Galicia Hoxe
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
 
Google
Portada  |   Portada en PDF  |   Hemeroteca  |   RSS  RSS Martes 09.02.2010  |  Actualizado 05.00
Vivir Hoxe Galicia 
atrás Añadir a Yahoo la noticia Rosa M. Miguélez: "A agricultura ecolóxica está viva en Galicia na explotación familiar que hai que protexer" 
Añadir a Del.icio.us la noticia Rosa M. Miguélez: "A agricultura ecolóxica está viva en Galicia na explotación familiar que hai que protexer" 
Añadir a Menéame la noticia Rosa M. Miguélez: "A agricultura ecolóxica está viva en Galicia na explotación familiar que hai que protexer" 
Chuza esta noticia imprimir recomendar Aumentar texto Reducir texto

Presidenta da Sociedade Anónima Estatal de Caución Agraria

Rosa M. Miguélez: "A agricultura ecolóxica está viva en Galicia na explotación familiar que hai que protexer"

Afronta o reto de dar acoñecer na Comunidade unha empresa cuxa finalidade é axudar aó desenvolvemento do sector primario. "Non sabemos o que comemos", sostén polo que está convencida de que hai que recuperar a confianza entre produtor e consumidor".

E. B. . SANTIAGO

Rosa María Miguélez, nunha fotografía de arquivo
Rosa María Miguélez, nunha fotografía de arquivo
Rosa Miguélez deixou a política de primeira liña para presidir desde o pasado 24 de xullo a Sociedade Anónima Estatal de Caución Agraria (Saeca). Como galega afronta o cargo co reto especial de ampliar a súa acción en Galicia. "Un desafío dado o peso do sector na comunidade".

Cal é a función de Saeca?

Dedicámonos a prestar avais para a realización de investimentos nos sectores agrícola, gandeiro, forestal, pesqueiro e na industria agroalimentaria. Ten unha presenza moi consolidada en partes de España como Andalucía, Valencia, as dúas Castelas ou Estremadura por citar algúnhas pero non en Galicia onde é unha gran descoñecida.

 

Polo que di Galicia é un campo perfecto para Saeca.

Por suposto. Para axudar á actividade e á competitividade dos nosos sectores primarios e nese senso penso volcarme. Saeca só tivo actividade moi visible en Galicia até o momento, no caso do Prestige para atender a demandas do sector pesqueiro pero nos demais sectores non houbo actividade evidente. Por iso gustariame tomar contacto coa Xunta e coas organizacións agrarias canto antes.

 

Que é o que máis lle demandan?

De todo. O mundo da agricultura é moi complexo. Pola miña mesa pasan peticións razonables e moitas veces imprescindibles. A agricultura debería ter a máis alta consideración neste país e non obstante se viu relegada fronte a outro tipo de prioridades. Sobre todo porque as cuestións de seguridade alimentaria que se veñen formulado nos útlimos meses téñennos que facer reflexionar. O abastecemento alimentario debe ser unha prioridade e nós tratamos de ver a realidade dos agricultores que solicitan diñeiro para mellorar a maquinaria, a rendibilidade da súa explotación, para aumentar terras ou mesmo gando. Incluso para adiantar pagos. Recentemente asinamos un convenio co Goberno de Castela A Mancha para avalar a todos os agricultores casteláns manchegos nas súas demandas ante entidades bancarias, os cales, neste momento de crise precisan de circulante para anticipar pagos, compar material ou modernizar instalacións, de xeito que non teñen que hipotecar os seus bens senón que nós funcionamos como avalistas.

 

Cara a ónde debe ir a nova agricultura?

Eu creo que hai unha contradición cando se fala de nova agricultura. Se nos pide unha agricultura sostible, capaz de ocupar e recuperar as zonas máis remotas, de ocupar a toda a poboación, maiores e mozos e de dar entrada ás mulleres que sempre están no limbo... Toda esta agricultura ecolóxica está viva en Galicia, na pequena explotación familiar. Non imos inventar a pólvora se xa a temos e comprobamos a súa eficacia ao longo dos anos. Este tipo de agricultura e gandería familiar debe e pode atopar un oco porque hoxe os consumidores aspiran a outra cousa. Alimentos diferenciados, ecolóxicos, un mundo por descubrir e que deberían ser tidos en conta polas administracións.

 

Por un lado agricultura ecolóxica e por outro os tranxénicos, que sempre sonan mal cando ninguén sabe moi ben de que se está a falar.

En España non hai grandes cultivos deste tipo. A nosa xeografía non é un terreo abonado para os tranxénicos. Creo que si precisamos máis información xa que non están prohibidos. O seu perigo non é para a saúde humana senón que pode selo para o territorio. Por iso habería que separalos e diferencialos, vía etiquetaxe. Pero quedar fóra desta biotecnolóxía non é un bo camiño.

 

Sabemos o que comemos?

Hoxe por hoxe non sabemos o que comemos. Avanzouse moito no etiquetado pero quedan moitas parcelas de vacío. Tampouco é que a ausencia de etiqueta sexa un problema e iso vese nos mercados de todas as cidades. O problema é que en Europa instalouse unha desconfianza entre produtor e consumidor en ambos os dous sentidos. Hai que rachar con esta dinámica que non é boa. Se somos capaces de recuperar a confianza o etiquetado terá unha presenza máis cualitativa. Un etiquetado moi exhaustivo pode dar pé a máis desconfianza como pasa en EEUU, por exemplo. O etiquetado é bo pero habería que aspirar á relación de confianza.

 

Pouca xente tomaría hoxe, por exemplo, leite natural...

Si, pouca. As pautas de consumo mudaron. Habería que reaprender.

 

Está ben xestionada a superficie forestal galega.

Confeso que non o sei pero creo que que esa aposta por unha determinada especie debería reordenarse e a produción forestal galega tería que diversificarse.Por outra banda en Europa non hai unha polítca forestal como tal porque os países nórdicos non teñen ningún interese.

 

Galicia está a facer unha aposta moi forte pola acuicultura. Cara a onde non vai levar isto? Contrariamente ó resto do mundo, Europa está a decrecer en produción e cada vez hai máis importacións de produto. No caso galego isto non pasa pola propia produción e as súas características biolóxicas e tecnolócias. Recentemente a UE presentou unha comunicación para o estítmulo da acuicultura. Galicia está moi ben situada a nivel mundial en especies como o mexilón ou o rodaballo. Ademais trátase dun sector dinamizador das zonas costeiras e do interior no caso da acuicultura de interior e que xera moito emprego. Hai que posicionarse no debate porque dede Europa deben de vir melloras no desenvolvemento sostible xa que a actual normativa está a actuar, ás veces, como freo para o sector.

Apoio ao máis feble da cadea

A Sociedade Anónima Estatal de Caución Agraria constituíuse en 1998 e está participada a un 80% pola SEPI cunha cifra de negocios anual que ronda os 5,6 millóns de euros. No mes de febreiro, publicouse no BOE a Orde 165/2008 de 31 de xaneiro do Ministerio de Medio Ambiente, establecendo as bases e a convocatoria dun novo programa de axudas orientado á concesión de préstamos polas entidades bancarias, para o que o Ministerio asumía o custo do aval de Saeca, así como parte dos intereses dos préstamos. O éxito do programa deu lugar a que a empresa formalizara no ano operacións de aval por importe de 256 millóns de euros, case o 90% acollidos ó programa de gandería, cunha actividade moi relevante en zonas de Andalucía, Castela-A Mancha, Castela e León ou Estremadura. A carteira de avais en vigor ao final do ano elevábase ata case 500 millóns de euros.

O PERFIL

Rosa Miguélez está á fronte de SAECA desde xullo deste ano. Nada en Ferrol en 1953 licenciouse en Filoloxía Románica e cursou estudos de Bioloxía en Francia. Foi deputada do Parlamento Europeo desde xullo de 1999 ata xullo de 2009, onde ocupou durante dez anos a vicepresidencia primeira da Comisión de Pesca. Antes da súa incorporación ó PE, Miguélez fora alcaldesa de Ares, entre 1983 e 1987, así como xefa de gabinete da Consellería de Traballo da Xunta, e deputada autonómica (1989-1993). Foi secretaria de Movementos Sociais e Participación Cidadá, na Executiva do PS de G (1988-1993). Deu o salto á UE como asesora técnica da Delegación socialista española no PE (1994 a 1999).

Asemade foi membro titular da comisión de política rexional, transportes, suplente da Comisión de asuntos sociais e Vicepresidenta da comisión temporal MARE para a catástrofe do Prestige.

comentarios

Escribe tu comentario

Alias

Clave

Para escribir tus comentarios en las noticias, necesitas ser usuario registrado. Si no lo eres regístrate ahora

Título

Comentario

www.elcorregallego.es no se hace responsable de las opiniones de los lectores
y eliminará los comentarios considerados ofensivos o que vulneren la legalidad.

 
atrás Añadir a Yahoo la noticia Rosa M. Miguélez: "A agricultura ecolóxica está viva en Galicia na explotación familiar que hai que protexer" 
Añadir a Del.icio.us la noticia Rosa M. Miguélez: "A agricultura ecolóxica está viva en Galicia na explotación familiar que hai que protexer" 
Añadir a Menéame la noticia Rosa M. Miguélez: "A agricultura ecolóxica está viva en Galicia na explotación familiar que hai que protexer" 
Chuza esta noticia imprimir recomendar Aumentar texto Reducir texto
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade