Galicia Hoxe
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
 
Google
Portada  |   Portada en PDF  |   Hemeroteca  |   RSS  RSS Sábado 28.11.2009  |  Actualizado 05.12
Vivir Hoxe Sociedade 
atrás Añadir a Yahoo la noticia Pola vía do sexo inseguro
Añadir a Del.icio.us la noticia Pola vía do sexo inseguro
Añadir a Menéame la noticia Pola vía do sexo inseguro
Chuza esta noticia imprimir recomendar Aumentar texto Reducir texto

sida

Pola vía do sexo inseguro

Galiza contabiliza 1.025 infeccións por VIH e 485 novos casos entre 2004 e 2008. O modo principal de contaxio é o heterosexual e hai un incremento da afección nos estranxeiros

REDACCIÓN . SANTIAGO

A conselleira de Sanidade, Pilar Farjas, amosa un condón feminino que forma parte dunha campaña de prevención  FOTO: Lavandeira jr.
A conselleira de Sanidade, Pilar Farjas, amosa un condón feminino que forma parte dunha campaña de prevención
FOTO: Lavandeira jr.
Primeiro foi a vía parenteral. Despois o sexo homosexual. Agora ante todo o heterosexual. A Consellería de Sanidade detectou en Galiza entre os anos 2004 e 2008 un total de 1.025 novos diagnósticos de infección polo VIH e 485 casos de sida, o que supón un 111 por cento máis de rexistros de infección que de enfermidade. A progresión anual da incidencia é bastante "estable", aínda que rexistra un baixón significativo entre 2007 e 2008, pasando de 34,3 casos de sida -por ano e por millón de habitantes- a 29,8.

Así o confirmou a conselleira de Sanidade, Pilar Farjas, que presentou onte, por primeira vez, os datos do Sistema de Información Galego sobre a infección por VIH con motivo do Día Mundial da Sida, que se celebra o próximo 1 de decembro de 2009. "Con este novo rexistro, a comunidade súmase ao equipo de cabeza das outras oito rexións que declaran actualmente en España casos de VIH", proclamou Farjas antes de recordar que, ata o momento, os datos galegos existentes procedían unicamente do Rexistro Galego da Sida, o que supuña "un baleiro excesivo" na toma de decisións de prevención.

Segundo detallou, entre 2004 e 2008, a incidencia de infección por VIH foi de 74 casos por ano e por millón de habitantes, o que sitúa a comunidade galega "por baixo" da incidencia anual española. Con respecto á distribución por sexos e idades, os homes representan o 75,7 por cento dos VIH en Galiza. O tramo de idade entre os 25 e 44 anos no momento do diagnóstico é o máis elevado, tanto para homes como para mulleres, e alcanza o 71 por cento.

Na distribución por provincias, Pontevedra presenta a maior incidencia de infección no período analizado, cunha media anual de 92 casos por millón de habitantes, seguida da Coruña (77), Ourense (66) e Lugo, con 27 casos por millón de habitantes.

Na súa intervención, a conselleira alertou de que, no 68,3 por cento dos casos, a infección produciuse pola vía sexual -41,7 por cento asociado á heterosexualidad e un 26,6 por cento á transmisión por relacións homosexuais- o que "rompe claramente" coa idea "predominante" de que o contaxio tiña lugar, sobre todo, por compartir material de inxección entre drogodependentes, que supón a cuarta parte dos novos casos rexistrados.

 

O diagnóstico é moitas veces tardío

Os datos revelan tamén que o 35 por cento dos infectados presentan tamén unha inmunosupresión "moi alta" porque o diagnóstico é "tardío". Neste contexto, Farjas considerou prioritario "promocionar" o diagnóstico precoz entre a poboación e na práctica asistencial para obter o "máximo beneficio" dos avances no tratamento da infección por VIH.

A importancia da prevención foi outro dos puntos nos que incidiu especialmente a responsable de Sanidade antes de presentar os dípticos e folletos dunha campaña impulsada pola Xunta baixo a lema "Detén a Sida. Unidos Podemos".

Por outra banda, Farjas resaltou que o 19 por cento dos novos diagnósticos de infección por VIH rexistrouse en persoas orixinarias doutros países. Por iso, destacou a necesidade de "diversificar" os programas de prevención para adaptalos á poboación inmigrante, social e culturalmente moi heteroxénea, e "especialmente vulnerable", sobre todo no caso das mulleres.

Sobre as categorías de transmisión, os latinoamericanos están maioritariamente asociados ás relacións sexuais non protexidas (no 94 por cento dos casos), mentres que a maioría de estranxeiros europeos infectáronse por compartir material de inxección de drogas, e os que chegaron de África, infectáronse "case todos" por relacións heterosexuais non protexidas (no 93 por cento dos casos).

 

Cruz Vermella recibe máis de 25.000 chamadas

Cruz Vermella Española recibe cada ano máis de 25.000 chamadas no seu teléfono de atención gratuíto sobre sida, "900 111 000", co que pretende ofrecer recomendación sobre condutas de risco, pautas de actuación e recursos para a prevención desta enfermidade.

Segundo explicou esta institución, desde a creación desta iniciativa en 2005 atendéronse máis de 83.000 consultas, de forma anónima e confidencial, das que a metade están relacionadas con prácticas sexuais, principalmente heterosexuais, e a información solicitada con máis frecuencia fai referencia ás vías de transmisión e á proba do VIH. Ademais deste teléfono, Cruz Vermella tamén dispón do correo electrónico "informacionvih@cruzroja.es" para resolver dúbidas a este respecto.

FARMAMUNDI DENUNCIA

Desigual acceso aos medicamentos

A ONG Farmacéuticos Mundi (Farmamundi) denunciou onte nun comunicado "a falta de acceso ós antirretrovirais e os seus elevados prezos que impiden a gran parte dos persoas infectadas con VIH custear os tratamentos que permiten levar unha vida digna".

Na nota indícase que "mentres en moitos países a enfermidade chega a ser crónica e os infectados teñen o seu tratamento antirretroviral, en moitas rexións do planeta, as políticas de prevención non son suficientes e a maioría da poboación infectada non ten acceso ó tratamento". "A pesar de que o último informe de Onusida destaca que nos últimos 8 anos diminuíron un 17 por cento as infeccións polo VIH, tamén é certo que só o 15 por cento dos infectados en África Subsahariana reciben tratamento", indica o escrito.

"Lamentabelmente, outro ano máis celébrase o Día mundial contra a sida con escasas expectativas a só cinco anos do cumprimento dos Obxectivos do Milenio", indica a nota.

Farmacéuticos Mundi únese á celebración do día Mundial contra a sida para solicitarlles ás empresas farmacéuticas que fabrican antirretrovirais un maior esforzo para reducir os prezos destes medicamentos". Por outra banda, máis de 50 voluntarios e voluntarias de Cruz Vermella Mocidade da provincia de Valencia desenvolverán accións de sensibilización dirixidas á poboación en xeral.

Ditas persoas desenvolven diversas accións de sensibilización e prevención da transmisión do VIH e sida como talleres en centros educativos e asociacións xuvenís durante os meses de novembro, decembro e xaneiro de 2010. Ademais, o día 1 de decembro, Día mundial da loita contra a sida, o voluntariado repartirá preservativos masculinos e femininos e folletos con información.

 

A gripe A non ten especial incidencia nestes pacientes

A gripe A non ten especial incidencia nos pacientes de sida, os cales non se infectan máis que calquera outro grupo de poboación, afirmou onte o presidente da Fundación de Investigación e Educación en Sida, Juan González Lahoz. O Hospital Carlos III atendeu algúns pacientes de sida con gripe A e pasárona "sen maior problema", explicou. González Lahoz resaltou que as persoas que teñen sida si se contaxian con "bastante frecuencia" de hepatite B e C porque son virus que se transmiten polas mesmas vías de infección.

 

España presionará a escala europea durante a presidencia

A presidencia española da Unión Europea suporá, por unha banda, "unha oportunidade para fomentar accións fronte a riscos globais como o cambio climático, a mortalidade neonatal, a sida e a exclusión social", e por outro, "para pór en marcha iniciativas que sigan situando a España nun lugar relevante na escena internacional", afirmou a ministra de Sanidade, Trinidad Jiménez. Segundo Jiménez, as liñas que defenderá España están baseadas "na universalidade, no acceso a unha atención de calidade, equidade e solidariedade".

comentarios

Escribe tu comentario

Alias

Clave

Para escribir tus comentarios en las noticias, necesitas ser usuario registrado. Si no lo eres regístrate ahora

Título

Comentario

www.elcorregallego.es no se hace responsable de las opiniones de los lectores
y eliminará los comentarios considerados ofensivos o que vulneren la legalidad.

 
atrás Añadir a Yahoo la noticia Pola vía do sexo inseguro
Añadir a Del.icio.us la noticia Pola vía do sexo inseguro
Añadir a Menéame la noticia Pola vía do sexo inseguro
Chuza esta noticia imprimir recomendar Aumentar texto Reducir texto
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade