Galicia Hoxe
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
 
Google
Portada  |   Portada en PDF  |   Hemeroteca  |   RSS  RSS Martes 09.02.2010  |  Actualizado 16.13
Maré 
atrás Añadir a Yahoo la noticia Unha comuna feita de versos
Añadir a Del.icio.us la noticia Unha comuna feita de versos
Añadir a Menéame la noticia Unha comuna feita de versos
Chuza esta noticia imprimir recomendar Aumentar texto Reducir texto

No "blog" Ovnis e isoglosas ·· arañeira

Unha comuna feita de versos

O poeta galego Igor Lugrís lanza na rede un "cadáver exquisito" do que 75 persoas crearon 60 poemas

V. OLIVEIRA . SANTIAGO

O poeta galego Igor Lugrís impulsa un interesante proxecto na rede
O poeta galego Igor Lugrís impulsa un interesante proxecto na rede
A arañeira está chea de "cadáveres" poéticos. A idea do cadáver exquisito -un texto con vontade literaria, escrito por diferentes persoas, que van achegando novas partes para ese escrito- tomou forma na rede da man do escritor galego Igor Lugrís. A partir do verso Há umha certa luz incomprensível na distáncia, que o poeta -nado en Melide e residente no Bierzo- lanzou a través da arañeira a finais de febreiro deste ano, xa recibiu até 60 "cadáveres" nos que participaron máis de 75 persoas e que xa se poden consultar no seu blog Ovnis e isoglosas.

É por iso que este sábado, 31 de marzo, se vai facer un recital e unha exposición cos poemas na Galería de Arte Dosmilvacas de Ponferrada nos que participarán os escritores que contribuíron algún verso aos textos así como o cantautor Xosé Constenla que musicou algúns destes "cadáveres exquisitos".

O único requisito que puxo Lugrís para participar na proposta é que os versos estivesen escritos en galego-portugués. O resto queda á liberdade dos creadores: non hai nin tempo límite nin extensión máxima para elaborar un plural cadáver con múltiples pais e nais -non necesariamente poetas- pero si unidos pola arañeira nun xogo de azar poético. "A idea nace dunha reflexión que levo facendo hai tempo sobre a autoría, o pagamento dun canon e os dereitos de autor. Eu mesmo creei varios poemas nos que utilizo versos doutros poetas: de aí a idea do cadáver exquisito: crear un poema que non lle pertenza a ninguén, que non teña un autor definido e tamén para xogar porque a literatura ten moito de xogo e hai que darlle algo de alegría", explica Lugrís, un dos membros fundadores do consello editorial da importante colección de poesía Letras de Cal.

"Estou a favor dos dereitos do autor -aclara o autor- pero creo que non son só económicos: os dereitos deberían ser para que se respecte ou se promocione unha obra pero o único que se ve na mesa de debate son os dereitos económicos. O pagamento dun canon por empréstito nas bibliotecas vai acabar con xéneros minoritarios ou con linguas minorizadas. Realmente, a literatura é un cadáver esquisito porque é universal, así dise que os gregos xa o escribiron todo", engade.

 

De Elvira Riveiro ou Daniel Salgado a Sechu Sende

Polo de agora, Lugrís recibiu no seu correo 60 "cadáveres" aínda que recoñece que pode haber máis nun futuro non moi distante. "Parte do xogo é iso", sinala. O entusiasmo co que se acolleu o proxecto é facilmente recoñecible pola cantidade de xente que xa participou, entre a que se atopan escritores e poetas coñecidos como Elvira Riveiro, Celso Álvarez Cáccamo, Alberte Momán, Xavier Queipo, María do Cebreiro, Baldo Ramos, Emma Pedreira, Antía Otero, Daniel Salgado, Alberto Lema ou Sechu Sende.

A boa acollida que tivo a iniciativa na rede demostra, ao ver de Igor Lugrís, que "hai moita xente escribindo que non pode acceder ás grandes editoriais e hai que explorar novas vías para promocionar esa xente e dala a coñecer, por exemplo, a través de internet", apunta. "Em Nicarágua todo o mundo é poeta até que se demostrar o contrário", sinala Igor Lugrís en referencia á Revolución Sandinista. "Quero animar a xente a que siga participando porque o cadáver segue vivo", conclúe o escritor.

Un ‘cadáver exquisito’
No ‘blog’ Ovnis e isoglosas

 

Há umha certa luz incompreensível na distáncia,

unha palabra afogada un sinal ou desexo

que chama por nós en peiraos neboentos

coa voz desacougante e cálida das lumias

Se a liberdade aniña na flor de refugallo

press m and move the mouse

 

Igor Lugrís Gaspar Domínguez

Eduardo Estévez Elvira Riveiro

Mario Regueira Oriana Méndez

 

PARA O FUTURO

Unha hipotética edición en papel

A proposta de Igor Lugrís na rede non ten límite de tempo. "Sempre que haxa cando menos unha persoa que participe, que achegue un novo verso ao cadáver que lle chegue polos correos, o proxecto segue vivo", sinala nas "normas" para participar. O poeta ten previsto facer unha edición en papel.

comentarios

Escribe tu comentario

Alias

Clave

Para escribir tus comentarios en las noticias, necesitas ser usuario registrado. Si no lo eres regístrate ahora

Título

Comentario

www.elcorregallego.es no se hace responsable de las opiniones de los lectores
y eliminará los comentarios considerados ofensivos o que vulneren la legalidad.

 
atrás Añadir a Yahoo la noticia Unha comuna feita de versos
Añadir a Del.icio.us la noticia Unha comuna feita de versos
Añadir a Menéame la noticia Unha comuna feita de versos
Chuza esta noticia imprimir recomendar Aumentar texto Reducir texto
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade