó día que no resto da UE por non usar a hora de Londres Añadir a Del.icio.us la noticia En Galicia dórmese 50 minutos menos ó día que no resto da UE por non usar a hora de Londres Añadir a Menéame la noticia En Galicia dórmese 50 minutos menos ó día que no resto da UE por non usar a hora de Londres Chuza esta noticia imprimir recomendar Aumentar texto Reducir texto

polémica co fuso

En Galicia dórmese 50 minutos menos ó día que no resto da UE por non usar a hora de Londres

Ó Bloque sáelle un inesperado aliado, Ignacio Buqueras: "Seguir o horario de Berlín prexudícanos e, por enriba, é machista" ·· “No traballo hai que cambiar a cultura da presenza pola cultura da eficiencia, non hai que botar máis tempo, senón aproveitalo mellor”

A. LOSADA. SANTIAGO

Ignacio Buqueras, presidente da Comisión para uns horarios racionais
Ignacio Buqueras, presidente da Comisión para uns horarios racionais
Ignacio Buqueras y Bach é o presidente da Comisión nacional para a racionalización dos horarios españois e a sua adecuación ó ambito europeo, un organismo creado para lograr que os españois teñan unha "mellor disposición do seu tempo". A piques de se celebrar o I Congreso desta comisión, onde se estudará como adaptar o Estado a un ritmo de vida máis europeo, Buqueras apoia a proposta do BNG para atrasar os reloxos unha hora.

 

¿Está de acordo en que Galicia debería ter unha hora menos, como Canarias?

Estou moi de acordo en que, se miramos un mapa de fusos horarios, a situación de España, non só de Galicia, está moito máis preto da liña que é Canarias, Portugal, Inglaterra... por onde pasa o Meridiano de Greenwich, que da que pasa por Alemaña. Non obstante, en vez de ter a hora de Londres, temos a de Berlín, e non debería ser así. Iso pode defenderse con datos.

 

Pero ¿o caso galego é máis notable?

Indubidablemente, porque Galicia está máis o oeste. Pero tamén é absurdo que Madrid, que está no mesmo meridiano que Londres, teña a hora de Berlín e de Varsovia. As propias cidades mediterráneas españolas están moito máis preto de Portugal que de Alemaña. O cambio ten que ser en todo o territorio.

 

¿Que vantaxes achegaría?

Por unha parte, teríamos un aforro enerxético, porque aproveitariamos mellor as horas de sol. Tamén sería un paso para implantar uns horarios máis racionais en España. Queremos ir máis aló de atrasar os reloxos, precisamos uns horarios máis racionais, que nos permitan eliminar moitos problemas.

 

¿Que problemas?

Por exemplo, en España durmimos 50 minutos menos diariamente que en Europa, de media, e isto, sen lugar a dúbidas, incide na nosa sinistralidade. España é o país europeo con máis accidentes laborais e de tráfico, e é cuestión de sentido común que unha persoa que non dorme o suficiente ten máis posibilidades de ter un accidente que outra que vai descansada e relaxada.

 

Mal nolo pinta...

Tamén son uns horarios especialmente machistas, froito dunha época en que o home traballaba fóra da casa e a muller dentro dela. Pero isto xa non ten sentido dende que as donas se incorporaron ó mercado de traballo, porque se as obriga a escoller entre ter as mesmas aspiracións laborais que os homes ou formar unha familia, así que é a grande prexudicada.

 

¿Cal é a solución?

Ter uns horarios flexibles de entrada e de saída, que a xornada non remata máis aló das seis da tarde, cunha pausa ó mediodía de 45 minutos ou dunha hora para comer, tempo máis que de sobra para tomar unha dieta sa mediterránea. Para o 80% dos cidadáns, sería o horario máis humano e máis europeo, pero hai que ter en conta, claro está que determinados servizos teñen que estar sempre dispoñibles, como os hospitais, a Policía...

 

¿Por onde habería que empezar a estender este cambio?

O primeiro, entre nós mesmos. Temos que entender o valor do tempo, temos que deixar de malgastalo. Iso pasa por ser puntuais, non como cortesía, senón como esixencia ética. Ou por desterrar os hábitos laborais absurdos, como que sexa máis importante estar no traballo que traballar. Por exemplo España é o país europeo onde máis reunións laborais se celebran, sen hora de inicio nin de final, e a maoiría só serven para perder o tempo. Hai que cambiar a cultura da presenza pola cultura de eficiencia, non é cousa de botar máis horas, senón de aproveitalas máis. Estas cousas non dependen dos alcaldes nin da Xunta, senón dos cidadáns.

 

¿De onde veñen estes horarios tan anómalos?

Pois, curiosamente, se repasamos a historia de España, vemos que ata os anos 20 ou 30 do século pasado, hai menos de cen anos, os nosos horarios eran similares ós europeos. Vese nos relatos costumistas e nos xornais, comíase á unha do mediodía e cenbase entre as sete e as oito da tarde, que é o normal.

 

Hai quen di que o horario español é un trazo cultural...

O noso é unha singularidade dentro de Europa, pero non é algo simpático, senón que nos converte nun país terceiromundista, que non respecta os horarios, e iso é unha carga moi negativa no mundo globalizado do século XXI. A algúns pódelles parecer que "España é diferente", pois si, pero terceiromundista.

A HISTORIA

Uns parámetros centenarios

¿De onde veñen os fusos horarios? Pois da Conferencia Internacional do Meridiano, celebrada en Wáshington en 1884, na que 25 países, entre eles España estableceron que o meridiano de Greenwich sería o referente mundial para os horarios e debuxaron os 24 fusos actuais, separados entre si por 15 graos de latitude. Nese mapa, a España correspóndíalle a hora de Greenwich, pero "absurdamente", segundo Buqueras, aliñouse con Alemaña.

comentario [ 1 ]

Parabéns

g4l3g0
07.12.2006 18.40
Parabéns, esperamos as desculpas de todos os espanholistas que atacárom o Bloco desde a ira e a irracionalidade. E reconheçam que por uma vez os pérfidos separatistas anti-espanhóis levam razóm e nom os gurus mediáticos da ultra-direita madrilena, tolos por evitar que se rompa "Espanha". O nacionalismo espanhol irrita-se tam facilmente, incluso quando o nacionalismo galego lhe bota uma ajudinha para fazermos um melhor país.

Escribe tu comentario

Alias

Clave

Para escribir tus comentarios en las noticias, necesitas ser usuario registrado. Si no lo eres regístrate ahora

Título

Comentario

www.elcorregallego.es no se hace responsable de las opiniones de los lectores
y eliminará los comentarios considerados ofensivos o que vulneren la legalidad.

 
atrás Añadir a Yahoo la noticia En Galicia dórmese 50 minutos menos ó día que no resto da UE por non usar a hora de Londres Añadir a Del.icio.us la noticia En Galicia dórmese 50 minutos menos ó día que no resto da UE por non usar a hora de Londres Añadir a Menéame la noticia En Galicia dórmese 50 minutos menos ó día que no resto da UE por non usar a hora de Londres Chuza esta noticia imprimir recomendar Aumentar texto Reducir texto
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade