Galicia Hoxe
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
 
Google
Portada  |   Portada en PDF  |   Hemeroteca  |   RSS  RSS Sábado 07.10.2006  |  Actualizado 00.00
Maré 
atrás Añadir a Yahoo la noticia O Tribunal Supremo só acepta como oficial o topónimo galego de A Coruña
Añadir a Del.icio.us la noticia O Tribunal Supremo só acepta como oficial o topónimo galego de A Coruña
Añadir a Menéame la noticia O Tribunal Supremo só acepta como oficial o topónimo galego de A Coruña
Chuza esta noticia imprimir recomendar Aumentar texto Reducir texto

en guerra

O Tribunal Supremo só acepta como oficial o topónimo galego de A Coruña

O Tribunal Supremo notifícalle ao Concello herculino unha nova sentenza na que declara o topónimo en galego da Coruña a única forma oficial para denominar a cidade

MARÉ. SANTIAGO

Catorce anos despois do incio da batalla, o Tribunal Supremo notificoulle ao concello herculino unha nova sentenza -a enésima- ratificando o topónimo "A Coruña" como "unica forma oficial" para denominar a cidade.

O actual alcalde da urbe, Javier Losada, herda así o litixio que empezara o seu antecesor, Francisco Vázquez, por conservar o "L" no topónimo. O seu principal fustigador neste asunto, a Mesa pola Normalización Lingüística que preside Carlos Callón, informou onte nun comunicado desta sentenza.

Lembra o colectivo de defensa da lingua que este ditado xudicial está motivado por un recurso do Goberno municipal coruñés no que "no só solicitaba que non fose recoñecida a forma A Coruña como a oficial a todos os efectos, senón que pretendía que se tirase abaixo a Lei de normalización lingüística a través dunha cuestión de inconstitucionalidade". Para Callón, agora, "hai dúas voces que a cidadanía debe escoitar despois desta nova sentenza xudicial: a de Javier Losada, e a do presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño".

Considera así mesmo que o rexedor herculino ten ante si "a oportunidade de ouro para demostrar se vai manterse como unha fotocopia de Vázquez ou se van cumprir as leis". A Touriño, pola súa banda, acusouno de manter unha "actitude indolente, cando non cómplice" durante o mandato de Vázquez, polo que agora, dixo, "debe lembrar que é presidente da Xunta e que, como tal, ten obrigas, e non pode ser defensor de delincuentes, malia que sexan do seu mesmo partido político". Ademais, a Mesa pola Normalización Lingüístia instou o concello coruñés para ofrecer datos "veraces" sobre os gastos "reais" que lle está a ocasionar ás arcas municipais esta "loita obsesiva contra o galego e as leis".

Ao longo destes anos, todas as sentenzas xudiciais defenderon a forma "A Coruña" como única oficial válida, motivo polo cal Carlos Callón entende que Javier Losada ten agora dúas opcións: "ou acatar as sentenzas xudiciais ou continuar a mal- gastar diñeiro público en recorrer o que xa sabe que ten perdido, nunha irracional batalla contra a lingua galega".

DATOS

Satisfacción e indefensión

A Mesa pola Normalización Lingüística acolle "con satisfacción" este novo pronunciamento do Tribunal Supremo, mais mostra tamén que se sente "totalmente indefensa perante un goberno municipal que ri das sentenzas xudiciais e un decepcionante Presidente da Xunta que, até o momento, non tomou a primeira acción en defensa da legalidade no Concello da Coruña".

comentarios [ 5 ]

ignorantes

hidden
15.03.2007 17.02
Si quieréis hablar gallego tenéis que hablarlo bien. Si lo oficial es "A Coruña" también tenéis que recordar que lo oficial es "Galicia" no "Galiza". Este último término es portugués, ignorantes.

Centra-lo pensamento

Pichi
05.03.2007 10.22
Quen lle ía dicir a Carlos Marcos que acadaria sendo galeguista.Cando me decatei o impacto foi grande e pensei mal,moi mal,que aquilo polo que loitou Castelao e polo que morreu Bóveda puidese estar en mans de alguén como Carlos Marcos.Mais isto da politica é sorprendente e foron pasando os dias e noto que a súa mensaxe está calando en moita da xente coa que falo.Nunca tiven dúbidas de que é un tio listo e que detrás dunha campaña financiada con moito diñeiro soubo elixir os conceptos que ao electorado en xeral gústalles escoitar,diálogo,centrismo e galeguismo.As miñas diferenzas con Carlos son grandes,moi grandes,mais a saber se a este acadará convencerme a min,nacionalista e de esquerdas.Neste intre cadrou que no asunto do ballet galego Rey de Viana estar de acordo con Carlos.

A Coruña ou "La" Coruña

Patricio
06.12.2006 13.50
As cousas chámanse polo seu nome.

A coruña

xoán
06.12.2006 04.57
un bo xeito,dde lle facer cumprir as leises aos alcaldes,é inhabilitalos.
Na Galiza en galego

Cooficialidade

Manuel
07.10.2006 18.56
Penso que a mellor solución sería a cooficialidade de ámbolos dous topónimos en función da lingua que se empregue.

Escribe tu comentario

Alias

Clave

Para escribir tus comentarios en las noticias, necesitas ser usuario registrado. Si no lo eres regístrate ahora

Título

Comentario

www.elcorregallego.es no se hace responsable de las opiniones de los lectores
y eliminará los comentarios considerados ofensivos o que vulneren la legalidad.

 
atrás Añadir a Yahoo la noticia O Tribunal Supremo só acepta como oficial o topónimo galego de A Coruña
Añadir a Del.icio.us la noticia O Tribunal Supremo só acepta como oficial o topónimo galego de A Coruña
Añadir a Menéame la noticia O Tribunal Supremo só acepta como oficial o topónimo galego de A Coruña
Chuza esta noticia imprimir recomendar Aumentar texto Reducir texto
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade