| ||||||||||||||
Os estudantes concentráronse fronte a sede do Parlamento coa vixilancia dun forte dispositivo policial, nunha marcha que rematou cunha asemblea na praza da Quintana en rechazo á "mercantilización da universidade pública". Non é primeira protesta contra a adaptación das universidades do país ao protocolo común europeo. Os Comités Abertos de Facultade (CAF) organizou o mes pasado unha convocatoria en contra do alza das taxas de matrícula (este curso as segundas e terceiras matrículas subiron un 15% e un 35%) e os postulados do proceso de Bolonia, que construirá o Espazo Europeo de Educación Superior con sistemas comparábeis en 46 países. Os CAF piden, ademais da conxelación do prezo das matrículas, o traspaso de competencias en materia de bolsas do Ministerio de Educación á Consellería. De feito, un dos temas clave da protesta de onte, xira arredor da demanda contra a alza das taxas no ensino público universitario. Porén, o equipo de goberno da Universidade de Santiago comprometeuse a principios de mes a abrir un espazo de debate e de diálogo sobre o tema do financiamento. comentariosEscribe tu comentariowww.elcorregallego.es no se hace responsable de las opiniones de los lectores |
||||||||||||||
|
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade © 2010 www.galicia-hoxe.com
Tódolos dereitos reservados. Prohibida a reproducción total ou parcial do contido sen a expresa autorización do propietario. |
||||||||||||||