Galicia Hoxe
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
 
Google
Portada  |   Portada en PDF  |   Hemeroteca  |   RSS  RSS Martes 09.02.2010  |  Actualizado 13.08
Maré 
atrás Añadir a Yahoo la noticia Feijóo e o Consello Consultivo usan o galego para crispar
Añadir a Del.icio.us la noticia Feijóo e o Consello Consultivo usan o galego para crispar
Añadir a Menéame la noticia Feijóo e o Consello Consultivo usan o galego para crispar
Chuza esta noticia imprimir recomendar Aumentar texto Reducir texto

crispación

Feijóo e o Consello Consultivo usan o galego para crispar

A Mesa acusa os populares galegos de traizoar os seus votantes por seguiren unicamente as directrices marcadas dende Madrid

MARÉ . SANTIAGO

O presidente da Mesa pola Normalización Lingüística (MPL), Carlos Callón, acusou os dirixentes do Partido Popular de non manter unha proposta clara en canto á cuestión lingüística. Deste xeito valoraba Carlos Callón a actitude remisa dos populares con respecto ao novo Decreto que regula e promociona o uso do galego no ensino.

O presidente da MNL criticou a postura do PPdeG afirmando que "o PP traizoa os seus votantes por unha telefonada de Madrid". Con esta traizón, os populares "mostran unha actitude de querer ser os enterradores do galego", feito que non lle reportará vantaxes electorais. Neste senso, Carlos Callón dixo non comprender como os populares galegos se mostran contrarios a unha cuestión que, non obstante, "o mesmo partido promove noutros lugares", como é o caso das Illas Baleares.

Callón quixo lembrar que o Decreto, aprobado o 28 de xuño polo Parlamento, "foi acordado polas tres principais forzas políticas da nosa Comunidade".

A Mesa entende que "o Decreto non vai contra nada nin contra ninguén e, moito menos, contra o castelán", polo que considerou un disparate pensar en que o novo Decreto deixe o castelán nunha situación de risco. Carlos Callón recoñeceu que en Galicia hai un problema: "un 20% dos rapaces, segundo datos do Instituto Nacional de Estatística, saen do sistema educativo sen as destrezas comunicativas mínimas en galego. Por este motivo, afirmou Callón, "é necesaria unha discriminación positiva" que garanta a adquisición das competencias básicas no uso do galego. Ese obxectivo primordial de garantir as destrezas mínimas dunha lingua fai que en moitos lugares sexa necesario algo máis que cumprir as esixencias mínimas do 50% no ensino.

Como conclusión, o portavoz da asociación resaltou que o positivo é un ensino que garanta a convivencia das dúas linguas e que non cree guetos. Tamén se referiu ao litixio que mantén esta entidade co Concello da Coruña con respecto á aplicación do Plan Xeral de Normalización Lingüística. Callón mostrouse confiado en que o diálogo faga superar este conflito e que o galego sexa a lingua normal da administración, e da cidade, xa que "se produciu un punto de inflexión no cumprimento da lexislación lingüística"..

As críticas da MPL non foron as únicas que recibiu o Partido Popular ante a súa oposición ao Decreto que regula o uso do galego no ensino. O vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana, tamén cualificou onte a postura dos populares como un "ataque á identidade de Galicia" e un "intento de dividir a xente". Quintana quixo lembrar tamén que o PPdeG respaldara o Decreto hai só dous meses polo que cualificou o partido como "unha forza política da que non se pode fiar porque se condradí e vólvese atrás nos seus compromisos".

O líder do BNG afirmou que as contradicións do PP de Galicia débense a que "é unha forza política disposta a seguir cegamente as directrices que lle chegan dende Madrid". Quintana engadiu que o PP prentende levar a cabo "unha política lingüística pensada para outros territorios" e "inventar un problema lingüístico" inexistente, xa que o 90% da poboación entende o galego e un 75% pode falalo.

PP: "O CCG debe refuxiarse nos medios de comunicación"

Tamén volveu arremeter onte o PPdeG contra o decreto, desta volta a través do seu secretario xeral, Alfonso Rueda, que acusou a Xunta de atacar o Consello Consultivo de Galicia e verse obrigado este a "defenderse" nos medios de comunicación. A xuízo de Rueda, o xefe do Goberno galego "non di a verdade" porque na publicación do texto no Diario Oficial de Galicia (DOG) escríbese "textualmente" a fórmula "oído o Consello Consultivo", en lugar da expresión "de acordo" que aparece noutras ocasións, segundo o PP.

A CLAVE

Educación non vai valorar o CCG

A conselleira de Educación, Laura Sácnhez Piñón, non entrou a valorar as manifestacións vertidas nun periódico coruñés polo Consello Consultivo, onde a acusaban de ser unha manipuladora.

comentarios

Escribe tu comentario

Alias

Clave

Para escribir tus comentarios en las noticias, necesitas ser usuario registrado. Si no lo eres regístrate ahora

Título

Comentario

www.elcorregallego.es no se hace responsable de las opiniones de los lectores
y eliminará los comentarios considerados ofensivos o que vulneren la legalidad.

 
atrás Añadir a Yahoo la noticia Feijóo e o Consello Consultivo usan o galego para crispar
Añadir a Del.icio.us la noticia Feijóo e o Consello Consultivo usan o galego para crispar
Añadir a Menéame la noticia Feijóo e o Consello Consultivo usan o galego para crispar
Chuza esta noticia imprimir recomendar Aumentar texto Reducir texto
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade