| ||||||||||||||
O proxecto de urbanización situado en Punta Festiñanzo, entre as praias de Area de Agra e Areas, constitúe un dos poucos espazos de Sanxenxo conservado durante séculos como zona forestal ata a súa recualificación no ano 2003, coa aprobación do PXOM do municipio. O plan para construír no denominado S.U.9 de Sanxenxo obtivera o 26 de decembro de 2005 un informe desfavorable da Dirección Xeral de Urbanismo polo vial de acceso que se pretendía facer, que afectaba a un paso de servidume. En xullo de 2006, a promotora remitiu un escrito rebatendo o documento. Non obstante, segundo afirma o colectivo veciñal, o silencio administrativo por parte da Xunta permitiu que o Consello da Xerencia de Urbanismo do concello aprobase este mesmo mes o Plan Parcial correspondente, cos votos a favor de PPdeG e PSdeG e a oposición do BNG. A portavoz do PSdeG no concello pontevedrés, Dulcinea Aguín, defendeu o seu posicionamento a favor "ó non existir ningún impedimento para levar adiante esta iniciativa veciñal". Segundo explica Aguín, o PXOM de Sanxenxo foi aprobado no seu momento acorde coa Lei de Costas vixente, sen ningunha oposición por parte da Dirección Xeral. De feito, a portavoz socialista defende o cambio de forestal a urbanizable deste chan por tratarse dunha "iniciativa veciñal" ante unha zona que rexistraba o menor índice de eficabilidade. Para Aguín, a única pega era o vial, "que foi convenientemente modificado coa presentación dunha nova proposta que xa cumpre coa lei". Pola contra, dende o BNG, Roberto Fernández cualificou esta urbanización de "desfeita", por situarse"nunha zona enriba do mar".
As obras comezarán no prazo de dous anos Está previsto que as obras comecen en dous anos, xa que os promotores necesitan estar en posesión de polo menos o 51 por cento do terreo, unha porcentaxe que os veciños ven difícil de conseguir debido á gran cantidade de propietarios existente: ó redor de 686. Dende o colectivo cidadán Salvemos Sanxenxo, denuncian a existencia de ameazas a determinados veciños para obrigalos a vender as súas leiras e mesmo cren na intencionalidade dos incendios que afectou a esa zona neste verán. Os veciños sospeitan dunha "man negra", porque segundo indican, o propio PXOM de Sanxenxo prevé que, á hora de edificar a zona de Punta Festiñazo, cómpre seguir certas medidas como realizar un inventario de arborado previo para que, no caso de que existan especies autóctonas ou árbores de gran valor, deberán conservarse. O DATONon ás 3.000 vivendas de luxo no campo de golf de Monte Faro O colectivo veciñal Salvemos Sanxenxo emprenderon tamén unha campaña en contra das 3.000 vivendas de luxo que se construirán en torno ó polémico campo de golf de Monte Faro. Os veciños denuncian os 900 millóns de euros que se obterán despois de que os construtores vendan en 4.000 euros os metros de terreo que mercaron os seus propietarios por 40 antes de que se permitise edificar. Salvemos Sanxenxo recorda que este complexo está ligado a políticos populares: Vicente Cotino Ferrer e Vicente Cotino Escrivá, irmán e sobriño do conseller de Agricultura da Generalitat de Valencia e ex director da Policía, e que os terreos foron recualificados polo ex alcalde popular Telmo Martín.
AS CLAVESPrevén uns 7.000 novos fogares Greenpeace denunciou no seu informe sobre o litoral español que o de Pontevedra é onde se concentra a maior cantidade de urbanizacións de Galicia, alentado polo bo clima do que goza. En concreto, segundo recolle o informe, en Sanxenxo aprobouse a construción de máis de 1.200 vivendas, imcumprindo as directrices sobre densidade e formación de pantallas arquitectónicas da Lei de costas e da Lei de ordenación urbanística e do medio rural de Galicia. Así mesmo, o novo PXOM da localidade prevé a construción de 7.000 vivendas máis (un 82% das actuais). Alteracións nesta paisaxe Dende o Colexio de Arquitectos de Galicia (COAG) demandan medidas para ordenar e protexer os espazos do litoral que contan cun alto valor natural e paisaxístico, xa que son "un dos eixes irrenunciables para o futuro do desenvolvemento económico e social de Galicia". Seguindo estes criterios, Salvemos Sanxenxo denuncian a grave alteración morfolóxica e paisaxística do cabo onde se prevé construír a urbanización, protexido como zona forestal polo seu alto valor natural. Alertan do alto custo das casas Os portavoces da oposición de Sanxenxo, Roberto Fernández Lores (BNG) e Dulcinea Aguín Pombo (PSdeG) aseguraron onte que o municipio está experimentando unha marcha da súa poboación, principalmente de mozas, que non pode facer fronte ó "elevado" custo que lles supón construír ou adquirir unha vivenda. Fernández Lores manifestou que os mozos de Sanxenxo están comprando as vivendas en concellos limítrofes, unha visión que foi confirmada pola súa compañeira socialista.
comentarios [ 2 ]VECIÑA que solicitou o S.u??
Carlos
27.01.2007 12.34
VECIÑA que solicitou o S.u.en Festiñanzo??
José Manuel Otero Rey e 7 empresas máis. non son veciños verdad?? Outra cousa é que os veciños cedan as súas chantaxes e prefiran os cartos ou unha casa en Festiñanzo antes que a expropiación como sucede con 600 propietarios en Monte Faro según informa Salvemos Sanxenxo. Isto é problema da figura do Axente Urbanizador que tantos problemas deu no Levante a Español: Información: Que son os zaos ou S.u.? Esta é a explicación, que convén ler con calma, de que é e que fai un axente urbanizador nos S.u.: O axente urbanizador, que a lei galega denomina concesionario de obra pública . Trátase dun promotor inmobiliario, escollido por cada concello mediante un concurso, para construír edificios ou chalés nunha ampla zona urbanizable (S.U.) Unha vez comprobada a súa solvencia, calculado o prezo dos solares trala recalificación e presentado o proxecto de urbanización, o axente ha de esperar dous anos (durante os que debe negociar compras cos propietarios das leiras) antes de poder expropiar.(isto é o que esta ocurrindo en Festiñanzo S.u.9,Faro...) Dous anos logo de obter a adxudicación dunha urbanización, o citado axente ten potestade para expropiar leiras e casas, con ou sen o acordo dos propietarios. A cambio, o promotor ten a obrigación de abonar unha indemnización -o prezo calculado para cada propiedade- a cada particular, quen terá facultade para escoller se cobra en metálico ou mediante unha parte da obra que se realice. • Que é unha Xunta de Compensación? O proceso adoita comezar cando o Concello decide que nunha determinada zona pódese construír unha urbanización e establece que tipo de sistema utilizarase. Un dos máis habituais é o da xunta de compensación. As empresas van comprando terreos ata obter polo menos o 51% da superficie que necesitan. Despois intentan que o resto dos propietarios convértanse tamén en promotores da obra e paguen os gastos das rúas, saneamento e outras instalacións. A cambio poderán recibir unha ou varias vivendas segundo o chan que cedan. Para aqueles que teñan os recursos suficientes para investir, a recalificación dos terreos pode converterse en todo un negocio, pero non todos os afectados teñen diñeiro. E aquí é onde comezan os problemas. Os que non queiran ou poidan sumarse á xunta de compensación serán expropiados. É o Concello o que, segundo a lexislación, debe establecer o Prezo xusto, pero este afástase case sempre dos valores do mercado. Os casos máis sangrantes, aínda que non os máis habituais, ocorren cando hai vivendas por medio. Dous son principalmente as argucias legais empregadas polos municipios, o valor catastral e a denominada vía de urxencia. Gran parte dos expedientes que chegan ao xurado de expropiación -o primeiro tribunal que pode corrixir o prezo marcado e que, de feito, faio a diario- utilizan a cantidade que figura no catastro. Este adoita estar desatualizado, polo que se pode chegar a ofrecer 10.000 euros por unha vivenda. O uso do valor catastral, ademais, non se corresponde co que marca a lexislación sobre expropiacións, que establece un complexo método de cálculo en base ao que se denomina valor residual. • Un axente privado con poderes propios dun xestor público. Un monopolio en lugar dun mercado. Un promotor con poder absoluto sobre un territorio e sobre os seus ocupantes e propietarios. • Nota: No noso concello hai 30 S.u. Mentiras
UNHA VECIÑA
25.01.2007 22.42
Os veciños non son precisamente os que se opoñen a esta urbanización. Foron eles os que pediron cando se elaborou o PXOM que esta zona fose calificada como solo urbanizable. Nesto do urbanismo hai moita hipocresía, todos queren sacar partido e logo botan as mans a cabeza cando se fan os chalés. De feito ata o PSOE apoia esta urbanización.
Escribe tu comentariowww.elcorregallego.es no se hace responsable de las opiniones de los lectores |
||||||||||||||
|
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade © 2010 www.galicia-hoxe.com
Tódolos dereitos reservados. Prohibida a reproducción total ou parcial do contido sen a expresa autorización do propietario. |
||||||||||||||