| ||||||||||||||
Ao redor dela, reuníronse no restaurante, situado no Ensanche de Santiago de Compostela, unhas 60 persoas entre as que se atopa o político Xosé Manuel Beiras que reivindicou o prestixio de Toñi Vicente e quen se definiu como "admirador" da "traxectoria exemplar" da cociñeira. Toñi Vicente, que recibiu o aplauso dos comensais, asegurou ser "moi afortunada" por "ter estes grandes amigos", entre os que se atopaba o director de Pousadas de Compostela, coñecido como Otero, e o director do Gran Hotel, Manuel Rodríguez, entre outros hostaleiros e adegueiros. De feito, os apoios á cociñeira tamén chegaron do colectivo de hostaleiros galegos en Madrid e Barcelona. Estes últimos, con Moncho Neira á cabeza -propietario de 23 restaurantes da cadea Monchos-, aseguran que "o que se está facendo é unha inxustiza". Nesta liña pronunciouse Xosé Manuel Beiras, quen opinou que non se pode converter a unha persoa en vítima expiatoria" cunha "agresión que pode acabar con decenios de anos de traballo". "De traballo contra vento e marea", apostilou. DECLARACIÓNSBeiras culpa ata ás piscifactorías Beiras tachou de "escándalo" que se empece ao revés en lugar de centrar o problema nos responsables da contaminación do marisco, ó seu xuízo, as industrias e incluso "no plan de piscifactorías". "¿Ese é o xeito de resolver os problemas?, preguntouse, para concluír citando a Eduardo Galeano e cuestionar se se está nun "mundo absolutamente patas para arriba". comentariosEscribe tu comentariowww.elcorregallego.es no se hace responsable de las opiniones de los lectores |
||||||||||||||
|
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade © 2010 www.galicia-hoxe.com
Tódolos dereitos reservados. Prohibida a reproducción total ou parcial do contido sen a expresa autorización do propietario. |
||||||||||||||