Galicia Hoxe
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
 
Google
Portada  |   Portada en PDF  |   Hemeroteca  |   RSS  RSS Martes 09.02.2010  |  Actualizado 13.08
Política Galicia 
atrás Añadir a Yahoo la noticia Pousa Antelo non quere que o ‘novo’ PG utilice o seu nome

Añadir a Del.icio.us la noticia Pousa Antelo non quere que o ‘novo’ PG utilice o seu nome

Añadir a Menéame la noticia Pousa Antelo non quere que o ‘novo’ PG utilice o seu nome

Chuza esta noticia imprimir recomendar Aumentar texto Reducir texto

SIGLAS "SAGRADAS"

Pousa Antelo non quere que o ‘novo’ PG utilice o seu nome

Avelino Pousa Antelo desvincúlase da nova encarnación do Partido Galeguista e reclámalle a Francisco López, "Chesqui", que non use o seu nome para facer campaña

A. LOSADA . SANTIAGO

Avelino Pousa Antelo, galeguista histórico, tras recibir o premio Pedrón de Ouro
Avelino Pousa Antelo, galeguista histórico, tras recibir o premio Pedrón de Ouro
Avelino Pousa Antelo, presidente da Fundación Castelao, quere desvincularse por completo da actual encarnación do Partido Galeguista (PG), encabezada polo escritor Xabier González Sotelo (presidente) e polos políticos independentes Manoel Soto (secretario xeral) e Francisco López Chesqui (vicesecretario xeral), porque considera que a súa reactivación destas "siglas sagradas" só obedece "ó desexo de medrar persoalmente".

Pousa Antelo di que, aínda que as siglas do partido que fundou Castelao nos anos trinta pertencen agora a esta nova formación, non representa o espírito do galeguismo clásico e non quere verse mesturado con ela. Nunha entrevista publicada recentemente por este xornal, Francisco López Franco Chesqui aseguraba que a súa xeración "recibíu a remuda de mans dos vellos galeguistas, como Avelino Pousa Antelo, Ramón Martínez López ou Manolo Beiras".

Segundo López Franco, o novo PG ten liña directa , co "partido da intelectualidade galeguista dos anos 30" e fai seu o espírito que levo a aquela formación a loitar pola aprobación do Estatuto de 1936, xa que xente como Xabier González ou el mesmo participaron na reactivación destas siglas tras a ditadura de Franco.

O coñecido divulgador da cultura galega afirma que el non lle deu autorización "ó ex-amigo Chesqui" para empregar o seu nome como parte da campaña electoral do novo Partido Galeguista, e asegura que quere verse fóra da política activa.

Pousa Antelo é drástico no seu rexeitamento: "Eles montaron a cousa á súa maneira, ben, pero a min non me gusta e non lles dou o meu apoio. A súa ambición de facerse cun trociño de poder persoal a calquera prezo choca co meu sentido da ética. Se teñen dereito a usar esas siglas, que sigan, pero que a min non me nomeen".

Engade, ademais, que lle desagrada o uso que están a facer dunhas "siglas sagradas", porque representan os primeiros pasos do moderno nacionalismo galego, e "non merecen ser usadas para gañar poder persoal". De todos os xeitos, o histórico galeguista non cre "que lles vaia saír ben", nin que acaden un volume de votos significativo nas vindeiras eleccións.

 

Un partido refundado sobre bases de independentes

A nova encarnación do PG xurdiu en novembro de 2004, das mans de Xabier González e Manoel Soto, pero a súa primeira cita electoral serán as eleccións municipais de maio de 2007, onde esperan presentar listas na metade dos concellos de Galicia (150, aproximadamente) e chegar a gobernar en varios deles, ademais de colocar algún deputado provincial.

O PG expandiuse, maioritariamente, incorporando ás súas filas pequenos partidos independentes que xa existían, o que motivou que outras formacións cuestionasen ata que punto os novos galeguistas tiñan un programa conxunto.

NO PASADO

Castelao, Risco é Bóveda, os nomes da formación histórica

O Partido Galeguista histórico naceu en decembro de 1931, durante a Segunda República Española, por iniciativa da maioría dos intelectuais nacionalistas da época. Nas súas filas integrábanse nomes de ideoloxías tan dispares como Castelao, Alexandre Bóveda, Vicente Risco ou Antón Villar Ponte.

Ó pouco da súa fundación, o PG comezou a negociar cos partidos republicanos de esquerda para conseguir a aprobación dun Estatuto de Autonomía para Galicia, apoiado polo seu semanario afín. A Nosa Terra. Participa en solitario nas eleccións municipais de 1933, con malos resultados, o que abre un debate interno sobre a conveniencia de aliarse con partidos non nacionalistas. O sector máis á dereita, liderado por Risco, rexeita esta posibilidade é o PG presentase ós comicios xerais sen apoios, pero non consegue ningún deputado. A CEDA chega ó goberno en Madrid, paraliza o Estatuto, e obriga a Castelao e Bóveda a exiliarse, acusándoos de estar implicados nas revoltas esquerdistas dese ano.

No 36, xa coa súa cúpula rehabilitada, o PG intégrase na Front Popular, unha coalición de esquerdas no eido estatal, para as vindeiras eleccións parlamentarias, o que provoca que Risco lidere unha escisión: a Dereita Galeguista. Castelao, Suárez Picallo e Vilar Ponte logran escanos en Madrid, e apoian o plebiscito a favor do Estatuto, pero a Guerra Civil impide a súa aprobación.

O PNG-PG, integrado no Bloque, loce o mesmo nome

En Galicia hai outro partido que recolle as siglas da formación política de Castelao, o Partido Nacionalista Galego-Partido Galeguista, integrado dende hai anos no BNG.

Tras a "hibernación" do Partido Galeguista refundado tras a ditadura de Franco, en 1991, varios dos membros situados máis á esquerda asociáronse co PNG unha das moitas formacións nacionalista minoritarias que florecían naquel parorama político, e o partido pasou a denominarse PNG-PG. Pouco tempo despois, esta formación entrou nas filas do BNG.

comentarios [ 11 ]

Partido Galeguísta

xerman
30.09.2009 14.15
Así, sen máis, sen máis alianzas que escondas as siglas, xeneroso, empezando polos da casa, deixándose de captar os piollos internos, partindo da raiz e definóndose para unha Galicia do futuro, o Partido Galeguista, é, e ten que ser, o espazo político que lle falta ó nacionalismo galego.

ESTOU FARTO DE TANTO FALAR E POUCO ACTUAR

jesus
04.02.2007 23.55
NON ENTENDO COMO CRITICADES POSTURAS NACIONALISTAS CANDO SO TEMOS 3 OPCIONS POLÍTICAS NA XUNTA E DUAS NON CONVENCEN PARA NADA E O BNG PARECE COMA GUTI A ETERNA PROMESA. EU NON SON DO PARTIDO GALEGUISTA PERO SI GALEGUISTA E NECESITAMOS OPCIONS GALEGAS INCLUSIVE RADICAL(NON VAI POR ELES). XA ESTAMOS A FACER EXCISIONS ANTES DE TEMPO CANDO DURANTE 16 ANOS LLE DERON O RESTO DOS NOSOS "PATRIOTAS" ESTOU SEGURO POR IGNORANCIA AMANSADA DENDE CENTOS DE ANOS PARA PODER APROVEITARSE DOS QUE NON SABEN CASI NIN LER, DENTRO DOS QUE INCLUO OSMEUS PAIS QUECON TER TRABALLO E SAUDE XA SE CONFORMABAN. NA ,ENTRES O VELLO MEXON DE FRAGA APROVEITANDOSE DAS SUBVENCIONS PRA COMPRAR VOTOS.
AGORADI O MEXON QUE ADORA GALICIA E EU NON COÑEZO A NINGÚN GALEGO QUENON QUERA VOLVER PRA SUA TERRA AINDA QUE SEXA SUBILIDAO OU MORTO.
CANTA RIQUEZA PRODUCE A LECTURA E CANTA POBREZA A IGNORANCIA.
EN FIN ASI ESTAMOS ENA MENTRES CRITICAMOS ALGO QUE NON SABEMOS COMA VAI SER. SE LEVAMOS PERDIDOS TANTOS ANOS NON CREEDES QUE O RISCO(VICENTE) MERECE A PENA.
SAUDE IRMANS

Resposta o PPG de Ourense

Eu tamén estaba no 1986
08.01.2007 22.44
Eu tamén estaba nas decisións tomadas no 1986 e é falso que a dirección prescindiu de Pousa.
Canta indignidade nos usurpadores das siglas do partido de Castelao. Menuda xentiña!. O pobo xa vos porá donde merescedes.

FRAUDE.

GALEGUISIMO
02.01.2007 10.27
Todo o mundo sabe xa que o verdadeiro galeguismo está presenta no BNG da man da herdanza recidibida cando se integrou nel o PNG-PG de X. H. Rguez Peña -D.E.P.-. O deste P.G. só son unhas siglas sen contido nacionalista algún: que pensan da autodeterminación?, por qué presentan candidatos ás eleccións locais españolistas?, por qué teñen concelleiros que van facendo apoloxía de españolismo?, ...en fin, tantas preguntas sen resposta.. Arriba a incoerencia. Adiante co BNG.

ADIANTE O P.G.

ADIANTE O P.G.
29.12.2006 12.30
ADIANTE O P.G. aque que rematar con tanto cacique e ladron que hai na Galicia. O PG vai axudar a que Galicia mellore. ¿por que non queren alguns que Galicia teña outra forza politica que traballe polo noso?. Os que estan en contra son os que comen do pio do poder. O certo e que non importa.

¡ O futuro e noso!. Eu teño 33 anos, e non me importa nada o que diga un Guru...

Que se vaia para a casa a dormir. E os do PP-Psoe-BNG, que se preparen que se acabou o decir sandeces e tonterias. Cidade da Cultura, antes en contra e agora a favor ¿por que este cambio do PSOE e BNG?, pois esta calro, agora chupan eles. Ahi que botalos fora e que Galicia renazca. Viva o PARTIDO GALIGUISTA DE CHESQUI. Con Collons¡¡¡

galicia necesita outra politica

un galego de 30 anos
29.12.2006 12.24
E certo, e todos o sabemos. Tanto o PP, o BNG ou o PSOE, non lles importa realmente Galicia. O mais triste e o BNG. Antes de onte criticaban a proxecto da Cidade da Caultura de santiago de Compostela, e hoxe din que a van facer ainda mais grande. ¡ Moito formigon, moita contrata e subcontrata, e consecuentemente moitas comisions!. E os mozos galegos emigrando ou traballando por catro patacos. Galicia necesita outra forza politica que mira por ela. Nin o sectarismo do BNG, mais caciques que os do PP, nin os pijos do PSOE, que non son nin socialistas, nin galegos, nin nada. Nin o PP, que xa deixou a Galicia na cola de Europa. ¿ Por que o P.G. non pode aspirar a mellorar a nosa terra?. Claro que pode. Pero os BNG-PSOES-PP, xa senten o alento na nuca e sinten que se lles pode acabar a pia. Hai que botalos fora os de sempre e apostar por outra politica. E os que critican o PG falan o que lles din os seus amos, (quintanas-touriñose feijoos ). Que se vain para Castela.

Que vagoa

conRRoibo
12.12.2006 10.28
Eu que participei en algunha que outra "acción galeguista" antes de que o PG se reactivase nesta nova andaina, e sinto fondamente as verbas de Avelino, non sei si son os anos, o querer agradecer algun premio recibido ou o que. O certo é que si algén defendeu sempre contra vento e marea a figura política de Pousa ainda cando os tempos non eran os mais propicios para el e o PG foi sempre Chesqui (a memoria tamén e volatil cos anos), e creo que este estará moi doido con semellantes declaracións. Dame que é mais unha cuestión de carcter persoal que política, pois sei (por que llo escoitei o propio Avelino) que por si el fora o PG acabaría sendo unha agrupación cultural ou algo polo estilo.
Galicia non pode ter organizacións de pandereta, para simple deleite e loubanza da historia, necesitamos de persoas e organizacións que den pasos firmes hacia o futuro, sin esquecer o pasado e aprendendo dos erros do pasado, pero sin que este sexa un lastre para a Galicia do futuro. A modernidade, a anovación das persoas e das ideas sempre e necesario, E VITAL para os proxectos políticos. Outra cousa ben distinta e faltarlle o ideario galeguista e dou fe que este non é o caso.
Os anos pasan e Avelino sempre se quixo adicar a loubanza das figuras do galeguismo, e iso está moi ben, e de admirar, é honrroso, nunca o criticarei por non haber sido, apesar de ter unha vagaxe intelectual e política propicia, unha das persoas que tiña que liderar o PG do futuro, foi a súa opción persoal e polo tanto e respetable, daí a recriminarlle a Xavier Gonzalez ou a Chesqui que deran un paso adiante e que fosen capaces de por en escea o vello PG pareceme desmesurado. ¿Ou acaso os nosos devanceiros non conformaron o PG a partires de varios partidos espallados pola Galicia de entonces e de persoas que non estaban vencelladas a partidos?
O dito, unha vagoa irmán Avelino.
Saude e Terra.

ASI LLE VAI A NOSA TERRA

PEPE DE ARMARIZ
03.12.2006 11.32
"Dous Galegos no extranxeiro, forman una colonia, en Galicia......Un pleito".Para pertenecer a o Partido Galeguista fai falta ter "pedegree"?, non chega con sentir Galicia?, o e que o Partido Galeguista ten que asemellarse a algunas sectas ou organizacions esotericas, que teñen que alguns "gurus" dar o visto bo, para poder entrar nas mesmas. Pregolle a os señores do Partido Galeguista, que nomeen a o Sr. Pousa Antelo 1º"Guru" e sometan a o seu visto e placet de calqueira solicitude de afiliacion que se faga no futuro. Por que teño 55 anos ,son independente (non dependo de naide nin de nada) e a o peor solicito a miña entrada no Partido Galeguista.

¿A que intereses obedecen estas decraracions?

PG-Ourense
03.12.2006 03.49
Tendo en conta de que parten dun suposto absolutamente falso porque Chesqui, na entrevista publicada en Galicia Hoxe o 19 de Novembro e redactada polo mesmo periodista que asina esta, NON alude para nada a Avelino Pousa Antelo (está a hemeroteca para comprobalo), compre preguntarse a que intereses obedecen estas decraracions de Avelino Pousa Antelo ou, tamén pode ser, ¿quen manipulou a Avelino Pousa para que fixese estas declaracions?.
Na entrevista publicada o 19/11, Chesqui di textualmente algo absolutamente certo e que non precisa o placet de de Avelino Pousa porque está na historia; exactamente di: "O que nós estamos a ofrecer e un partido que foi a columna vertebral da intelectualidade galeguista nos anos 30, e recollemos aquel testemuño de mans de xente como Ramón Martínez López, Manolo Beiras -pai de Xosé Manuel Beira- ou Valentín Paz Andrade".
¿Cal é o aldraxe para con Pousa Antelo que hai nestas verbas?, ¿onde está a utilización do seu nome?; hai que ser serios e non andar a procura de titulares porque unha cousa é a información e outra moi distinta a intoxicación.
Avelino Pousa ten os méritos que ten e a traxectoria que foi facendo no día a día da súa vida; ninguén os discute porque non son cuestion tan importante como para entrar en debate. Pero non menos certo é que o P.G. fai décadas, concretamente no ano 1.986 e sendo Presidente D. Ramón Martínez López e Secretario Xeral Manuel Suárez, que prescindiu de Avelino Pousa Antelo por decisión da dirección do Partido Galeguista e non porque Pousa Antelo se fora por propia vontade; e, a día de hoxe non hai nin un só dato que indique que alguén o bota de menos no Partido Galeguista.
Como Galeguistas non temos interese algún en entrar en polémicas absurdas, nin en que ninguén se faga publicidade ou agradeza favores ou medallas a conta de facer decraracións contra nós. Desexamoslle o mellor a Avelino Pousa, do mesmo xeito que rotundamente queremos deixar constancia de que non temos intención nin interese algún en recuperar para o noso presente un pasado do que decidimos prescindir xa fai vinte anos. Pregamos, eso si, rigor na información e que cando as cousas nin son certas nin exactas se diga que non o son porque as hemerotecas poñen facilmente a cada quen no seu sitio e non deixa de ser unha mágoa ver como un home como Avelino se trabuca e queda en entredito por culpa de que, a hora de face-la entrevista ou recoller as decraracións, ninguén lle informa da realidade.
Saúde e Terra

Partido Galeguista
Agrupación de Ourense

¿De verdade pensa este home que alguén que non sexa o Bloque pode aproveitar a súa imaxe?

CHAMALLE Y
03.12.2006 00.05
Canto estómago agradecido hai, con tal de que lle den a un unha medalliña da Xunta fai o que faga falla. ¡Pobre home!, ¡non atura ver como hai Galeguistas que non comen da man do Bloque e traballan para manter vivo o P.G. e o proxecto político de tantos homes e mulleres galegos!, ¡pensar que é tan importante como para ser usado nalgunha campaña é canto menos unha indecencia!
Os seus asesores de imaxe deberían aconsellarlle que teña máis coidado para que non se note tanto que estas declaracións pagan favores e medallas. En fin, un vello dinosauro que despotrica porque hai un P.G. vivo e puxante que nin o quere nin precisa de íl.

Indecentes aproveitados

chámall'equis
01.12.2006 19.17
O que están a facer con estas siglas é indecente. Usurpáronas (aínda esta aí o meste D. Avelino, fundador) e aprovéitanse delas citando a xente coa que nada teñen que ver, nin ideoloxicamente nin nada.
Algúns deses "pequenos partidos independentes" son para ver. Partidos de dereita, ultraconservadores que non saben nin quen foi Castelao, ou Bóveda, ou Villar Ponte, ou quen é Pousa Antelo... Son uns demagóxicos que só buscan medrar, ese partido non ten unha ideoloxía clara.
Sempre Partido Galeguista do 31!!! Non a "sotadas", "chesquiadas" e demais.

Escribe tu comentario

Alias

Clave

Para escribir tus comentarios en las noticias, necesitas ser usuario registrado. Si no lo eres regístrate ahora

Título

Comentario

www.elcorregallego.es no se hace responsable de las opiniones de los lectores
y eliminará los comentarios considerados ofensivos o que vulneren la legalidad.

 
atrás Añadir a Yahoo la noticia Pousa Antelo non quere que o ‘novo’ PG utilice o seu nome

Añadir a Del.icio.us la noticia Pousa Antelo non quere que o ‘novo’ PG utilice o seu nome

Añadir a Menéame la noticia Pousa Antelo non quere que o ‘novo’ PG utilice o seu nome

Chuza esta noticia imprimir recomendar Aumentar texto Reducir texto
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade