Galicia Hoxe
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
 
Google
Portada  |   Portada en PDF  |   Hemeroteca  |   RSS  RSS Martes 09.02.2010  |  Actualizado 13.08
Vivir Hoxe Sociedade 
atrás Añadir a Yahoo la noticia Algúns aditivos poden exacerbar nos nenos actitudes hiperactivas
Añadir a Del.icio.us la noticia Algúns aditivos poden exacerbar nos nenos actitudes hiperactivas
Añadir a Menéame la noticia Algúns aditivos poden exacerbar nos nenos actitudes hiperactivas
Chuza esta noticia imprimir recomendar Aumentar texto Reducir texto

"the lancet"

Algúns aditivos poden exacerbar nos nenos actitudes hiperactivas

Un estudo británico conclúe que certos conservantes e colorantes presentes en Pepsi Max, Fanta ou Sprite e en moitos caramelos provocan perda de concentración, locuacidade e comportamento bulicioso

EFE . BRUXELAS

A Comisión Europea (CE) pediulle á Autoridade Europea da Seguridade Alimentaria (AESA) que avalíe os resultados dun estudo británico que vincula certos aditivos e colorantes á hiperactividade dos nenos para decidir se impón medidas sobre esas substancias.

O estudo foi feito para a Axencia de Control Alimentario británica (FSA) por un grupo de científicos da Universidade de Southampton (sur de Inglaterra), que estudaron os efectos dos aditivos nas alteracións do comportamento infantil nun grupo de case 300 nenos, 153 deles de 3 anos e outros 144 de 8 e 9.

Nel sinálase que "o consumo de certas combinacións de colorantes artificiais alimentarios co conservante benzoato de sodio (E211), pode afectar nocivamente ó comportamento dos nenos", explicou a Comisión. O conservante E211 está contido en refrescos como "Pepsi Max", "Fanta" ou "Sprite", e os colorantes artificiais E110, E102, E122, E124, E129 e E104, están presentes en moitos caramelos e doces consumidos diariamente polos nenos. No estudo, do que se fai eco The Lancet, os expertos detectaron indicios de hiperactividade en nenos que consumiran bebidas con aditivos, como un comportamento bulicioso, perda de concentración, incapacidade para xogar cun só xoguete ou completar unha tarefa e maior locuacidade.

Segundo afirmou un dos seus portavoces, Michael Mann, a AESA está avaliando de novo o conxunto de aditivos, empezando polos colorantes, para "garantir que a súa avaliación actual segue sendo válida no marco dos datos máis recentes".

O EXPERTO

Difícil eliminar o benzoato de sodio

O director da investigación, Jim Stevenson, cre que poderían tomarse medidas rápidas contra os colorantes, pero que levaría máis tempo ir eliminando o uso do benzoato de sodio como conservante.

comentarios

Escribe tu comentario

Alias

Clave

Para escribir tus comentarios en las noticias, necesitas ser usuario registrado. Si no lo eres regístrate ahora

Título

Comentario

www.elcorregallego.es no se hace responsable de las opiniones de los lectores
y eliminará los comentarios considerados ofensivos o que vulneren la legalidad.

 
atrás Añadir a Yahoo la noticia Algúns aditivos poden exacerbar nos nenos actitudes hiperactivas
Añadir a Del.icio.us la noticia Algúns aditivos poden exacerbar nos nenos actitudes hiperactivas
Añadir a Menéame la noticia Algúns aditivos poden exacerbar nos nenos actitudes hiperactivas
Chuza esta noticia imprimir recomendar Aumentar texto Reducir texto
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade