| ||||||||||||||
O director xeral de Obras Públicas, Manuel Morato, anunciou onte en Rianxo que o primeiro corte programado será entre a ligazón de Dodro e a de Boiro, duns 21 quilómetros, que se iniciará despois de Semana Santa con duración ata finais de xuño.
Volverá abrirse entre xullo e agosto A vía volverá abrirse ó tráfico en xullo e agosto, no período de maior afluencia turística. Durante ese corte, o tráfico desviarase a través da AC-305 que, segundo Manuel Morato, será debidamente acondicionado para soportar unha maior circulación de vehículos. O resto do trazado, entre Boiro e Ribeira poderá ser utilizado con normalidade nos seus 19 quilómetros. Antes de que se produza ese peche entre as ligazóns de Dodro e Boiro, xa a partir desta semana haberá interrupcións puntuais do tráfico obrigadas polas voaduras que se deben realizar para a ampliación da calzada. Os técnicos da Consellería estudan unha solución técnica, a construción dunha ligazón, que permita acortar a lonxitude do itinerario alternativo a través da AC-305 cun paso provisional para os vehículos lixeiros sobre o viaduto que a Vía do Barbanza ten sobre a Ría de Arousa, entre Rianxo e Boiro. A CPTOPT lamentou as molestias que para a cidadanía vai supoñer este peche e as paralizacións do tráfico polas obras, que vai supoñer unha limitación da mobilidade para os veciños da comarca. DATOSConstruiranse oito viadutos As obras da autovía que ocupará o que hoxe é a Vía do Barbanza, inclúen a construción de oito novos viadutos paralelos ós actuais e obriga á demolición dos situados en Té, O Lampón e O Cespón para construír os novos. Obras Públicas tamén informou onte de que 3.800 metros da nova autovía corresponden a 7 tramos que discorrerán por un trazado distinto do actual (9,5 por cento da lonxitude total) e en 8.500 metros a nova vía coincide en planta coa vía VG-1.1, pero non en alzado. A CPTOPT quixo deixar claro onte que xa está a operar para apurar ó máximo os traballos que permitan contar coa autovía moito máis segura, operativa e de maior capacidade que a actual. Esta vía é coñecida polo seu alto nivel de sinistralidade.
comentariosEscribe tu comentariowww.elcorregallego.es no se hace responsable de las opiniones de los lectores |
||||||||||||||
|
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade © 2010 www.galicia-hoxe.com
Tódolos dereitos reservados. Prohibida a reproducción total ou parcial do contido sen a expresa autorización do propietario. |
||||||||||||||