Galicia Hoxe
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
 
Google
Portada  |   Portada en PDF  |   Hemeroteca  |   RSS  RSS Martes 09.02.2010  |  Actualizado 16.22
Vivir Hoxe Galicia 
atrás Añadir a Yahoo la noticia Galicia vai consumir no 2012 un 90% de enerxías renovables

Añadir a Del.icio.us la noticia Galicia vai consumir no 2012 un 90% de enerxías renovables

Añadir a Menéame la noticia Galicia vai consumir no 2012 un 90% de enerxías renovables

Chuza esta noticia imprimir recomendar Aumentar texto Reducir texto

Renovarse ou morrer

Galicia vai consumir no 2012 un 90% de enerxías renovables

A potenciación da eólica e o arranque da solar, dous piares básicos para que o 90% da enerxía consumida en Galicia no 2012 proceda das fontes recuperables

REBECA FERNÁNDEZ . SANTIAGO

O 90 por cento da enerxía consumida pola Galicia do ano 2012 procederá das fontes renovables. Este é o principal obxectivo do Plan Enerxético de Galicia, que busca unha autosuficiencia enerxética sustentada na promoción das verdes. A potenciación da enerxía eólica, a máis desenvolvida ata o de agora na comunidade galega, e o arranque da solar serán os dous grandes piares que sosteñan esta aposta pola revolución limpa.

As previsións que manexa a Administración galega elevan a 6.500 megawatts (Mw) a enerxía producida pola forza do vento, que actualmente proporciona para a subminisración eléctrica ó redor de 2.500 MW. Deste xeito, a fonte verde por excelencia coa que conta nestes momentos Galicia podería desenvolver todo o seu potencial e pasar a ser unha das fontes imprescindibles do noso mapa enerxético.

Desenvolvemento da fotovoltaica e da térmica

A solar, pola súa banda, sufrirá no período 2007-2012 un aténtico despegamento, tanto a fotovoltaica (produtora de enerxía eléctrica) como a térmica (xeradora de calor). Deste xeito, dende o Instituto Enerxético de Galicia (Inega), prevese a xeración de 25 MW grazas á fotovoltaica, reducida actualmente á produción do 1,2 MW do total de enerxía. Se falamos da térmica, o Inega prevé a instalación de 100.000 metros cadrados destes paneis, a pesar de que esta cantidade está suxeita a unha certa incerteza vencellada ó cumprimento e posta en marcha do Código Técnico de Edificación, que establece unhas esixencias mínimas na instalación dos paneis de aproveitamento solar para as novas construcións. "Os metros cadrados finais van depender da construción anual. Non obstante, coa edificación de 20.000 pisos con 4 metros cadrados de paneis solares térmicos, podemos conseguir anualmente 80.000 metros cadrados instalados, acadando sen problemas as nosas previsións", explica o director de Enexía e Planificación Enerxética do Inega, Juan Álvarez Carril.

O outro obxectivo é reducir nos próximos anos a utilizacxión dos carburantes. A dependencia do petróleo e do gas é cada vez maior, de aí a necesidade de fomentar o desenvolvemento de enerxías alternativas que nos volvan autosuficientes. Os biocombustibles van ser a aposta galega, aumentando a produción de bioetanol e fomentando a posta en marcha do biodiésel. O Plan Enerxético de Galicia para os próximos anos pretende chegar ás 200.000 toneladas ó ano destes combustibles, apostando por pechar os seus ciclos produtivos. Neste sentido, partindo dos estudos presentados pola Consellería de Medio Rural, Galicia pode dispoñer de 170.000 hectáreas de cultivo enerxético, extensión suficiente para as estimacións da Administración.

Unha maior potenciación da biomasa, cun incremento de 50 MW en enerxía eléctrica, e pequenos incrementos doutras fontes xa clásicas na comunidade como a minihidráulica, complementarían o mapa enerxético verde galego.

Máis limpas, un imperativo da UE

Chegou a hora de renovarse e a UE sábeo. Por iso, unha directiva europea obriga a España a cubrir con fontes verdes o 12% da enerxía consumida no ano 2010. Para logralo, o novo Plan de Enerxías Renovables 2005-2010 fixa uns obxectivos moi ambiciosos para estas fontes: debemos producir con enerxías limpas o 30,4% da electricidade que usamos e, ademais, os biocombustibles teñen que supoñer polo menos o 5,83% do consumo total de gasolinas e gasóleos. A solar, a eólica, o biodiésel e o bioetanol, as apostas estatais.

Centro que una o I+D+i co Inega

A investigación para conseguir desenvolver novas enerxías limpas e a súa promoción serán os obxectivos do Centro Tecnolóxico de Enerxías Renovables, que o Goberno autonómico espera que entre en servizo no 2007. Este novo centro encargaríase de buscar e experimentar coas tecnoloxías emerxentes precisas para poñer en marcha aquelas enerxías que conten cun importante potencial e que poidan desenvolverse na nosa comunidade, contribuíndo a aumentar as alternativas.

As Corcerizas, un modelo a seguir

O centro de educación ambiental As Corcerizas, situadaona serra de San Mamede, é a primeira instalación de Galicia que se abastece unicamente con enerxías renovables. Xestionado pola agrupación ecoloxista Amigos da Terra, conta cun aeroxenerador, unha turbina e placas solares, que lle proporcionan electricidade; a calor provén da biomasa e da solar térmica e todos os materiais cos que está construido intégranse no contorno e son respectuosos co medio.

comentarios

Escribe tu comentario

Alias

Clave

Para escribir tus comentarios en las noticias, necesitas ser usuario registrado. Si no lo eres regístrate ahora

Título

Comentario

www.elcorregallego.es no se hace responsable de las opiniones de los lectores
y eliminará los comentarios considerados ofensivos o que vulneren la legalidad.

 
atrás Añadir a Yahoo la noticia Galicia vai consumir no 2012 un 90% de enerxías renovables

Añadir a Del.icio.us la noticia Galicia vai consumir no 2012 un 90% de enerxías renovables

Añadir a Menéame la noticia Galicia vai consumir no 2012 un 90% de enerxías renovables

Chuza esta noticia imprimir recomendar Aumentar texto Reducir texto
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade