Galicia Hoxe
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
 
Google
Portada  |   Portada en PDF  |   Hemeroteca  |   RSS  RSS Martes 09.02.2010  |  Actualizado 13.08
Maré 
atrás Añadir a Yahoo la noticia O clúster audiovisual galego mira ó mercado internacional 

Añadir a Del.icio.us la noticia O clúster audiovisual galego mira ó mercado internacional 

Añadir a Menéame la noticia O clúster audiovisual galego mira ó mercado internacional 

Chuza esta noticia imprimir recomendar Aumentar texto Reducir texto

A unión fai o cine

O clúster audiovisual galego mira ó mercado internacional

Reixa, director do Clúster Audiovisual Galego, anuncia iniciativas de colaboración coa entidade vasca para "pór en marcha negocios en común"

MARÉ . COMPOSTELA

Antón Reixa, director de cine e presidente do Clúster Audiovisual Galego, participou onte nun encontro en Bilbao FOTO: AGN
Antón Reixa, director de cine e presidente do Clúster Audiovisual Galego, participou onte nun encontro en Bilbao
FOTO: AGN
Con iniciativas de colaboración para "a posta en marcha de negocios en común" con Euscadi regresou onte a Galiza Antón Reixa, presidente do Clúster Audiovisual Galego, que participou como convidado en Bilbao nunha xornada na que se analizaron os retos de competitividade na industria audiovisual.

O acto, que tivo lugar no marco da celebración da Semana Europea da Calidade e reuniu un centenar de empresas e expertos de todo o estado no sector do audiovisual, constitúe "o primeiro encontro" entre ambas entidades. Segundo o realizador a Eiken Basque Audiovisual, que valorou "a actividade tan intensa que está a desenvolver o Clúster galego nos últimos meses", conta cunha actividade asociativa "menos desenvolvida ca nosa pero cunha tecnoloxía máis avanzada" explica.

Entre os obstáculos cos que estas entidades se atopan, Reixa sinala que "é a exportación e a internacionalización" dos produtos o principal problema, xa que "non podemos pensar en clave só para nós mesmos" e por iso é necesario "buscar fórmulas para achegarse ós mercados internacionais". En canto ó ámbito galego, o realizador e músico cre que xa "demostramos" a consolidación dun mercado que ten a "capacidade para construír produtos suficientes para o autoconsumo".

Durante a súa intervención en Bilbao o cineasta subliñou o labor que desenvolve a entidade en aspectos de I+D, xa que "as empresas galegas do Clúster son moi pequenas e non se poden permitir este servizo" e é a institución "a que asume esa función" como "unha iniciativa de responsabilidade social-corporativa".

Antón Reixa tamén quixo destacar o papel do proxecto de Responsabilidade Social e Corporativa (RSC), que ten por obxectivo "facilitar un maior e mellor coñecemento e sensibilización en materia de responsabilidade social" e ademais vai crear un Observatorio do Audiovisual Responsable que fará un seguimento dos comportamentos das empresas audiovisuais.

En cantos ós próximos proxectos, Reixa adiantou a celebración dun Taller de Comercialización de Guión no que participarán expertos europeos, latinoamericanos e españois e no que se seleccionarán "10 producións galegas" que "chegarán aos mellores circuítos de distribución". Tamén está prevista a sinatura dun convenio coa Fundación R para a creación dunha ofician de TVI para coordinar a televisión interactiva de Galicia.

Pero o Clúster galego non só recibe axudas públicas senón que tamén conta con capital privado cedido polas entidades financeiras Caixanova e Caixa Galicia co que se desenvolven as actividades do Clube de Producións do Clúster e do Clube de Ideas.

A CLAVE

Centros de curta traxectoria

O Clúster Galego é un dos pioneiros españois ó crearse 2003. "Agora estase iniciando un en Valencia e hai outro en Canarias" e estúdase "a creación dun en Madrid" explica Reixa.

comentarios

Escribe tu comentario

Alias

Clave

Para escribir tus comentarios en las noticias, necesitas ser usuario registrado. Si no lo eres regístrate ahora

Título

Comentario

www.elcorregallego.es no se hace responsable de las opiniones de los lectores
y eliminará los comentarios considerados ofensivos o que vulneren la legalidad.

 
atrás Añadir a Yahoo la noticia O clúster audiovisual galego mira ó mercado internacional 

Añadir a Del.icio.us la noticia O clúster audiovisual galego mira ó mercado internacional 

Añadir a Menéame la noticia O clúster audiovisual galego mira ó mercado internacional 

Chuza esta noticia imprimir recomendar Aumentar texto Reducir texto
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade