As raíces do mal absoluto
. EFE
O escritor salmantino José Luis Muñoz profunda nas raíces do mal durante o período nazi na súa última novela, O mal absoluto, na que combina a investigación xornalística e a ficción literaria.
En declaracións á prensa, Muñoz sinalou que a orixe da historia de O mal absoluto (Algaida) está nunha serie de reportaxes que emitiu a BBC con motivo do 60 aniversario da liberación dos campos de concentración. "Un daqueles documentais incluía o testemuño dun sobrevivente de Auschwitz e dun antigo oficial das SS do campo", comenta Jose Luís Muñoz.
A primeira parte da novela, unhas duascentas páxinas, narra a entrevista que unha xornalista da televisión alemá ZDF fai ó antigo oficial das SS de Auschwitz Günter Meissner, agora un adiñeirado empresario, e a un sobrevivente do campo de extermino, Yehuda Weis. No documental, comenta Muñoz, tamén se entrevistaba un verdugo e a varias vítimas e "o primeiro saía nunha luxosa casa e non mostraba o máis mínimo arrepentimento, mentres que os sobreviventes do Holocausto aparecían en penumbra".