Galicia Hoxe
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
 
Google
Portada  |   Portada en PDF  |   Hemeroteca  |   RSS  RSS Sábado 21.06.2008  |  Actualizado 20.10
Maré 
atrás Añadir a Yahoo la noticia Existe aínda unha maior competencia idiomática do castelán sobre o galego
Añadir a Del.icio.us la noticia Existe aínda unha maior competencia idiomática do castelán sobre o galego
Añadir a Menéame la noticia Existe aínda unha maior competencia idiomática do castelán sobre o galego
Chuza esta noticia imprimir recomendar Aumentar texto Reducir texto

A FALA NO CENTRO DO FUTURO

Existe aínda unha maior competencia idiomática do castelán sobre o galego

Política Lingüística recoñece que a competencia idiomática en castelán segue a ser superior á do galego, a pesar de que este último idioma é o maioritario no país

MARÉ. SANTIAGO

As novas xeracións están adquirindo máis competencia en galego que os seus devanceiros
As novas xeracións están adquirindo máis competencia en galego que os seus devanceiros
O castelán segue a ser a lingua culta de Galicia e na que os galegos teñen maior competencia. Así se puxo de manifesto onte na presentación dos resultados do primeiro ano de funcionamento do Observatorio da Lingua Galega, nun acto celebrado en Santiago que presidiu a secretaria xeral de Normalización Lingüística, Marisol López. A pesar dese dato, o idioma predominante do país segue a ser o galego e, como nota optimista, comprobouse que as novas xeracións adquiren cada vez maior competencias nese idioma.

O observatorio, que comezou o seu labor no ano 2007, esculcou para o seu estudo de presentación oito ámbitos: cidadanía, Administración, economía e empresa, educación, sanidade, tecido asociativo, medios de comunicación e telecomunicacións. Os resultados amosan que a lingua galega ten unha presenza desigual na sociedade: Nas administracións autonómica e local conta cun uso maioritario, pero non ocorre o mesmo nas empresas e nas telecomunicacións, nos que a situación da lingua dixo Marisol López dista de estar normalizada.

O método de traballo seguido polo Observatorio é mixto. Por unha banda, realizáronse máis de 7.000 enquisas directas e, por outra, organizáronse 22 paneis de escoita, mesas de debate e achegas e suxestións, con máis 130 representantes dos outros ámbitos analizados.

Os estudos do Observatorio seguen os modelos doutras comunidades autónomas con dobre lingua oficial e ofrecen, como novidade, un indicador para coñecer o grao de normalización, o denominado índice de normalización lingüística (INL), obtido dos estudos realizados e que proporciona unha ferramenta estatística sobre o grao de normalización lingüística de cada sector.

Logo da primeira diagnose xeral, a función do Observatorio da Lingua será converterse nun instrumento áxil e rigoroso que proporcione información actualizada e en profundidade de sectores concretos nos que planificar actuacións de normalización lingüística no futuro. De feito, Marisol López adiantou que as próximas liñas de trabaixo deste instrumento se centrarán no estudo da presenza do galego en internet e no ámbito do dereito e das notarías, "para coñecer de forma rigurosa o uso do galego", resaltou.

O Observatorio da Lingua conta cunha páxina web (www.observatoriodalinguagalega.org) que presenta unha aplicación estatística para poñer a disposición dos usuarios ampla información dos resultados alcanzados.

Una das partes máis dinámicas da páxina será a sección Actualidade, na que se incluirán noticias relacionadas coas linguas, con independencia do idioma o do lugar en que se produzan.

Ademais, cunha periodicidade semanal, as persoas que o desexen recibirán o boletín Novas de Linguas, centrado na actualidade lingüística do mundo. A web ofrece ademais, un fondo documental, estatísticas determinables por variables e por ámbitos e unha hemeroteca do referido boletín.

Segundo os seus impulsores, a través da información obtenida, o Observatorio permitirá abrir novos ámbitos, de forma que se poida ampliar o traballo realizado para un mellor coñecemento da situación sociolingüística galega. Deste xeito, a secretaria xeral considera que o Observatorio da Lingua Galega "non pode nin debe ser unha ferramenta estática, polo que se van ver proximamente novas observacións que irán enriquecendo e completando a radiografía dos usos lingüísticos na sociedade". Destacou, ademais, o carácter innovador desta ferramenta e animou a visitar facer uso desta fonte de información permanente.

Medios, Policía, Facenda e Xustiza, os que menos cumpren

A páxina web do observatorio ofrece estatísticas sobre o grao de cumprimento da normalización lingüística en Galicia. Entre elas, figura un índice onde se revela que a Policía Nacional, a Axencia Tributaria, a Administración de Xustiza e a Garda Civil son os ámbitos onde menos se usa o galego, en proporcións que non superan o trinta por cento. Os medios de comunicación privados aínda van máis atrás. No caso da Policía Nacional non chega ao 26%. O seguinte tramo -con menos do 50%- ocúpano as empresas, as farmacias, a banca e a seguridade social.

No polo oposto, os ámbitos con maior implantación da normalización lingüística son os centros non universitarios, cun 88%. Síguenos outras entidades estatutarias(85,91%), os concellos (78, 28%), a Xunta (78,14%) e os centros universitarios (71,98%).

Con máis do cincuenta por cento de cumprimento dos índices de normalización lingüística, figuran as deputacións (64,69%), os hospitais (63,9%), os centros de saúde (61,08%), as asociacións (56,75%) e as entidades deportivas, que chegan até o 55,45%.

comentarios

Escribe tu comentario

Alias

Clave

Para escribir tus comentarios en las noticias, necesitas ser usuario registrado. Si no lo eres regístrate ahora

Título

Comentario

www.elcorregallego.es no se hace responsable de las opiniones de los lectores
y eliminará los comentarios considerados ofensivos o que vulneren la legalidad.

 
atrás Añadir a Yahoo la noticia Existe aínda unha maior competencia idiomática do castelán sobre o galego
Añadir a Del.icio.us la noticia Existe aínda unha maior competencia idiomática do castelán sobre o galego
Añadir a Menéame la noticia Existe aínda unha maior competencia idiomática do castelán sobre o galego
Chuza esta noticia imprimir recomendar Aumentar texto Reducir texto
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade