| ||||||||||||||
De acordo coa Fundación, é a primeira vez no mundo que se emprega nunha institución cultural un sistema semellante, pois aínda que existen iniciativas parecidas, estas implican o uso de terminais de- señados especificamente para esa función, ou ben o sistema obriga a instalar unha aplicación determinada no teléfono da persoa que visita a exposición. Agora, por medio do traballo da empresa coruñesa Nomasystems, esas barreiras tecnolóxicas desaparecen e o único preciso é que levemos con nós o móbil coa función de Bluetooth habilitada para recibir totalmente de balde toda a información anexa ás exposicións. O xerente da sede coruñesa da Fundación Caixa Galicia, Fernando Prieto, apuntou que este sistema "facilita que os propios artistas sexan os que presenten a súa propia exposición", o cal constitúe tamén unha novidade interesante. Podería ser por exemplo cunha presentación en vídeo coma a que gravou o presidente da Real Academia Galega, Xosé Ramón Barreiro, para a exposición Galicia, a forza da palabra, dedicada ó centenario da institución. Ademais, Prieto lembrou que o sistema é "moi amigable e sinxelo" e que se adapta á tecnoloxía e características de cada un dos terminais ós que lles envía datos, e foi deseñado como un "sistema escalable", que é posible axustar ás futuras melloras da industria de telefonía móbil. De feito, sinalou que "agora está en galego e castelán", aínda que espera que "para o próximo verán estea dispoñible en inglés", facilitando así unha nova posibilidade de acceder á información ás persoas que non dominen ningunha das outras dúas linguas. Enrique Marcote e Miguel Rodríguez, de Nomasystems, fixeron demostracións das distintas posibilidades que ofrece o seu produto, que entre outras cousas posibilita a localización dos visitantes nas distintas salas, de maneira que a información que se vai enviando ó seu móbil é a necesaria en cada un dos espazos. Noutra das exposicións aberta na Fundación, sobre a película Pérez, o rato dos teus soños, o que recibimos nada máis entrar é un vídeo de animación no que se nos presenta a película que deu orixe a esta mostra. DESENVOLVEMENTOCultura e vangarda camiñan da man De cando en cando danse a coñecer cifras de visitas a museos e outras entidades culturais e case sempre acostuman ser baixas, con algunhas excepcións. O emprego de sistemas de información baseados nas novas tecnoloxías coma a estreada onte na Coruña sen dúbida pode exercer de gancho especialmente para atraer xente nova. Aínda que soamente sexa para ver como funciona o sistema, polo de pronto xa se consegue que haxa máis visitantes. E as características do sistema Bluetooth, incorporado hoxe en día a case todos os teléfonos móbiles vai facilitar isto. O Bluetooth é un protocolo de transmisión de datos por radiofrecuencia pensado inicialmente para facilitar o intercambio de información dixital entre dispositivos portátiles: por exemplo, pasar fotos dun móbil a outro. Pero o seu espallamento fixo que se descubriran novas aplicacións como por exemplo esta que agora podemos experimentar na Coruña. comentariosEscribe tu comentariowww.elcorregallego.es no se hace responsable de las opiniones de los lectores |
||||||||||||||
|
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade © 2010 www.galicia-hoxe.com
Tódolos dereitos reservados. Prohibida a reproducción total ou parcial do contido sen a expresa autorización do propietario. |
||||||||||||||