| ||||||||||||||
O grelo parece ser unha das obsesións de Solo, pois volven aparecer como tema central doutro vídeo, ó que axeitadamente denominou ‘resistencia culinaria’. Desde a súa cociña, este ‘aleccionador’ mediático defende a "baloca", a "uva" e o pemento galegos fronte ós españois e alértanos dos ‘perigos’ do azucre "español". "Este sucre –asegura– está deseñado para descualificar o pobo galego, co obxectivo de disminuír as nosas forzas para o combate contra o Imperio español". Non obstante, continúa, "o máis importante son os grelos e as nabizas, que debían estar na nosa dieta de xeito diario, se non diario, un día si e outro non, un día grelos e outros nabizas". Todo isto porque os grelos teñen un fondo valor simibólico. "E nós que lles damos", enténdese que ós españois: "grelos". Moitas son as explicacións que nos ofrece este independentista desde a pantalliña de vídeos de YouTube. E os temas son do máis variado. Tras a ‘artillería’ culinaria, atopamos outra xoia: a ‘hixiénica’. En ‘Galiza Limpa’, solo explicamos que o seu sobriño, "pobre rapaciño" foi canda el e confesou que "falara castelán!". Para solucionar o ‘embrollo’, solo recomenda a todo a quel que se vira obrigado a rebaixarse, é dicir, a falar español "non é máis que unha vítima da sociedade española". Para combater o problema, Solo recomenda o seu sobriño e todo aquele que queira escoitalo, que hai que tomar "as medidas hixiénicas adecuadas". Isto non é máis que lavar ben dentes e linguas, "non vaia ser que quede algún resto" e cuspir sobre o lavabo. Esa é a única fórmula. Haberá que preguntarlle a Solo se funciona. O ‘YOUTUBE’ DA TERRATeutubo: vídeos en lingua galega Teutubo está xa en marcha. Para que non coñezan o termo, é a primeira YouTube galega. Está xestionada pola Mediateca da Axencia Audiovisual Galega e recolle os mellores vídeos en lingua galega. Teutubo permite ademais, que nos acheguemos ós ‘nosos’ vídeos do xeito máis ordenado posible pois oferta animación, curtametraxes de ficción actuais, curtametraxes de ficción dos anos 80-0, curtametraxes realizados nas, escolas galegas, documentais, Mestre Mateo 2006, Patrimonio audiovisual galego e videocreación. comentarios [ 2 ]Pois que desesión, meu.
xo
07.03.2007 18.46
Vaia, non vou disir que me caeu un ídolo ó chan, porque desde logho non é o caso; mais, que decepción!
A min tampouco me quita o sono a independencia pero si son independentista carallo! É coma se Losantos quixese reformar o Estatut para ampliarlle a Cataluña o marco competencial; coma se no telediario de Antena 3 fixesen unha crítica á simboloxía franquista... En fin, un pón etiquetas e xa ves o que pasa e despois recibe ostias de realidade. Calquera día ata El Correo Gallego se converte na traducción ó castellano de noticias escritas en galego para o GH. Saudaçons. ai dior mío!
andressolo
24.02.2007 23.30
Síntome alagado por ter sido obxecto de tal artículo, e moi agradecido. Pero sígueme a sorprender infinitamente que tanta xente pense que son independentista cando fago semellantes vídeos. E fago moitos en castelán, e non lavo a lingua co cepiño despois de facelos. Non son antindependentista tampouco, pero non é un tema que me quite o sono. A min, mentras haxa grelos, écheme todo o mesmo.
Moitas grazas e un saudo! Escribe tu comentariowww.elcorregallego.es no se hace responsable de las opiniones de los lectores |
||||||||||||||
|
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade © 2010 www.galicia-hoxe.com
Tódolos dereitos reservados. Prohibida a reproducción total ou parcial do contido sen a expresa autorización do propietario. |
||||||||||||||