Galicia Hoxe
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
 
Google
Portada  |   Portada en PDF  |   Hemeroteca  |   RSS  RSS Martes 09.02.2010  |  Actualizado 13.08
Vivir Hoxe Galicia 
atrás Añadir a Yahoo la noticia Un milleiro de persoas demandan a retirada
do Plan Vigo Integra
Añadir a Del.icio.us la noticia Un milleiro de persoas demandan a retirada
do Plan Vigo Integra
Añadir a Menéame la noticia Un milleiro de persoas demandan a retirada
do Plan Vigo Integra
Chuza esta noticia imprimir recomendar Aumentar texto Reducir texto

MANIFESTACIÓN

Un milleiro de persoas demandan a retirada do Plan Vigo Integra

Denuncian que asfaltará máis de 7 millóns de metros cadrados de paisaxe

E.P.

Un milleiro de persoas manifestáronse onte ó mediodía polas rúas da cidade olívica para esixir a "retirada inmediata" do Plan Vigo Integra, un proxecto de infraestruturas que, segundo denunciaron os veciños que decidiron saír onte a rúa, pretende "asfaltar máis de sete millóns de metros cadrados" da paisaxe galega.

Segundo recollía o manifesto das plataformas convocantes, que leu o portavoz dos colectivos Xosé Reigosa ao final da concentración, o Plan Vigo Integra "terminaría para sempre coa vida no medio rural galego" "romper a súa conexión coa terra, expropiar casas, montes e terras en nome dun progreso que non é tal".

 

O transporte público, o gran olvidado

A manifestación, secundada por numerosos colectivos sociais e ecoloxistas entre os que se atopaba o colectivo "A Ría non se vende", partiu sobre as 12.00 horas da Gran Vía para, baixo o lema O asfalto non é progreso para terminar na Porta do Sol da cidade olívica.

O acto reivindicativo estivo encabezado por un autobús de madeira en reivindicación do transporte público, ó que consideran o gran "esquecido" polo Plan Vigo Integra. "É un plan baseado nun modelo obsoleto de transporte que estimula a utilización do vehículo privado, xerando aínda máis contaminación e incrementando o consumo de petróleo", sinalaron desde a organización.

Do mesmo xeito, as plataformas ciadás convocantes acusaron ó Plan Vigo Integra de querer "converter as comarcas galegas nunha gran máquina económica" e de "destruír o territorio, a paisaxe, a natureza e a biodiversidade" da zona, polo que esixiron a súa inmediata retirada.

comentarios

Escribe tu comentario

Alias

Clave

Para escribir tus comentarios en las noticias, necesitas ser usuario registrado. Si no lo eres regístrate ahora

Título

Comentario

www.elcorregallego.es no se hace responsable de las opiniones de los lectores
y eliminará los comentarios considerados ofensivos o que vulneren la legalidad.

 
atrás Añadir a Yahoo la noticia Un milleiro de persoas demandan a retirada
do Plan Vigo Integra
Añadir a Del.icio.us la noticia Un milleiro de persoas demandan a retirada
do Plan Vigo Integra
Añadir a Menéame la noticia Un milleiro de persoas demandan a retirada
do Plan Vigo Integra
Chuza esta noticia imprimir recomendar Aumentar texto Reducir texto
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade