Galicia Hoxe
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
 
Google
Portada  |   Portada en PDF  |   Hemeroteca  |   RSS  RSS Martes 09.02.2010  |  Actualizado 16.22
Política Galicia 
atrás Añadir a Yahoo la noticia Proxectos a esgalla
Añadir a Del.icio.us la noticia Proxectos a esgalla
Añadir a Menéame la noticia Proxectos a esgalla
Chuza esta noticia imprimir recomendar Aumentar texto Reducir texto

PLENO DE INVESTIDURA DO CANDIDATO Á PRESIDENCIA DA XUNTA

Proxectos a esgalla

Feijóo remata un discurso de case dúas horas de plans futuros invocando a Deus logo de salientar que "non vimos restaurar ningún pasado nin derrubar o que fixeron ben os antecesores"

R.C.B. . SANTIAGO

Núñez Feijóo, pronunciando o seu discurso, ante o xesto canso de Pérez Touriño FOTO: Ramón Escudero
Núñez Feijóo, pronunciando o seu discurso, ante o xesto canso de Pérez Touriño
FOTO: Ramón Escudero
Invocando a Deus, da maneira en que o facían os celtas para que lles axudara a saír vitoriosos das súas loitas, e que logo Alfredo Brañas utilizou como título nun dos seus poemas, Alberto Núñez Feijóo concluíu onte o seu discurso de investidura como candidato a presidente da Xunta pronunciando un Deus fratresque Gallaecia. Un discurso que mantivo entretidos durante case dúas horas as súas señorías que sentaban nos escanos do Pazo do Hórreo, ás decenas de xornalistas que seguían o evento e ós convidados que se achegaron á tribuna, a maioría deles, cargos populares provinciais e locais e ex deputados.

Foi o de Feijóo un monólogo no que a palabra "plan" gañou por maioría en número de veces repetida. En efecto, o futuro mandatario autonómico dedicou boa parte da súa exposición a enumerar os seus proxectos futuros para o goberno, para saír da crise, para o Parlamento, para o benestar e para todos os ámbitos da comunidade. "Nós non vimos restaurar ningún pasado nin derrubar o que fixeron ben os nosos antecesores. Representamos e aspiramos a continuar representando con lealdade a Galicia nova que sen rancores nin dogmas se sente peregrina polos camiños da historia e quere ser protagonista da etapa que lle toca vivir". Exclamou Núñez Feijóo, antes de anunciar, non obstante, que derrogará o Decreto que regula o galego no ensino e que revisará o concurso eólico, por exemplo, entre outras medidas encamiñadas a paralizar algúns dos proxectos estrela do Executivo Bipartito saínte.

Feijóo prometeu un goberno que respectará as leis. E foi aquí onde arrincou un dos primeiros aplausos, que por certo, en todos os momentos procederon sempre das bancadas populares. "O Goberno traballará, porque a sociedade así nolo esixe, para que termos como sectarismo, caciquismo, enchufismo ou partidismo só teñan significado entre nós para referirnos ó pasado", dixo, para, uns minutos máis tarde, amosar o seu respecto pola "entrega e traballo" realizado por todos os ex presidentes da Xunta, incluído Emilio Pérez Touriño, quen, desde o seu escano, non podía disimular o seu incomodo por ser o popular e non el quen estivera dando o discurso de investidura como futuro presidente da Xunta.

Feijóo deixou claro que quere gobernar para todos, non só para os que votaron PP nas eleccións do pasado 1 de marzo, e dixo que intentará contentar a todos os galegos, de "aquí e de acolá", parafraseando, nas súas palabras, ó "mestre" Álvaro Cunqueiro. E é que Núñez Feijóo se preocupou moito por introducir citas no seu discurso. Así dixo que non mentirá, "por moi piadosa que puidera resultar a mentira" e no medio do hemiciclo usou a mesma frase que o escritor Vaclav Havel, primeiro presidente democrático de Chequia, lle dirixiu á súa nación. "Supoño que non me propuxeron para este cargo para que vos minta", dixo, para máis adiante, e en castelán, reproducir un parágrafo do filólogo e pedagogo Couceiro Freijomil, procedente do seu ensaio La bandera de Galicia: "Galicia no pertenece a ningún partido ni grupo. Ella debe ser un fin, nunca un medio. Por encima de todas las discrepancias y aspiraciones, es menester que permanezca el santo nombre de Galicia uniendo estrechamente, sin distingos, a cuantos en ella tuvimos suerte de nacer, para colaborar estrechamente en la grandeza de su futuro". Convocaba deste xeito a todos os grupos parlamentarios ó diálogo, igual que ós representantes dos traballadores e ós empresarios e demais institucións, para lograr saír "deste momento crítico" da historia galega.

E así chegaron case as 12.00 horas, o mesmo horario ó que mañá se retomará o pleno para que, esta vez, e logo dunha reflexión de vinte e catro horas, interveñan os portavoces dos tres grupos parlamentario e se proceda á votación para elixir ó que será o capitán de San Caetano durante os próximos catro anos. PSdeG e BNG xa anunciaron que non o apoiarán, non obstante, Feijóo sairá adiante cos seus 38 deputados da maioría absoluta. Comeza unha nova era. Chegou o recambio.

DESDE O HEMICICLO

De risas, aplausos, cafés, apertas e malas caras

Era o de onte un día de contrastes. Os corredores do Pazo do Hórreo convertéronse, xunto antes das 10.00 horas e despois das 12.00 nun ir e vir de deputados e simpatizantes, sobre todo do PP, e nun cruce continuo de saúdos e abrazos. Os populares estaban contentos e non o disimulaban. Achégase o día no que recuperarán oficialmente o goberno perdido hai catro anos e os plans que Alberto Núñez Feijóo ten para o novo goberno gústanlles, e moito. Por iso se preocuparon por aplaudir a cada pouco durante o discurso do seu líder. Un dos puntos máis obacionado foi cando Feijóo dixo que procurará "recuperar o consenso" lingüístico e trasladar ás aulas a "cordialidade" sobre a lingua, logo de que "nesta pasada lexislatura" houbera, segundo el, "movementos desde o Goberno que abrían a porta á imposición do galego". Feijóo dixo que quere unha sociedade trilingüe, que fale español, galego e inglés, e que se acabaron as Galescolas.

Nas filas populares, satisfación. Nas socialistas, caras de indeferencia e incredulidade. Nas nacionalistas, con Anxo Quintana sentado na Mesa do Parlamento con cara de preocupación, xestos e risas irónicas e de alucinación ante os anuncios do conservador.

Na tribuna de convidados, Albor, Baltar, Louzán ou a que se di que é a compañeira do futuro presidente da Xunta, atendían sen pestanexar. Ó rematar, saúdos cordiais á prensa e baixada á cafetería do Pazo do Hórreo para comentaren as xogadas. A VIII lexislatura toma rumbo.

comentarios [ 2 ]

Toc - Toc: Suena hueco

Piruletaroja
15.04.2009 13.15
http://www.aspiruletas.blogspot.com/

Toc - Toc: Suena hueco

Piruletaroja
15.04.2009 10.43
http://aspiruletas.blogspot.com/

Escribe tu comentario

Alias

Clave

Para escribir tus comentarios en las noticias, necesitas ser usuario registrado. Si no lo eres regístrate ahora

Título

Comentario

www.elcorregallego.es no se hace responsable de las opiniones de los lectores
y eliminará los comentarios considerados ofensivos o que vulneren la legalidad.

 
atrás Añadir a Yahoo la noticia Proxectos a esgalla
Añadir a Del.icio.us la noticia Proxectos a esgalla
Añadir a Menéame la noticia Proxectos a esgalla
Chuza esta noticia imprimir recomendar Aumentar texto Reducir texto
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade