Galicia Hoxe
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
 
Google
Portada  |   Portada en PDF  |   Hemeroteca  |   RSS  RSS Martes 09.02.2010  |  Actualizado 13.08
Maré 
atrás Añadir a Yahoo la noticia Desvelados os nomes dos gañadores dos Premios da Edición 
Añadir a Del.icio.us la noticia Desvelados os nomes dos gañadores dos Premios da Edición 
Añadir a Menéame la noticia Desvelados os nomes dos gañadores dos Premios da Edición 
Chuza esta noticia imprimir recomendar Aumentar texto Reducir texto

Novos referentes para a escrita

Desvelados os nomes dos gañadores dos Premios da Edición

Os editores elixen a Anxos Sumai como a escritora do ano na súa Noite da Edición de Galicia

MARÉ . SANTIAGO

Anxos Sumai, autora de ‘Así nacen as baleas’
Anxos Sumai, autora de ‘Así nacen as baleas’
Anxos Sumai foi proclamada onte a escritora do ano pola Asociación Galega de Editores, que lle concedeu o Premio Álvarez Blázquez, un dos sete galardóns que entregou onte na coruña na súa III Noite da Edición de Galicia. A gala celebrouse no Acuario Finisterrae da Coruña coa asistencia dun centenar de persoas do gremio de editores en galego e representantes doutros sectores profesionais do mundo do libro. Tamén asistiron as conselleiras de Cultura e Educación, Ánxela Bugallo e Laura Sánchez Piñón, respcetcivamente, e o presidente da Deputación da Coruña, Salvador Fernández Moreda.

Anxos Sumai, que acaba de recibir o Premio Repsol pola súa primeira novela, Así nacen as baleas (Galaxia), impúxose no apartado de "escritor do ano" a Pepe Carreiro, Suso de Toro e Agustín Fernández Paz, este último galardoado co Premio Xosé Neira Vilas do libro infantil, no que tamén era candidato, pola súa obra O único que queda é o amor.

O libro do ano, segundo os editores, é Made in Galiza, de Sechu Sende, un conxunto de relatos publicado por Galaxia que recibiu o Premio Ánxel Fole. Made in Galicia , unha das obras mellor recibidas pola crítica e os lectores nesta temporada, enfrontábase a De provincia a nación de Xusto Beramendi e ¿Para que serve a historia de Galicia?, de José Carlos Bermejo.

Polo que respecta ás traducións, neste apartado que leva o nome de Luís Tobío o gañador foi Xavier Senín polo seu traballo en A odisea, publicada por Editorial Rodeira. O mellor ilustrado foi a Guía de mamíferos de Galicia, realizado por Carlos Silvar e editado por Baía Edicións.

O abano de galardóns pechouse co Premio Fernández del Riego á colaboración no labor editorial e o premio á edición histórica.

No primeiro dos apartados, o gañador foi o Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra, mentres que no segundo, a Asociación de Editores recoñeceu o xornal La Voz de Galicia, no seu 125 aniversario, a Alvarellos Editora, cando cumpre xa trinta anos de traxectoria, e mais a A Nosa terra no centenario da súa creación no ano 1907.

comentarios

Escribe tu comentario

Alias

Clave

Para escribir tus comentarios en las noticias, necesitas ser usuario registrado. Si no lo eres regístrate ahora

Título

Comentario

www.elcorregallego.es no se hace responsable de las opiniones de los lectores
y eliminará los comentarios considerados ofensivos o que vulneren la legalidad.

 
atrás Añadir a Yahoo la noticia Desvelados os nomes dos gañadores dos Premios da Edición 
Añadir a Del.icio.us la noticia Desvelados os nomes dos gañadores dos Premios da Edición 
Añadir a Menéame la noticia Desvelados os nomes dos gañadores dos Premios da Edición 
Chuza esta noticia imprimir recomendar Aumentar texto Reducir texto
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade