Galicia Hoxe
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
 
Google
Portada  |   Portada en PDF  |   Hemeroteca  |   RSS  RSS Martes 09.02.2010  |  Actualizado 16.13
Vivir Hoxe Galicia 
atrás Añadir a Yahoo la noticia As aldeas ‘pantasma’ de Galicia
Añadir a Del.icio.us la noticia As aldeas ‘pantasma’ de Galicia
Añadir a Menéame la noticia As aldeas ‘pantasma’ de Galicia
Chuza esta noticia imprimir recomendar Aumentar texto Reducir texto

As aldeas ‘pantasma’ de Galicia

A comunidade, que acumula a metade dos 60.000 núcleos de poboación do Estado, conta con 1.200 abandonados, froito da dispersión e da recesión demográfica. Seis concellos contabilizan máis de 30 aldeas nas que non reside nin un só habitante

JACOBO REY/ AGN

O concello coruñés de Ortigueira é líder en número de “lugares pantasma” segundo os datos do INE
O concello coruñés de Ortigueira é líder en número de “lugares pantasma” segundo os datos do INE
A dispersión poboacional que sofre Galicia tradúcese nun bo número de indicadores, tanto nos quilómetros de pistas sen asfaltar existentes en toda a comunidade, como nas dificultades para levar servizos básicos ás casas situadas nos lugares máis remotos da xeografía galega. Como consecuencia, o número de aldeas ‘pantasma’ segue crecendo sen remedio pese ó lixeiro incremento do número de habitantes empadroados en Galicia, un 0,19% no último ano. Segundo os últimos datos do Instituto Nacional de Estatística (INE), son un total de 1.187 os núcleos nos que a día de hoxe non vive nin un só habitante.

Dentro desta lista de núcleos desertos atópanse lugares que si contaron con residentes estables noutras época, pero que na actualidade se encontran totalmente baleiros. Tal é o caso das Illas Sisargas (en Malpica) ou da Illa de Sálvora, en Ribeira, abandonadas na práctica totalidade do ano tras o regreso a terra dos fareros que as habitaban.

Segundo o INE, en seis concellos galegos o número de aldeas sen residentes empadroados supera a
trintena. Estes datos deixan claro que a tendencia nos últimos anos foi a de seguir incrementándose a cantidade de aldeas baleiras existentes en Galicia. Só no período 2000-2006, esta cifra creceu un 20,2 por cento en Lugo, un 13,1 por cento en Ourense e un 8,9 por cento na Coruña. Pola contra, Pontevedra é a única provincia onde a cifra é practicamente a mesma que a principios de década. Aínda que nalgúns concellos do interior –como Rodeiro, A Estrada ou Silleda– se incrementaron os núcleos deshabitados, noutros como Mos, Gondomar ou Ponteareas reduciuse grazas á chegada de novos veciños e ó crecemento do padrón municipal.

En conxunto, as provincias do norte de Galicia concentran o maior número destas aldeas desertas. Lugo e A Coruña contabilizan 493 e 472 núcleos despoboados cada unha, mentres que en Ourense e Pontevedra esta cifra é de 103 e 119 aldeas, respectivamente.

En parte, a alta cantidade de núcleos de poboación que se contabilizan en Galicia vén determinada polo costume arraigado na comunidade de poñerlle un nome a cada grupo de casas. De feito, dos preto de 60.000 núcleos de poboación existentes en España, a metade atópanse en Galicia. Entre a lista de núcleos de poboación con 0 habitantes figuran nomes en grao sumo tradicional na xeografía autonómica, e que se repiten en boa parte dos concellos galegos, tales como Outeiro, Castro, Sixto ou Cobas.

A esta tradición súmase a existencia de multitude de núcleos relacionados coa relixión e coa presenza de equipamentos destinados ó culto católico. Entre os lugares deshabitados abundan os que se denominan A Igrexa, Iglesia, Eirexa o Eirexe, do mesmo xeito que un importante número de lugares cuxa referencia é a dun santo. Pero o despoboamento das zonas rurais e o envellecemento de boa parte dos seus habitantes tamén está condenando á desaparición doutros núcleos con denominacións peculiares como Parruchas, Ramesquido, Couce Mosquento, As Paxonetas ou A Babilonia. Este último e histórico lugar está situado en Ortigueira, o concello líder en ‘lugares pantasma’ segundo as estatísticas oficiais.

comentarios

Escribe tu comentario

Alias

Clave

Para escribir tus comentarios en las noticias, necesitas ser usuario registrado. Si no lo eres regístrate ahora

Título

Comentario

www.elcorregallego.es no se hace responsable de las opiniones de los lectores
y eliminará los comentarios considerados ofensivos o que vulneren la legalidad.

 
atrás Añadir a Yahoo la noticia As aldeas ‘pantasma’ de Galicia
Añadir a Del.icio.us la noticia As aldeas ‘pantasma’ de Galicia
Añadir a Menéame la noticia As aldeas ‘pantasma’ de Galicia
Chuza esta noticia imprimir recomendar Aumentar texto Reducir texto
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade