Galicia Hoxe
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
 
Google
Portada  |   Portada en PDF  |   Hemeroteca  |   RSS  RSS Martes 09.02.2010  |  Actualizado 05.00
Política Galicia 
atrás Añadir a Yahoo la noticia Causa Galiza sairá un ano máis á rúa a prol da soberanía nacional
Añadir a Del.icio.us la noticia Causa Galiza sairá un ano máis á rúa a prol da soberanía nacional
Añadir a Menéame la noticia Causa Galiza sairá un ano máis á rúa a prol da soberanía nacional
Chuza esta noticia imprimir recomendar Aumentar texto Reducir texto

Día da patria

Causa Galiza sairá un ano máis á rúa a prol da soberanía nacional

A plataforma independentista convoca a manifestación en Compostela, o sábado, despois da do Bloque, e un xantar popular en Belvís

REDACCIÓN

A plataforma social e política Causa Galiza convocou unha manifestación en Santiago para este sábado, 25 de xullo, coincidindo co Día de Galicia, na que defenderá a "soberanía nacional" da comunidade para afrontar a crise económica mundial. A manifestación convocada por esta plataforma, que agrupa diferentes correntes políticas independentistas, como FPG, Movemento pola Base, Nós-UP ou o Partido Comunista do Povo Galego, sairá ás 13.00 horas da Alameda de Santiago, -xusto unha hora despois de que o faga do mesmo lugar a manifestación convocada polo BNG-. A xornada reivindicativa de Causa Galiza seguirá despois cunha comida popular no parque de Belvís, onde tamén se desenvolverá un programa de actividades culturais, políticas e deportivas. O xantar do Bloque, pola súa banda, e como todos os anos, será na carballeira de Santa Susana, no campus sur compostelán.

O portavoz de Causa Galiza, Pedro Alonso, explicou onte que o lema da manifestación -a terceira consecutiva organizada pola plataforma- será "Contra a crise do capital, soberanía nacional", xa que, segundo el, a crise económica está afectando a "sectores estratéxicos básicos" de Galicia, como é o caso da pesca, o lácteo ou o do metal, entre outros. Alonso amosouse optimista e calculou que esperan xustar neste Día da Patria 2009 a ó redor de 1.500 persoas.

100 DÍAS DE GOBERNO

Núñez Feijóo é "negativo"

O portavoz de "Causa Galiza" valorou como "tremendamente negativos" estes primeiros cen días de Alberto Núñez Feijóo como presidente da Xunta de Galicia que están a piques de cumprirse, e manifestou que a plataforma, "enraizada nos valores da esquerda", resistirá os "intentos do Partido Popular de diluír a identidade nacional galega".

comentarios

Escribe tu comentario

Alias

Clave

Para escribir tus comentarios en las noticias, necesitas ser usuario registrado. Si no lo eres regístrate ahora

Título

Comentario

www.elcorregallego.es no se hace responsable de las opiniones de los lectores
y eliminará los comentarios considerados ofensivos o que vulneren la legalidad.

 
atrás Añadir a Yahoo la noticia Causa Galiza sairá un ano máis á rúa a prol da soberanía nacional
Añadir a Del.icio.us la noticia Causa Galiza sairá un ano máis á rúa a prol da soberanía nacional
Añadir a Menéame la noticia Causa Galiza sairá un ano máis á rúa a prol da soberanía nacional
Chuza esta noticia imprimir recomendar Aumentar texto Reducir texto
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade