| ||||||||||||||
Porén, a poeta compostelá, colaboradora deste xornal, contradí a postura dos Aduaneiros que se cuestionan na súa web "até que punto ten sentido continuar a facer humor gráfico neste país". A escritora explica que o seu enfado se debe á "publicación dalgúns comentarios zafios, soeces e gratuítos con insultos e inxurias, que acompañaban a caricatura durante os sete meses que estivo colgada na web". Logo de agardar ese tempo para ver se os Aduaneiros "retiraban eses insultos", a poeta dirixiuse ao seu avogado, Pablo Carvajal de la Torre, para que enviara un correo electrónico ó portal no que se lles "convidaba de maneira amistosa -di a escritora-a retirar eses comentarios gratuítos". A autora asegura que "estaría disposta a que se deixara no portal a caricatura e o resto dos comentarios pero non os insultos". A réplica do portal aduaneirossemfronteiras.org non se fixo agardar e foi, ao ver da escritora, un "ataque furibundo: decidían pechar", algo que, en opinión de Yolanda Castaño, "xa o tiñan pensado facer antes e aproveitaron esta coxuntura para facerme responsable e culparme do seu peche total, erixíndose en mártires".
A autora nega que os ameazara cunha "demanda xudicial"
Porén, un dos fundadores de Aduaneiros, Pánchez, amosa a súa sorpresa pola reacción da poeta ante a caricatura que apareceu no portal despois de que fora nomeada en marzo deste ano directora da nova Galería Sargadelos na Coruña. "Hai dúas semanas chegoume un e-mail ao meu correo persoal do avogado de Yolanda Castaño pedíndome que sacara os comentarios sobre ela que había na web", explica. Nun principio, reaccionou con incredulidade e tentou enterarse "se iso era certo ou era unha coña". Púxose daquela en contacto coa súa avogada que lle confirmou a validez do correo electrónico. "Cando comprobo que era certo, preocúpome porque alguén perdeu o norte", afirma Pánchez que considera que "non houbo vontade de arranxar as cousas", xa que a poeta non se puxo en contacto con el directamente, senón a través dun representante. O debuxante, coautor da caricatura, asegura que tivo unha "tentativa de reconciliación" coa escritora, pero que a postura de Yolanda Castaño era "ou todo ou nada, nun ton que non entendo", sinala. "Nunca tivemos que censurar os comentarios da web, pero podemos entender a súa sutil sensibilidade", afirma, aínda que "non vemos o por que de quitar a gráfica". Pánchez explica que o seu labor como humorista gráfico tamén se ve sometido moitas veces a "comentarios insultantes" que soporta como parte dun traballo que realiza de xeito gratuíto. "Non ten sentido tentar facer humor nun contexto malhumorado. Catro anos de traballo para atoparte cunha tía que vai de creativa e de estar na elite da cultura galega...". Consciente de que na rede algúns cualifican o peche de Aduaneiros sem Fronteiras de "medida vitimista", Pánchez explica que a decisión de clausurar a web o deixa "aliviado" para evitar a polémica de máis comentarios inxuriosos sobre a poeta. Porén, non confirma se o peche será defintivo. No portal limítase a indicar que seguirán así "en canto o noso lexítimo dereito á liberdade de expresión non se vexa a salvo de coaccións xudiciarias fóra de lugar". A CARICATURA DA POLÉMICAUnha boneca muda a vestimenta, trasfondo da "traizón" a Díaz Pardo A caricatura da polémica era unha animación cunha imaxe de Yolanda Castaño vestida cunha túnica romana manchada co sangue dun coitelo que empuñaba. O xogo, denominado "Tu Quoque Iolanda", consistía en que se lle podía mudar a vestimenta como se fose unha boneca. Tratábase dunha crítica, só lexible para os que coñeceran a traxectoria da poeta, por aceptar a dirección de Sargadelos na Coruña, algo que se viu como unha traizón a Isaac Díaz Pardo despois de apoialo nun comunicado colectivo. comentariosEscribe tu comentariowww.elcorregallego.es no se hace responsable de las opiniones de los lectores |
||||||||||||||
|
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade © 2010 www.galicia-hoxe.com
Tódolos dereitos reservados. Prohibida a reproducción total ou parcial do contido sen a expresa autorización do propietario. |
||||||||||||||