Galicia Hoxe
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
 
Google
Portada  |   Portada en PDF  |   Hemeroteca  |   RSS  RSS Viernes 02.11.2007  |  Actualizado 21.21
Vivir Hoxe Aulas 
atrás Añadir a Yahoo la noticia Cambia de casa o neno ó que mallaron en Boiro Añadir a Del.icio.us la noticia Cambia de casa o neno ó que mallaron en Boiro Añadir a Menéame la noticia Cambia de casa o neno ó que mallaron en Boiro Chuza esta noticia imprimir recomendar Aumentar texto Reducir texto

violencia

Cambia de casa o neno ó que mallaron en Boiro

O menor agredido no peirao de Escarabote por outro alumno acabou con dous dentes rotos, varias costelas afectadas e contusións

AXENCIAS . SANTIAGO

O caso dunha agresión a un escolar a mans duns compañeiros sucedida a semana pasada no peirao de Escarabote, no municipio coruñés de Boiro, cuxa gravación por teléfono móbil foi logo distribuída en internet, está en mans da Fiscalía, segundo informou onte o alcalde da localidade, Xosé Deira.

A Garda Civil identificou os autores do ataque e ós implicados na gravación "que debendo prestar auxilio non o prestaron", que son tamén menores, de entre 15 e 17 anos.

O menor agredido cambiou de domicilio tras os feitos - trasladouse á casa dunha tía- ante o temor a ser atacado de novo.

Fontes do Colexio Jaime Balmes, de Noia (A Coruña), onde estuda o mozo, indicaron que se trata dun "rapaz algo inxenuo e demasiado impulsivo e inquedo, que sempre se estaba a meter cos compañeiros".

Ademais, relataron que leva dende o día 22 de outubro sen ir ao colexio. "Ao principio, porque lle estaban a facer probas, xa que lle doía moito a cabeza", segundo puntualizaron, "aínda que despois seguiu sin ir por medo", agregaron.

A vítima resultou con dous dentes rotos, varias costelas afectadas e numerosas contusións, confirmou o alcalde en declaracións á Radio Galega. Aínda que agora "está bastante mellor", á parte dos danos físicos "necesita apoio psicolóxico" para recuperarse, porque "ten ese estigma encima de que foi agredido".

Deira afirma que a gravación "é degradante e non humana" e as persoas implicadas "parece que se recrearon nas lesións e no sufrimento" porque se escoitan voces desde atrás que din "non, non, dálle agora" ou "este vídeo vai valer ou seu peso en ouro".

Polo que estivo pescudando o propio alcalde trátase dun grupo de rapaces que dá "unha malleira a outro" e "houbo unha persoa ou dúas que estiveron gravando ou feito". Manifestou que se trataba "non só de darlle a malleira a outro rapaz, senón tamén de gravar un vídeo con toda a crueldade e ou realismo para colgado nunha rede ou difundilo a través do teléfono".

O dirixente municipal advertiu de que este tipo de feitos, que "non son propios de Boiro", son "bastante máis normais do que pode parecer". Ó seu ver, a sociedade fomenta este tipo de situacións xerar "frustración" que se manifesta a través dunha agresividade "que trata de facerse patente e visible" e "hoxe teñen os medios para difundila".

Neste caso, tamén destacou a mocidade dos agresores que "son adolescentes, nese tramo de idade onde as pelexas ou a procura do recoñecemento social son máis frecuentes", polo que considera que influíu o feito de querer "ser o macho da cuadrilla" ou demostrar que saben desenvolverse en situacións agresivas para conseguir un certo prestixio no seu círculo.

Para Xosé Deira a mocidade "non é máis que un reflexo do que está pasando na sociedade" e é necesario controlar a situación desde os centros educativos. Asegurou que neste sentido xa se está actuando en Boiro con charlas e encontros coa Cruz Vermella, a Garda Civil e Protección Civil para "fomentar valores que contribúan á convivencia".

O alcalde mostrou o seu "asombro", como persoa que leva 32 anos traballando na educación secundaria, polo feito de que haxa xente que rexeite a materia da Educación para a Cidadanía. "Necesítase cada vez máis, máis valores e máis educación" neste ámbito, di.

 

AS FRASES

Xosé Deira

"A gravación é degradante e non humana. Parece que se recrearon nas lesións e no sufrimento, porque se escoitan voces desde atrás que din "non, non, dálle agora" ou "este vídeo vai valer o seu peso en ouro"

"Estes feitos son máis normais do que se pensa. Hai que estar atentos e poñer todos os medios non só para que non pasen, senón tamén para que non xeren este tipo de difusión, que serve de recompensa para aqueles que o fan".

comentarios

Escribe tu comentario

Alias

Clave

Para escribir tus comentarios en las noticias, necesitas ser usuario registrado. Si no lo eres regístrate ahora

Título

Comentario

www.elcorregallego.es no se hace responsable de las opiniones de los lectores
y eliminará los comentarios considerados ofensivos o que vulneren la legalidad.

 
atrás Añadir a Yahoo la noticia Cambia de casa o neno ó que mallaron en Boiro Añadir a Del.icio.us la noticia Cambia de casa o neno ó que mallaron en Boiro Añadir a Menéame la noticia Cambia de casa o neno ó que mallaron en Boiro Chuza esta noticia imprimir recomendar Aumentar texto Reducir texto
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade