Galicia Hoxe
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
 
Google
Portada  |   Portada en PDF  |   Hemeroteca  |   RSS  RSS Domingo 08.02.2009  |  Actualizado 06.14
Maré 
atrás Añadir a Yahoo la noticia Nace o premio a mellor blog
Añadir a Del.icio.us la noticia Nace o premio a mellor blog
Añadir a Menéame la noticia Nace o premio a mellor blog
Chuza esta noticia imprimir recomendar Aumentar texto Reducir texto

Nace o premio a mellor blog

A Asociación de Escritores en Lingua Galega decidiu onte concederlle o premio ‘Bos e Xenerosos’ a Mariví Villaverde e a ‘Letra E’ a Agustín Fernández Paz. Foron dúas das decisións que se tomaron na súa asemblea anual na que os socios renovaron a súa confianza en Cesáreo Sánchez que seguirá á fronte da asociación que preside dende 2005

REDACCIÓN/AGN

A asemblea anual dos escritores, con Cesáreo Sánchez, terceiro pola dereita, e Marta Dacosta, cuarta pola dereita, que foron reelixidos á fronte da asociación
A asemblea anual dos escritores, con Cesáreo Sánchez, terceiro pola dereita, e Marta Dacosta, cuarta pola dereita, que foron reelixidos á fronte da asociación
A Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG) celebrou onte a súa asemblea anual de socios en Santiago de Compostela, na que -entre outras cuestións- aprobou a nova composición da súa xunta directiva, que seguirá a presidir Cesáreo Sánchez, con Antía Otero como vicepresidenta. Na asemblea deuse tamén o visto e prace ao programa de actividades para o 2009, entre o que se acordou a concesión do premio "Bos e xenerosos" a Mariví Villaverde, así como a concesión da Letra "E" ao escritor Agustín Fernández Paz. Asemade, declarouse "Escritora Galega Universal" á mexicana Elena Poniatowska, distinción que se lle otorgou tamén, e por primeira vez, a un autor do ámbito literario da lusofonía, recaendo nesta ocasión no escritor angoleño Jose Luandino Vieira. Estes premios entregaranse na xa consolidada Cea das Letras conxuntamente cos Premios AELG, que este ano incorporarán unha nova distinción: a do mellor blog literario. Igualmente, entregaráselle o galardón á institución que destacou durante o ano no seu labor cultural, concedéndoselle nesta ocasión á Sección de Literatura do Liceo de Ourense, personificada na figura de Marcos Valcárcel.

Mariví Villaverde, filla do alcalde republicano de Vilagarcía de Arousa Elpidio Villaverde, marchou de pequena ao exilio francés coa súa familia a fins do 36 e tres anos despois, embarcou rumbo a Bos Aires onde casou co escritor galeguista e dirixente comunista Ramón de Valenzuela. Alí traballou no Teatro Galego da Federación e dirixiu xunto con Arturo Cuadrado o diario Galicia. Regresou a España en 1966.

comentarios

Escribe tu comentario

Alias

Clave

Para escribir tus comentarios en las noticias, necesitas ser usuario registrado. Si no lo eres regístrate ahora

Título

Comentario

www.elcorregallego.es no se hace responsable de las opiniones de los lectores
y eliminará los comentarios considerados ofensivos o que vulneren la legalidad.

 
atrás Añadir a Yahoo la noticia Nace o premio a mellor blog
Añadir a Del.icio.us la noticia Nace o premio a mellor blog
Añadir a Menéame la noticia Nace o premio a mellor blog
Chuza esta noticia imprimir recomendar Aumentar texto Reducir texto
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade