Galicia Hoxe
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
 
Google
Portada  |   Portada en PDF  |   Hemeroteca  |   RSS  RSS Martes 09.02.2010  |  Actualizado 16.22
Política Galicia 
atrás Añadir a Yahoo la noticia Seis gardas civís vixían o chalé que ten Fraga en Perbes Añadir a Del.icio.us la noticia Seis gardas civís vixían o chalé que ten Fraga en Perbes Añadir a Menéame la noticia Seis gardas civís vixían o chalé que ten Fraga en Perbes Chuza esta noticia imprimir recomendar Aumentar texto Reducir texto

polémica

Seis gardas civís vixían o chalé que ten Fraga en Perbes

O BNG defende que eses servizos os fagan axentes privados

AXENCIAS . SANTIAGO

Manuel Fraga, de costas, no seu chalé, en Perbes (Miño), no que sempre pasa as vacacións de verán FOTO: AGN
Manuel Fraga, de costas, no seu chalé, en Perbes (Miño), no que sempre pasa as vacacións de verán
FOTO: AGN
O portavoz do Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego (BNG), Carlos Aymerich, criticou onte que "seis axentes da Garda Civil estean dedicados diariamente" a vixiar o chalé que ten no municipio coruñés de Miño o ex presidente da Xunta e actual senador polo Partido Popular (PP), Manuel Fraga, e preguntouse se é "unha prebenda máis na lei de ex presidentes" que impulsa o Goberno galego e que, en principio, non conta co apoio dos nacionalistas.

Na Comisión Institucional do Parlamento galego, Aymerich opúxose á proposición do Grupo Popular para incrementar a dotación de recursos e materiais dos cuarteis da Garda Civil na comarca da Coruña, e preguntouse se os populares pretenden aumentar o número de axentes "para vixiar o chalé de Perbes".

O deputado nacionalista recordou que a vivenda só está ocupada polo ex presidente do PPdeG e da Xunta "un mes no verán" e lamentou que seis axentes da Garda Civil de Betanzos, Miño, Oleiros e Sada realizan diariamente labores de vixilancia no lugar, "un servizo que podería prestar a seguridade privada", segundo considera o parlamentario frontista.

Ameazas de criminalidade ou inseguridade

Fronte a iso, Carlos Aymerich considerou máis necesario incrementar o persoal do Seprona, xa que só 130 axentes pertencen a este grupo en Galicia. Ademais, criticou que o PP "intente chegaró Goberno dacabalo de ameazas" como a criminalidade ou a inseguridade cidadá, "tan propio da extrema dereita".

Ante a reacción dos populares a esta acusación, Aymerich reafirmouse e asegurou que o deputado do PPdeG, Diego Calvo, riuse da súa afirmación porque "se dá por aludido". "Efectivamente, ía por el", sentenciou Aymerich.

A deputada popular Beatriz Mato solicitara "máis recursos e máis efectivos" para a Garda Civil na área da Coruña, ata lograr un cociente dun axente en activo por cada mil habitantes.

O grupo parlmentario do PSdeG uniuse ó Bloque Nacionalista no rexeitamento a esta proposta e a deputada socialista Beatriz Sestayo asegurou que o cociente da Garda Civil na provincia da Coruña era no ano 2005 de 1,3 axentes por cada mil habitantes.

PROXECTO DE LEI

Insisten en que os ex presidentes non se incorporen ó Consultivo

O voceiro do BNG no Congreso, Francisco Rodríguez, rexeitou onte a proposta do conselleiro da Presidencia, o socialista José Luís Méndez Romeu, de incorporar os ex presidentes da Xunta como membros natos do Consello Consultivo.

Rodríguez considerou que "non é positivo" incluír ós ex presidentes no Consello Consultivo, "nin en calquera outro organismo autonómico", porque segundo apuntou, "teñen un papel político importante". "Se os metes nestas institucións estalos a converter en reféns de determinadas concepcións políticas", agregou.

Por iso, manifestouse partidario de que sexan os grupos parlamentarios os que cheguen a un acordo unánime sobre o futuro status dos ex presidentes, que inclúa un soldo. "Non pasa nada porque teñan asignado un soldo pero sen esas argalladas de organismos e sen referencias políticas", concluíu.

comentarios

Escribe tu comentario

Alias

Clave

Para escribir tus comentarios en las noticias, necesitas ser usuario registrado. Si no lo eres regístrate ahora

Título

Comentario

www.elcorregallego.es no se hace responsable de las opiniones de los lectores
y eliminará los comentarios considerados ofensivos o que vulneren la legalidad.

 
atrás Añadir a Yahoo la noticia Seis gardas civís vixían o chalé que ten Fraga en Perbes Añadir a Del.icio.us la noticia Seis gardas civís vixían o chalé que ten Fraga en Perbes Añadir a Menéame la noticia Seis gardas civís vixían o chalé que ten Fraga en Perbes Chuza esta noticia imprimir recomendar Aumentar texto Reducir texto
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade